Nova xornada do Fútbol da Costa esta a cabalo entre xaneiro e decembro. O temporal afectou bastante e se a chuvia foi protagonista durante a tarde sabatina, o vento fixo o seu durante o domingo.
Pero aínda así xogáronse máis de 70 partidos, e xa comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos volveron, unha semana máis, a intercambiar posicións. Desta volta tocou vitoria xalleira e derrota dumbriesa, e xa varias xornadas nas que non podemos cantar doble alegría. O Dumbría caía pola mañá en Arteixo despois de poder ter sentenciado na primeira metade. Mentres, o XSC vencía en O Val, ante un dos de abaixo, e se coloca con 31 puntos, a 5 da Promoción, que precisamente ocupa o Arteixo. O Dumbría queda con 29.
Primeiros 2 puntos que se deixa o líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra no Carral. O Sofán non pasaba do empate ante o Cordeiro, pero aínda así aumenta a vantaxe sobre un Villestro que era arrollado por un gran Malpica. Por detrás o Baio non podía co Bertamiráns B, un dos matacosteiros, queda a 9 do liderato. A 12 están Malpica e Soneira, trala vitoria dos vimianceses en Esteiro, ante un cadro blaugrana no que xa saltan todas as alarmas, pois está a 11 da salvacións. Alarmas tamén saltan en Corme, e iso que o xogo está sendo fantástico, pero fallan os resultados. Os de Lentejo non conseguían gañar no Cairo ao Silleda, o penúltimo, e ven como o Amio vencía en Agolada e os supera, deixando a marea azul en postos de descenso.
Intensa a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, na que o líder non conseguía gañar no Pinguel ante un Ponteceso que colleu a boa marcha (3 vitorias seguidas) e a ver quen o para. O partido da xornada xogábase no Cunchido, nun fantástico choque que puido caer dos dous lados e quedou en táboas, deixando ao Outes a 3 do liderato e ao Volantes, na 5ª praza a 8. Non fallaron por detrás Zas e Castriz, que manteñen as súas aspiracións intactas, a 4 e 5 puntos do San Lorenzo, respectivamente.
Na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Ameixenda non fallaba ante o Castrelo, e co descanso do Ameixenda, aumenta a renda a 4 puntos, cos mesmos partidos xogados. A 6, pero cun partido máis, queda o Corcubión, que tampouco fallaba ante un Lira en mala xeira de resultados. Demais, o Muxía vencía a todo un Coristanco con rotundidade, e se coloca a só 2 puntos do Lira, que marca a Promoción, e do Nantón, non pasou do empate ante un novo Laxe dende a chegada de Rochi.
Os Xuvenís ferven
Interesantísima ponse a cousa na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría parece que non vai ceder e vencía aos Miúdos, o único que chegaba con dúas vitorias en dous partidos, con bastante solvencia. Aínda así, o cadro muradán mantén o segundo posto, pois o Camariñas caía, na sorpresa a xornada, no derbi co Porteno, un Porteño que recibira 12 goles nos dous primeiros partidos. Queda o Camariñas con 4 puntos, os mesmos dun Cabana que gañou ao XSC en Santa Comba, rematando case por completo cas aspiracións dos xalleiros, que aínda non estrearon o taboleiro dos puntos.
Menos tensa está a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, na que, repetimos, se clasifican aos Oitavos 10 equipos de 13 participantes. Esteirana e Coristanco quedan como únicos equipos que conseguiron as 3 vitorias, despois de superar a Ponteceso e Baio. Por detrás. con 6 puntos, métese o Muxía, tras vencer a un Malpica que sumaba 2 de 2; o Outes tras golear ao Corcubión; e o propio Malpica; polos 5 do Fisterra tralo seu empate ante o Zas, que sumaba o seu primeiro punto, igual que Cee e Castriz co seu empate no San Paio de Refoxos. Só queda o Baio sen sumar.
Nas Ligas Autonómicas, malísima xornada para os nosos. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría caía na casa ante todo un Pontevedra pero deixando a sensación que pode competir cara a cara ata co 3º mellor equipo de Galicia nestes momentos. Máis sufríu o XSC de Liga Galega Cadete, e o Dumbría da Liga Infantil, ao que lle queda un partido da primeira fase.
