Previa dunha nova fin de semana de verdadeiro Fútbol da Costa


E nova fin de semana futboleira na Costa, con moita tensión, partidos clave, e unha cita especialmente emotiva, como é Presentación do Libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”, un proxecto espectacular de Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, que demostran que somos “moito máis ca unha liga de fútbol modesto”.
Unha xornada que vén marcada polas duras sancións do comité ao Camariñas xuvenil trala trifulca da semana pasada, cousas que non se deben ver nun campo de fútbol.
Así que nós imos ao noso, ao fútbol, ao deportivo, e comezamos a previa pola Preferente - Senra Sport, cos nosos equipos asentados de cara á recta final tralo derbi da semana pasada no que gañou o máis necesitado. Era o XSC que vencía quedando agora con 41 puntos e con posibilidade de ascender posicións se vence ao Chantada o sábado, equipo que suma só un punto máis que os verde-laranxas. Pola súa parte, o Dumbría quere manter a 7ª e recibirá o domingo no Conco a un equipo en apuros como é O Val, en plena loita por evitar o descenso.
Co descenso á vista
Cando quedan 3 xornadas para o remate da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, todos miramos á Esteirana, cun pé na 2ª. Esta semana temos doble derbi, o dos esteiráns en Malpica, pero parece que nin os 9 puntos que quedan en xogo van ser suficientes para acadar a permanencia. En Baio, o cadro de Felix, aínda con posibilidade de pelexar pola praza de Promoción, recibe a un Soneira cos deberes feitos, pero que quere manterse no algo do grupo de 3 formado por soneiráns, malpicáns e cormeláns, os 3 con 41 puntos. O Corme recibe ao Cordeiro e o Sofán, que xa pensa na Copa, visita ao necesitado Sigüeiro.
De infarto por arriba e por abaixo na Liga da Costa
E temos nova xornada de infarto na 2ª Autonómica - ES Bazarra, por arriba e por abaixo. Non poden fallar nin Zas, nin Outes nin San Lorenzo, en plena pelexa polo título. O líder visita a un veciño perigoso, o Baíñas, que sempre dá un plus ante o cadro zaense. O Outes, a 1 punto, recibe a un Cabana que aínda non fixo os deberes e que de feito está en plena loita por evitar o descenso. O que, a priori, máis sinxelo o ten, é o San Lorenzo, que recibe o sábado ao pechacancelas.
Por abaixo, o Cabana ten 3 puntos máis que Montelouro e 4 que o Seaia, pero terá difícil sumar no Conchido. Os 3 equipos, e ollo co Porteño que xoga en Ara Solis con só un punto máis que os cabaneses, pelexan por evitar dúas prazas, a que acompaña ao Camelle a de arrastre que provocará, probablemente, a Esteirana. O cadro loureán visita a un Mazaricos sen nada en xogo, mebtres o Seaia visita a un Volantes que tamén está na zona morna.
O ascenso, a tiro
Recibe o domingo o Cerqueda ao Corcubión, coa posibilidade de certificar o xa cantado ascenso directo á Liga da Costa. Cando quedan 5 xornadas para o remate da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o cadro cerquedán vai un paso por diante, polo que as loitas quedan no segundo grupo. Ameixenda e Coristanco pelexan polo ascenso directo. Os ceenses teñen 3 puntos máis e reciben ao Laxe, sen nada en xogo, mentres que os de Coristanco visitan a un Lira en plena pelexa pola Promoción. Aí teñen tamén un duelo clave o Nantón e o Muxía.
As Copas base, nas semis
E despois do lío camariñán, teremos unhas fermosas semifinais das Copa da Costa de base, que sabedes temos actualizadas segundo rematan os partidos en www.copadacosta.com. En Xuvenís, dous partidazos. Por un lado, a sorpresa da Copa, o Corcubión, recibe á Esteirana, que fixo unha gran segunda metade da temporada e demostra o potencial dos que o ano pasado arrasaron en cadetes. No outro lado, o que podería ser a final, o XSC recibe ao Dumbría, dous colosos, co cadro dumbriés, iso si, como gran favorito despois dunha temporada con apenas un só lunar.
En Cadetes, o actual campión ligueiro, o Corme, recibe ao Fisterra, outro dos fortes da categoría, mentres polo outro lado Ponteceso e Cee loitarán por levar un bo resultado de cara a volta.
E xa nos Infantís, toca partidazo en Ara Solis, entre o Fisterra e o actual campión de Liga, o XSC. Outes e Coristanco terán unha eliminatoria moi igualada.
Atención ao F8
Xa teñen a cabeza na II Copa da Costa F8 que se celebrará no Conchido, pero as Ligas seguen en marcha. Xa cos Benxamíns Sur finiquitados co título na man do Fisterra a tres xornadas para final, e coas Ligas Norte aínda no seu ecuador, a atención céntrase nos Alevín Costa Sur. Quedan 3 xornadas para o remate e Cee A e Outes están con só 2 puntos de diferencia para os ceenses, que visitan aos Miúdos B, equipo que leva só 4 puntos no campionato, polo que parece que sumará outros 3 puntos, obrigando ao Outes a non fallar ante a Esteirana A, 3º da táboa e que serán un rival máis que difícil.
Última xornada nos Veteranos
Rematan as Ligas de Veteranos, e con todo en xogo na 1ª División. O Coristanco non facía os deberes a semana pasada e queda coa necesidade de sumar alomenos un punto no choque co Hosgran un dos de arriba. O empate lle vale para cantar o alirón, por segundo ano, aos verdes, por moito que o San Román, que está a 2 puntos pero co golaverage individual en contra, venza ao Bértoa.
Por abaixo tamén hai cousas en xogo. Co Castriz descendido, Cabana e Xuv. Bergantiños afrontan unha xornada de infarto. Os cabaneses teñen un punto máis e visitan ao propio Castriz, mentres que o Xuv. está obrigado a gañar ao Dumbría.
Os seus postos serán ocupados por Erbecedo e Agualada, xa ascendidos, pero co título da 2ª División en xogo. O Erbecedo ten un punto máis e recibe ao Corcoesto, ollo 4º, mentres o Agualada recibe ao Cerqueda, 7º.
Preferente - Senra Sport, xornada 34
Chantada | 25/04 - 18:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 26/04 - 17:30 | O Val |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 32
Baio | 26/04 - 17:00 | Soneira |
Corme | 26/04 - 17:00 | Cordeiro |
Malpica | 26/04 - 17:00 | Esteirana |
Sigüeiro | 26/04 - 18:00 | Sofán |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 32
San Lorenzo | 25/04 - 18:00 | Camelle |
Fisterra | 25/04 - 18:00 | Porteño |
Volantes | 26/04 - 17:00 | Seaia |
Outes | 26/04 - 17:00 | Cabana |
Ponteceso | 26/04 - 17:00 | Cee |
Mazaricos | 26/04 - 17:00 | Montelouro |
Carnota | 26/04 - 17:00 | Buño |
Baíñas | 26/04 - 18:00 | Zas |
Camariñas | 26/04 - 18:00 | Castriz |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 32
Cerqueda | 26/04 - 15:30 | Corcubión |
Lira | 26/04 - 20:00 | Coristanco |
Nantón | 26/04 - 17:00 | Muxía |
Ameixenda | 25/04 - 18:30 | Laxe |
- Descansa Castrelo.
Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semis

Copa da Costa Cadete, Ida das Semis

Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 9
Dumbría | 25/04 - 11:30 | Santiago |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 8
Corme | 24/04 - 19:30 | Baio |
Cabana | 25/04 - 10:00 | Muxía |
Zas | 25/04 - 18:00 | Vimianzo |
- Descansa Coristanco.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 24
Lira | 24/04 - 19:00 | Dumbría B |
As Baleas | 24/04 - 19:30 | Fisterra |
Esteirana B | 25/04 - 10:00 | Dumbría |
Esteirana A | 25/04 - 12:00 | Outes A |
Os Miúdos A | 25/04 - 13:00 | Cee B |
Os Miúdos B | 25/04 - 13:00 | Cee A |
Sofán | 26/04 - 11:00 | XSC A |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 24
XSC B | 23/04 - 19:00 | Dumbría |
As Baleas | 24/04 - 18:30 | Fisterra |
Os Miúdos A | 25/04 - 12:00 | Cee B |
Os Miúdos B | 25/04 - 12:00 | Cee |
Esteirana | 25/04 - 13:00 | Outes |
Sofán | 26/04 - 10:00 | XSC A |
F8 Prebenxamín Costa, xornada 8
Outes | 25/04 - 11:00 | Lira |
Esteirana | 25/04 - 11:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 25/04 - 11:15 | Baio |
Cee | 26/04 - 11:30 | Fisterra |
Corcubión | 26/04 - 17:00 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 30
Soneira | 26/04 - 11:00 | At. Milagrosa |
Ponteceso | 26/04 - 11:00 | Laxe |
Xv. Bergantiños | 26/04 - 11:00 | Dumbría |
Coristanco | 26/04 - 11:00 | Hosgran |
Castriz | 26/04 - 11:00 | Cabana |
Bértoa | 26/04 - 11:00 | San Román |
Zas | 26/04 - 11:00 | Baio |
- Descansa o San Lorenzo.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 30
Leiloio | 26/04 - 11:00 | Malpica |
Porteño | 26/04 - 11:00 | Poniente |
Agualada | 26/04 - 11:00 | Cerqueda |
Buño | 26/04 - 11:00 | Sofán |
San Isidro-Razo | 26/04 - 11:00 | Camariñas |
Erbecedo | 26/04 - 11:00 | Corcoesto |
Vimianzo | 26/04 - 11:00 | Dep. Carballo |
- Descansa Nantón.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Do que non pode pasar nun campo do Fútbol da Costa.
- Ligas Galegas: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- 2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).