sábado. 15.02.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota

San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis González
1ª FUTGAL: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota

Disputouse onte a xornada 20 da 1ª FUTGAL (saben que a 19, adiada polo temporal, está formulada para o 17 de abril), con resultados diversos para os nosos, pero predominancia positiva.

Con todo, o derbi de Verdillo deixou un empate que lle sabe mellor aos fisterráns que aos carballeses, que viron como se lle escapaban no treito final 2 puntos que poderían ser fundamentais para engancharse á loita pola permanencia, hoxe a 9 puntos de distancia. O cadro fisterrán segue a súa impresionante marcha, na 5ª praza.

Unha máis atrás está o tamén espectacular Muxía, que soubo remontar o partido e colocarse con 29 puntos.

Vitoria tamén, importantísima, da Esteirana ante un Vizoño ao que alcanza na táboa, e ve xa a zona de descenso con certa marxe.

E o que segue ao seu é o Dumbría. Onte sufriu para superar a un rival directo na loita polo ascenso como é o Boimorto, que chegaba ao Conco a 6 puntos de distancia e marcha 4º a 9 tras un partido de tolos. Os dumbrieses seguen na 2ª praza, a só 2 puntos dun Club do Mar aínda invicto.

A derrota da semana foi para o Castriz, que non lle puido facer un favor ao cadro dumbriés e caeu ante o potente 3º clasificado.

Muxía - Bastavales (2-1)

  • Muxía: Adrián, Mateo, Congui, Roberto, Carlos Costa, Mauro, Víctor Alcaina, Julián, Iago Muíño, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Alex, Darío, Eloy Samabd, Kevin e Manu Martínez.
  • Goles: 0-1, m.22: Alex Fdez.; 1-1, m.34: Víctor Alcaina; 2-1, m.67: en propia.

Muxia-Bastavales

Partido lixeiramente condicionado polo vento en Arliña, no que os de Sergio Pataca non saían ben e permitían que o cadro rival crease varias ocasións, mesmo poñéndose por diante aproveitando unha perda na saída de balón. Pero o tanto serviu para espertar aos muxiáns, que comezaron a ter máis o balón, e chegar con profundidade á área rival. Conseguían empatar nunha xogada illada, cun bo tiro dende a frontal de Víctor Alcaina, o seu segundo do curso.

Na segunda o cadro local estivo moito mellor e nunha xogada ensaiada de saque de esquina conseguiron meterse por diante cun tanto en propia. A partir de aí o equipo soubo manexar os tempos do partido e non sufriu demasiado.

San Lorenzo - Fisterra (2-2)

11 do San Lorenzo en Verdillo ante o Fisterra

  • San Lorenzo: Mario, Alberto Campos, Pablo Garrido, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Iago, Alex Taibo, Riki Moya e Arantón. Tamén: Javi Souto, Raúl, Pablo Rod., Hugo Rey, Ragusa, Rubén e Isma.

11 do Fisterra en Verdillo-Foto-Luis Gonzalez

  • Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Piti, Maikel Mouzo, Rubén, Lobelos, Guille, Juan Trillo, Jano, Bruno. Tamén: Colombia, Isaac Fábregas, Gabi, Romero, Ángel e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.45: Rubén marca un golazo dende lonxe pola escuadra; 1-1, m.47: Arantón tras unha falta lateral; 2-1 m.55: Riki pola escuadra tras unha xogada por banda de Baldo; 2-2, m.75: Isaac Fábregas.
San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis Gonzalez 3
San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis Gonzalez

Duro derbi en Verdillo, nun céspede moi castigado tras estes temporais, que obrigou a xogar moi directo. Entrou mellor o San Lorenzo o partido, ante un Fisterra que esvaraba continuamente. Pero non eran quen de convertir as ocasións en gol os carballeses, con varias paradas de Joselu que permitían ao Fisterra manterse no partido.

Pouco a pouco íase estirando o equipo visitante, con chegadas de Guille, Isma e Bruno, e mesmo pedindo unha pena máxima sobre Lobelos. Así e todo, ao foi ao fío do descanso cando Rubén marca un golazo que pon por diante aos de Diego Lobelos.

Tras os pasos por vestuarios o equipo de Iván Rojo dáballe a volta o marcador con 2 goles moi rápidos de Arantón e Riki. Cos dous goles cambia o partido de novo, o SanLo métese un pouco atrás e o Fisterra comeza a apretar, sobre todo coa saída de Isaac, que aos 5 minutos de estar no campo xa demostra a súa picardía cun tanto aproveitando un rexeite. Nos últimos 15 minutos o partido volveuse tolos, co Fisterra apretando arriba, e houbo ocasións nas dúas áreas, como un gol pantasma que pediron os fisterráns.