Xa nas competicións comarcais, Corme e Cabana continúan co seu duelo na 1ª Cadete, mentres que na 1ª Infantil, no partidazo da xornada das Ligas base, o XSC gañou ao Fisterra, quedandó así con 3 puntos de vantaxe no alto da táboa.Os Miúdos chega por detrás.
E nos peques, o Outes e o Cee seguen pelexando no alto da F8 Alevín Costa Sur, mentres que o Fisterra colócase líder en solitario da F8 Benxamín Costa Sur trala súa apurada vitoria ante o 3º, Os MIúdos A, e aproveitando o empate do Outes ante o XSC B.
O San Román manda agora nos Veteranos
Tocaba partidazo no cumio da 2ª División, boa xornada para o lider destacado, o Agualada, e iso que descansaba. I é que dos seus perseguidores, só o Erbecedo, o que parece con máis papeletas para acompañalo no ascenso, e o Corcoesto, vencían. Desínflanse os Porteño e San Isidro-Razo con dúas derrotas, longas, na casa.
Arteixo | 2-1 | Dumbría |
O Val | 2-3 | Xallas StComba |
Sofán | 1-1 | Cordeiro |
Malpica | 3-0 | Villestro |
Baio | 0-2 | Bertamiráns B |
Esteirana | 0-2 | Soneira |
Corme | 1-1 | Silleda |
Montelouro | 1-6 | Zas |
Camariñas | 1-0 | Porteño |
Mazaricos | 2-2 | Camelle |
Carnota | 1-0 | Seaia |
Buño | 4-1 | Cee |
Castriz | 2-0 | Cabana |
Ponteceso | 2-1 | San Lorenzo |
Baíñas | 4-1 | Fisterra |
Outes | 2-2 | Volantes |
Corcubión | 5-3 | Lira |
Laxe | 1-1 | Nantón |
Muxía | 3-0 | Coristanco |
Castrelo | 0-3 | Cerqueda |
Os Miudos | 0-3 | Dumbría |
Porteño | 2-0 | Camariñas |
Xallas StComba | 1-2 | Cabana |
Corcubión | 2-8 | Outes |
Fisterra | 3-3 | Zas |
Malpica | 2-3 | Muxía |
Esteirana | 3-1 | Ponteceso |
Coristanco | 4-2 | Baio |
Cee | 0-0 | Castriz |
Xallas de Santa Comba | 2-7 | Xuventude Oroso |
Corme | 10-0 | Sofán |
Muxía | 5-2 | As Baleas |
Cee | 4-1 | Coristanco |
Esteirana | 2-2 | Ponteceso |
Cabana | 4-2 | Os Miudos |
Baio | 4-3 | Outes |
Zas | 3-3 | Coristanco |
Xallas StComba | 2-1 | Fisterra |
Cee | 0-5 | Outes |
Vimianzo | 4-2 | Corme |
Sofán | 2-2 | Esteirana |
Os Miudos | 7-0 | Ponteceso |
XSC A | 2-3 | Cee A |
Esteirana A | 2-3 | Dumbría B |
As Baleas | 2-6 | Dumbría |
Esteirana B | 0-12 | Outes A |
Os Miúdos A | 1-6 | Fisterra |
Os Miúdos B | 4-4 | Cee B |
Sofán | 1-1 | Lira |
XSC B | 0-0 | Outes |
XSC A | 11-0 | Cee |
Os Miúdos A | 5-6 | Fisterra |
Os Miúdos B | 1-15 | Cee B |
As Baleas | 3-6 | Dumbría |
Sofán | 19-0 | Lira |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 19
Zas | 6-0 | Cabana |
San Román | 1-0 | Hosgran |
Baio | 1-1 | Dumbría |
Bértoa | 3-1 | Laxe |
Coristanco | 6-4 | At. Milagrosa |
Xv. Bergantiños | 0-1 | Soneira |
Ponteceso | 1-2 | San Lorenzo |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 19
Vimianzo | 2-0 | Camariñas |
Corcoesto | 6-0 | Sofán |
Dep. Carballo | 0-0 | Cerqueda |
Erbecedo | 8-1 | Poniente |
San Isidro-Razo | 1-4 | Malpica |
Buño | 1-1 | Nantón |
Porteño | 0-5 | Leiloio |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).