Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés

Sofan B celebrando a vitoria ante o Oza
O Sofán B celebrando a vitoria ante o Oza
3ª Galicia: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés

O Sofán B confírmase como 2º clasificado tras vencer ao Oza no derbi nocturno carballés celebrado no Carral. Os vermellos quedan con 2 puntos sobre un Soneira que suma e segue (6 vitorias e 1 empate nas 7 últimas xornadas), e 6 sobre un Corcubión que descansaba tras unha gran serie de resultados, e ten un partido menos. Queda o Oza agora a 7 do filial carballés, cunha cómoda opción para a Promoción.

Unha promoción na que se asenta tamén o Malpica, tras vencer en Cee ao Pereiriña, e da que se alonxa o Lira, que caía en Seaia tras viaxar con numerosas baixas. Os lirachos quedan a 5 de Oza e Malpica. O Cerqueda, cun punto menos que o Lira, aínda mantén a posibilidade de pelexar pola 6ª praza, algo co que soña un Zas que trata de agarrarse á ilusión.

Arriba de todo, o Xallas xa vencera ao Laxe a semana pasada e segue ao seu rollo, como único equipo invicto, xunto ao Corme da Liga da Costa feminina, de todo o fútbol costeiro.

Pereiriña - Malpica (1-3)

  • Goles: 1-0, m.8: David Marcote; 1-1, m.66: Alberto Hombre; 1-2, m.90: Ibra; 1-3, m.92: Ibra.

Igualadísimo partido en Cee cun Pereiriña que viña coa boa onda, e un Malpica que non quere perder o tren dos de arriba. Os ceenses comezaban ben, e adiantándose cun golazo de David. Puido ampliar a renda o cadro de Joaquín Quintáns nunha xogada a balón parado pero un defensa salvou baixo paus. Tamén tivo o Malpica o empate pero Isma Antelo sacaba un tiro de Eloy.

Na segunda, o partido volveríase máis tolo, máis de ida e volta, cun Malpica máis entregado. O incombustible Alberto Hombre conseguía empatar cun centro chut. E cando o partido parecía que remataba en empate, xa co tempo cumplido, Ibra aproveitaba o único erro da zaga local para face o segundo. Tivo aínda o empate o Pereiriña, pero Nacho desviou o balón ao poste, para que Ibra marcase á contra o terceiro cunha carreira dende o seu campo.

11 do SCD Malpica
11 do SCD Malpica en Cee con Federico

Zas - Buño (6-1)

11 do Sporting Zas ante o Buño
11 do Sporting Zas ante o Buño. Foto: Noe Touriñán
  • Goles: 1-0, m.24: Javi Suárez de penalti; 2-0, m.37: Rubén Forján; 3-0, m.41: Dani Mato; 4-0, m.44: Javi Suárez de penalti; 4-1, m.56: Breo; 5-1,m .68: Javi Suárez; 6-1, m.71: Javi Suárez.
Sporting Zas-Buno-Foto-Noe
Sporting Zas-Buño- Foto: Noe Touriñán

Vai recuperando efectivos e sensacións este Zas de Pereiro e Forján, que goleou a un Buño que considera que a actuación arbitral foi determinante nos primeiros 4 goles do cadro local. O Zas estivo moi acertado cara gol, cun Javi Suárez marcando a diferencia.

Javi Suarez diblando a un defensa do Buño
Javi Sáarez driblando a un defensa do Buño.  Foto: Noe Touriñán

Nantón - Soneira (3-4)

  • Goles: 0-1, m.15: Yuyo; 0-2, m.23: Yuyo; 1-2, m.33: Tato; 2-2, m.49: Redondo; 2-3, m.60: Richi; 3-3, m.63: Muíño; 3-4, m.75: Iago García.

Prantou cara, e de que xeito, o Nantón a todo un Soneira ao que lle custou adaptarse ao céspede de Fontiñas. E iso que comezaban os vimianceses demostrando a súa pegada con dous tantos de Yuyo, que dende que chegou non para de marcar. O cadro local recuperábase co gol de Tato, aproveitando un erro do meta vimiancñes, e nada comezar Redondo empataba. Tivo o capi cabanés unha chilena que case provoca que se caese o estadio. Pero o Soneira tomaba o mando do partido de novo. O recén recuperado Richi adiantaba de novo ao Soneira aproveitando un centro de Iago; empataba outra vez o Nantón tras un esvarón de Héctor, pero o tanto de Iago García a 15 do final decantaba os puntos para o cadro de arriba.

Cerqueda - Ameixenda (8-2)

  • Goles: 1-0, m.5: Marcos Pensado; 2-0, m.21: Christian Velo; 3-0, m.30: Joel; 4-0, m.60: Dani Varela; 5-0, m.66: Joel; 6-0, m.69: Joel; 7-0, m.70: Martín; 8-0, m.77: Dani Reixía; 8-1, m.85: Fabiám; 8-2, m.88: Fabián.

Partido sen demasiada historia, con domimio local.

Seaia - Lira (5-2)

  • Goles: 0-1, m.1: Pablo Leis; 1-1, m.24: Sergio; 1-2, m.33: Marcos; 2-2, m.45: Luisma; 3-2, m.63: Martín; 4-2, m.72: Juni; 5-2, m.78: Luisma.

Sen porteiro, e con Amoedo e Oli na mesa electoral, o Lira chegaba a Malpica con opcións de seguir na loita pola promoción, pero non puido cun Seaia que non sucumbiu á Mikaela. E iso que os lirachos se adiantaban ata en dúas ocasións na primeira metade, pero na segunda,

Sofán B - Oza (3-2)

  • Goles: 0-1, m,34: Archi; 0-2, m.61: Cristian Pace; 1-2, m.80: Adrián Vázquez; 2-2, m.85: Gonzalo Villajos; 3-2, m.90: Dani Calvete de penalti.

Derbi cheo de tensión xogado en horario nocturno no Carral, que non se decidía ata o desconto. O Sofán comezaba máis metido no partido, con varias ocasións, e mesmo un penalti que paraba Brais. Pouco a pouco o Oza íase facendo co balón e marcaba por medio do debutante Archi.
Ampliaba a renda Pace para os visitantes, pero o filial non se rendiría. Adrián Vázquez metía de novo aos seus no partido a falta de 10 minutos. Villajos empataba a 5 do final, e Dani Calvete de penalti cometido sobre o xuvenil Dani Rodríguez, facía o terceiro para delirio da bancada local, e cabreo duns visitantes que consideran chave a actuación arbitral.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios