Preferente: O XSC achégase ao Dumbría
Positiva a 9ª xornada da Preferente - Senra Sport sobre todo para o XSC. O cadro xalleiro rompe unha xeira de 4 partidos sen gañan e suman 12 puntos, só un menos que o cadro dumbriés, que non pasaba do empate na casa ante unha correosa Sarriana.
Atl. Arteixo - Xallas StComba (0-1)
- XSC: Julián, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Aarón, Jota, Marcos, Doro, Kevin, Jesús e Choco (César, min.80).
- Gol: 0-1, min.19: Doro tras un roubo de Kevin.
A segunda parte, o cadro xalleiro recuou e renunciou á posesión, pero non ás chegadas á contra, que foron moi claras. Como a de Jesús, que tirou o balón ao pau despois dunha gran xogada individual. Ou a de Kevin, que remataba alto na área pequena unha pase de Jesús. Ou a de Choco, que controlaba dentro da área e remataba alto, e outra que remataba no segundo pau respondendo o porteiro local cun paradón.
O Arteixo tamén tivo a súa para empatar, nun centro raso por banda na que Julián fai un paradon tralo remate do dianteiro, nunha xogada que puido costar dous puntos despois dun partido moi completo.
Dumbría - Sarriana (2-2)
- DUMBRÍA: David, David Carreira (Pablo Conde, min.46), Brian, Kevin, Iago, Aarón, Kevin, Jesús (Javi, min.46), Rivi (Cote, min.60), Adrián Nieto (Alex Siaba, min.46), Diego Cespón e Darío.
- Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.40; 1-2, min.67: Diego Cespón; 2-2, min.71: Aarón.
Partido tolo, que puido levar calquera, que empezaba cun bo Dumbría que se vía sorprendido pola efectividade visitante. I é que na primeira chegada da Sarriana, gol ao canto, e na segunda, gol de novo.
Seguía dominando o Dumbría, pero o cadro lucense sacaba rápidas e perigosas contras. Xa co 0-2, Jesús e Adrián Nieto puideron recurtar antes do descanso, no que Canosa realizou 3 cambios, dando entrada, entre outros, a Alex Siaba, que debutaba co primeiro equipo.
Na segunda metade, asumiu riscos o cadro local e chegaron os goles. Antes Darío á media volta e Kevin de cabeza avisaban, pero en 5 minutos do ecuador do seguno tempo, Diego Cespón e Aarón conseguían igualar o choque, e houbo varias chegadas para facer o gol da vitoria. Os visitantes tamén puideron marcar nunha contra o 2-3 pero o partido rematou en táboas.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- O Dolce&Café e o Explotacións Porcinas Porto do Souto, primeiros líderes da Liga Futsal Carballo.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Vídeo de ElNoticierodeArteixo.