mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: O Dumbría cae 16 xornadas despois

11 do Dumbria en Praina
11 do Dumbría ante o Praíña
1ª FUTGAL: O Dumbría cae 16 xornadas despois

Un empate do Fisterra ante o poderoso lider Club do Mar, e unha vitoria do Castro en Agolada, foron os datos positivos dunha xornada regular para os equipos costeiros.

Porque o Dumbría perdeu unha ocasión de ouro para alcanzar ao líder no alto da táboa pero caía ante o Praíña despois de ter remontado un 2-0. Os de Pablo Conde levaban 16 xornadas sen perder pero se manteñen a 3 do Club do Mar.

Malos partidos ademais de Esteirana e Muxía, que así e todo non sofren na táboa, mentres que ao San Lorenzo volvéuselle escapar un punto nos últimos instantes, e xa son dúas semanas nas que o cadro de verdillo merece máis do leva.

Fisterra - Club do Mar (1-1)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Maikel Mouzo, Gabri, Rubén, Lobelos, Jano, Juan, Bruno e Isaac Fábregas. Tamén: Mario, Colombia, Guille, Piti, Romero, Ángel, e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.33: Óscar Regueira; 1-1, m.61: Isaac Fábregas.

Capis e colexiados do Fisterra e Club do Mar

Partidazo o vivido en Ara Solis, dos que gustan, dos que a xente de sempre recorda, do bonito que é ser do Fisterra. Non é fútbol de salón, pero é un fútbol de garra, de disputa, de emoción e de non dar nada por perdido en ningún momento. Chegaba un líder sólido, con gran calidade tanto no campo (na portería!) como no banco, pero se atopou cun partido cheo de balóns longos, interrupcións... un choque complicado para o cadro caionés. 

Chegaban os fisterráns, que pedían unha pena máxima por mans, e un par de xogadas que salvaba o meta Rama. Pero cando estaban ben os locais, non acababan a xogada e fan unha contra letal e Óscar Regueira fai un golazo de volea case que na primeira ocasións. Pero non se viñeron abaixo os de Diego Lobelos, con presión moi alta, forzándoos a facer erros, e xa avisaban cunha ocasión clara.

Comezaba a segunda igual, con boa presión, e nunha xogada de Gabi, que era o seu primeiro partido e titular, pon unha falta perfecta á cabeza de Isaac Fábregas que marca cruzado. Aí rompeuse o partido, cos dous equipos indo pola vitoria. Tivo unha internada de Bruno que centrou e Isaac remata pero o defensa saca sobre a liña. Tamén o Club do Mar tivo un remate pero o marcador non se movería. Aínda tivo Guille un chutazo cruzado para gañar o partido, se ben os últimos minutos tamén foron de empurre visitante. 

Para a semana, derbi en Esteiro.

Vea - Esteirana (4-2)

  • Esteirana: MJ, Damián, Antón, Code, Tobío, Godo, Pachi, Kevin, Oli, Elías e Adán. Tamén: Rober Pladur, Bieito e Xabi.
  • Goles: 1-0, m.14: Lucas; 2-0, m.16: Lucas; 3-0, m.27: Julián; 3-1, m.32: Elías; 4-1, m.69: Lucas; 4-1, m.42: Antón.

Empezou torcido Partido disputado pola mañá, algo ao que non está acostumado o cadro esteirán, que non se adaptou a un campo encharcado, á chuvia e aos retrasos. Ademais Iván González chegaba con moitas baixas, ás que se sumaban ao chegar Pablo Rama e Adrián. Aínda así comezaron ben, e mandando un córner ao pau. Pero na contra, gol en contra. Case que na seguinte xogada chega o segundo, doloroso para o cadro esteirán cando apenas ían 15 minutos.

Repúxose o cadro blaugrana, a pesar de recibir un terceiro (obra do coñecido Julián López), e antes do descanso Elías recurtaba distancias, e metían en apretos ao rival. Comezaba ben a segunda metade, pero sen acerto, chegaba o cuarto.

Nin aí deu o partido por perdido e Antón recurtaba a 10 do final, tendo aínda 3-4 boas ocasións para meterse de novo no partido, como unha ocasión cuádruple chea de rexeites dentro da área, ou unha de Elías só contra o porteiro. Pero vaia, que o choque empezou torcido e rematou torcido, pero o equipo non sofre na táboa, manténdose a 11 do descenso e con varios equipos polo medio.