San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis Gonzalez 4
San Lorenzo-Fisterra-Foto-Luis Gonzalez

Esteirana - Vizoño (2-1)

  • Esteirana: MJ, Code, Simón, Tobío, Adrián, Antón, Kevin, Oli, Adán, Elías, Rober Pladur. Tamén: Damián, Bieito, Pachi e Godo.
  • Goles: 1-0, m.10: Elías; 2-0, m.24: Adán de cabeza nun córner; 2-1, m.90+9: en propia.

Comezaba o cadro de Iván González controlando ben o balón, saíndo dende atrás, traspasando liñas e chegando á área rival con facilidade, e pronto Elías fai unha boa xogada por banda marcando de disparo forte case sen ángulo. O cadro esteirán seguía aprentando, e tras dous córners Adán facía o segundo. Eran bos momentos dos costeiros, que só cederon un par de erros na saída do balón pero ben controlados.

Meteron unha marcha máis, con 3 cambios e presionando máis arriba, os locais, tendo unha gran ocasión case que a portería baleira que sae fóra. Pero á contra puideron sentenciar os costeiros, como un tiro de Code, un man a man de Bieito, unha chegada de Antón, e sobre todo unha de Rober Pladur de cabeza, pero non acabaron de matar o partido. Non sufriron demasiado no último treito e só no 99 os locais conseguían recurtar cun gol en propia dos esteiráns.

Castriz - Carral (1-2)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Marcos Mouro, Anxo, Jose Rey, Alberto Mata, Adrián García, Borja Gándara, Noli e Pastoriza. Tamén: Gesto, Brais e Miller.
  • Goles: 0-1, m.5: Miguel Iglesias nunha xogada a balón parado tras varios rexeites; 0-2, m.72: Jonatan Fila; 1-2, m.75: Josiño.

Partido moi reñido que se se metía moi pronto de cara para un Carral ao que lle sae moi ben meterse por diante e meterse ben atrás. O cadro de Miguel Chouza non conseguía estar cómodo, e non era capaz de crear demasiado. Si que viron como lle anularon un gol por fóra de xogo e un remate frouxo de Elvis nunha xogada a balon parado.

Tras esa primeira metade sen ritmo e sen apenas ocasións, o cadro xalleiro apretou, estirou liñas, e foron superiores durante todo o segundo tempo. Xusto cando estaban mellor os locais, no primeiro achegamento dos visitantes na segunda, marcaban o segundo. Parecía que o partido morría, pero Josiño recurtaba pouco despois e volvía apretar o partido e facendo que o Carral acabase pedindo a hora.

Tiveron un par de mans a mans Josiño e Borja Gándara, unha vaseliña deste que petou no longueiro, un disparo de Adrián… O resultado xusto sería un empate, pero os xalleiros volven ver marchar puntos de San Pedro.

Dumbría - Boimorto (4-3)

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Breixo, Dani Chao, Baba,Toni, Alex Marcote, Xabi Castro, Juanjo e Estévez. Tamén: Isma, Brais, Lucas Toba, Pablo Costa, Vielal, Quique e Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0, m.22: Baba; 1-1, m.43: Luis Miguel de penalti; 2-1, m.53: Xabi Castro; 2-2, m.55: Villaravid; 3-2, m.72: Dani Chao de tremendo zapatazo; 3-3, m.87: Manu Casal de tiro lonxano pola escuadra; 4-3 m.90: Dani Chao

Ata en 4 ocasións tivo que poñerse por diante o Dumbría para quedar cos tres puntos ante un combativo e forte Boimorto, que pelexaba cada duelo. Conseguían adiantarse os locais, pero o penalti en contra facía dano. 

Saía na segunda con máis ritmo e nunha xogada de estratexia se metía por diante o equipo de Pablo Conde, pero un erro de Anxo permitían empatar aos visitantes. Eran minutos de igualdade, no que o Dumbría non era quen de traspasar a tea de araña visitante ata que Dani Chao se sacou un chutazo tremendo. Aí o Boimorto, cos cambios, deulle a volta ao partido e meteu ao Dumbría na súa área, ata que empatan. 

Pero con apenas 3 minutos por diante, e máis co corazón que cabeza, Dani Chao rouba un balón, pega unha boa condución, cede a Periscal que lle devolve un pase filtrado para que defina o propio Chao.

Máis info

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Comentarios