Veteranos: O CD Hosgran afianza o seu mandato


Xa andamos pola xornada 14 nas Ligas dos Veteranos da Costa e as pelexas seguen ben interesantes, tanto por arriba por abaixo.
1ª División, xornada 13

Comezamos o repaso pola 1ª, na que o Hosgran afianza o seu liderato, tras vencer ao Ponteceso e aproveitar o tropezo do Dumbría. Un Dumbría que caía ante o San Lorenzo quedando agora na 3ª praza a 6 dos cabaneses, recorden, formado por membros do Corcoesto que o ano pasado competía na 3ª Autonómica.
Colócase o Coristanco, un dos favoritos, na 2ª praza, a 4 do liderato. Os verdes non fallaron na súa visita ao San Román, outro dos históricos da zona alta. Por detrás chegan Zas, que non pasaba do empate ante o Bértoa, e o Soneira, que vencía en Laxe pero non está na súa mellor campaña, a pesar de contar cun dos xogadores máis desequilibrantes da categoría como é o pichichi Miguel Filgueiras.
Na zona baixa, parece que o Laxe ten todas as papeletas para perder a categoría, pois conta con só 2 puntos. Con el baixará outro equipo, que polo de pronto parece que pode ser o Xuventude de Bergantiños, que precisamente gañaba esta semana nas Redondas e suma 7 puntos, o Laxe, com 9 ou o Castriz, con 11 despois de vencer en Baio. Queda moito nesa loita.
En canto ao Trofeo Placasa aos Máximos goleadores, na 1ª temos os seguintes nomes:
TROFEO PLACASA MAXIMOS GOLEADORES PRIMERA DIVISION | Equipo | gol |
JOSE MIGUEL FIGUEI (8) | SONEIRA | 12 |
CESAR FERREIRO SOU (14) | ZAS | 11 |
ALEJANDRO BELLO CA (9) | CD.HOSGRAN | 11 |
ROBERTO QUEIJO TAS (10) | CD.HOSGRAN | 9 |
JOSE GARCIA CABEZA (25) | SAN ROMAN | 9 |
PABLO LOUREIRO (15) | BERTOA | 9 |
MARCOS RODRIGUEZ L (16) | SAN LORENZO | 8 |
JOSE MIGUEL SUAREZ (11) | DUMBRIA | 6 |
OSCAR SUAREZ SERRA (22) | SAN LORENZO | 6 |
VICTOR CIVES QUINT (15) | DUMBRIA | 6 |
JOSE ANTONIO REY B (11) | PONTECESO | 6 |
OSCAR LEIS FORMOSO (22) | DUMBRIA | 6 |
DIEGO MARITNEZ VAR (8) | JV.BERGANTIÑO | 6 |
FELIPE SOLIS CASTI (11) | ZAS | 6 |
2ª División, xornada 13
Na 2ª apenas se xogaron 3 partidos desta xornada, pois varios quedaron aprazados para o Nadal. Dos de arriba, só o Porteño xogaba e vencía en Sofán, e se achega ao líder, o Agualada, a 2 puntos, pero cun partido máis. San Isidro e Erbecedo seguen coas opcións intactas para pelexar polo ascenso.
Aínda hai un par de xornadas polo medio, pero estes partidos foron aprezados:
- Malpica – Nantón (28/12 – 11:00);
- Camariñas – Agualada (28/12 – 11:00);
- Vimianzo – Erbecedo (04/01 – 11:00).
TROFEO PLACASA MAXIMOS GOLEADORES SEGUNDA DIVISION | Equipo | gol |
TJOSE ANTONIO FACA (12) | AGUALADA | 16 |
PEDRO IVAN GUNDIN (10) | UD.SAN ISIDRO | 16 |
JESUS MANUEL RAMOS (12) | DP.CARBALLO | 13 |
JESUS JAVIER FACAL (8) | ERBECEDO | 11 |
JESUS IGNACIO VARE (9) | MALPICA | 11 |
PABLO MSRTINEZ (8) | PORTEÑO | 10 |
J MANUEL COUTO GAR (9) | UD.SAN ISIDRO | 9 |
LUIS ALBERTO RODRI (20) | PORTEÑO | 9 |
IVAN BALSEIRO CAAM (11) | LEILOIO | 8 |
ROBERTO SANCHEZ RI (19) | MALPICA | 8 |
RICARDO GONZALES V (7) | U.D.CERQUEDA | 8 |
VICTOR MANUEL GOME (11) | PORTEÑO | 7 |
DAVID TORRES FACAL (9) | AGUALADA | 7 |
ALAN LOPEZ FUENTES (3) | CAMARIÑAS S.D.V | 7 |
Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com
Novas dos Veteranos
- X.9: Apretando o alto da táboa.
- X.4: Veteranos: O Hosgran e o San Isidro-Razo mantéñense intratables.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- Ligas Galegas: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- Copa da Costa: Ameixenda e Camariñas superan a Previa.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non ten parada.
- 2ª Autonómica: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- 1ª Autonómica: Uns gañan e outros perden.
- Preferente: O XSC caza ao Dumbría.
- Resultados e análise desta xornada da ponte de decembro.
Novas relacionadas
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).