Boimorto - Muxía (7-1)

  • Muxía: Adrián, Iago, Congui, Darío, Eloy Sambad, Carlos Cossta, Julián, Víctor Alcaina, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Xabi, Damián, Kevin, Alex Martínez, e Fabián.
  • Goles: 1-0, m.1: Iván Calvo; 2-0, m.17: Borja Casal; 3-0, m.27: Borja Casal; 3-1, m.30: Fran Moreira; 4-1, m.32: Borja Casal; 5-1, m.50: en propia; 6-1, m.73: Borja Casal; 7-1, m.81: Roi Fuentes.

En ningún momento estivo no partido o cadro muxián, que xa recibía o primeiro golpe aos 25 segundos. Non se adaptaron ás malas condicións do campo e ás numerosas baixas coas que chegaba o cadro de Pataca, que así e todo non pon excusas para unha derrota así, a peor da temporada, na xornada previa a recibir ao San Lorenzo.

Bastavales - San Lorenzo (1-0)

11 do San Lorenzo

  • San Lorenzo: Mario, Alberto Campos, Pablo Garrido, Hugo Pereiro, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Alex Taibo, Iago, Eloy Arantón. Tamén: Javi Souto, Ragusa, Pablo Rod., Hugo Canedo, Rodri, Rubén e Isma.
  • Gol: 1-0, m.87: Rubén Portos.

Partido moi disputado con xogo directo por ambos equipos provocado polas dimensións e polo mal estado do terreno de xogo. Costoulle o San Lorenzo entrar no partido pero co paso do tempo foi chegando e creando perigo, mesmo Iago estrelou un balón no longueiro.

Na segunda parte, Iván Rojo tiña que facer dous cambios por lesión, e o Bastavales foi creando máis perigo por banda, tendo varias ocasións, pero Mario, estivo moi ben para evitalas. Ata que no minuto 88 chega o gol local, un gol que fai moito dano os visitantes.

Agolada - Castriz (1-3)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Anxo, Samuel, Adrián García, Jose, Iván Pastoriza, Brais, Borja Gándara e Noli. Tamén: Rodo, Alberto Mata, Marcos Mouro, Gesto e Miller.
  • Goles: 0-1, m.14: Adrián García; 1-1, m.27: Cristian; 1-2, m.30: Adrián García de penalti; 1-3, m.84: Fabián a centro de Rodo.

Sacou tres valiosos puntos no sempre complicado campo do Hospitalillo. Comezaba o cadro local máis intensos, gañando as disputas, pero o cadro de Miguel Chouza comezaba a saír ben co balón, e avisaba cunha xogada de Noli e pronto co primeiro tanto de Adrián García. O equipo local amezaba por arriba, e nun centro lateral empataban á media hora. Pero na xogada seguinte, penalti sobre Pastoriza permitíalle facer o segundo a Adrián García.

A segunda seguía co Agolada apretando con balóns arriba ante un Castriz que aguantaba ben, e non sufría demasiado. Así e todo o partido estaba aberto ata que xa no último treito un centro de carrilero a carrilero, de Rudo a Fabián, sentenciaba o choque.

Praíña - Dumbría (2-3)

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Brais, Breixo, Baba, Toni, Alex Marcote, Juanjo, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Lucas Toba, Breixo Castro, Quique e Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0, m.11: Manuel Soto; 2-0, m.45: Manuel Soto; 2-1, m.67: Xabi Castro; 2-2, m.70: Baba; 3-2, m.87: Álvaro Márquez.

Caeu o cadro de Pablo Conde tras 16 xornadas sen facelo. O equipo tardou en entrar no partido, pois non se daba adaptado ao céspede do Juan Amado. Os locais dominaban a base de xogo directo e de intensidade, e conseguían ir ao descanso con 2-0 ante unha defensa dumbriesa que sufría moito.

Cambiaron as tornas na segunda, e o Dumbría empurraba e metía atrás aos locais, creando ocasións, e así lograba empatar con dous goles en menos de 5 minutos. Non recuou o cadro costeiro, que seguiu polo partido. Pediron aí un penalti sobre Diego Estévez, pero xa sobre o final, os locais marcaban o doloroso terceiro tanto nunha contra nunha xogada na que os dumbrieses pedían mans no control do dianteiro.

Máis info

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Comentarios