Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas

Xallas-Zas-Foto-Noe Tourinan
Xallas-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas

Sufríu o Xallas ante un Zas que non consegue acabar de meterse na pelexa, para sumar o seu 16º partido sen perder.
Por detrás, varios empates. O Sofán B non pasaba do empate ante un veterano Lira, pero así e todo queda no 2º posto de ascenso directo, cun punto por riba do Oza (que non fallaba ante Ameixenda), 2 sobre o Soneira (que non pasaba do empate ante un mellorado e máis intenso Cerqueda); 3 sobre o Corcubión, que co paso das xornadas segue mellorando e suma 6 vitorias e 1 empate nos últimos 7 partidos; e 4 sobre o Malpica, que solventou a sempre difícil papeleta das Fontiñas.

Ábrese unha fenda de 5 e 6 puntos aí entre o Malpica (6º e ocupando a última praza de promoción) e o Lira e o Cerqueda, aínda con opcións intactas de meterse na loita.

Pereiriña - Laxe (4-1)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián, Estebo, Oca, Maelo, David, Martín, Pablo Trillo, Esteban, e Charli. Tamén: Xacobe, Christian, Tito, Saulo e Jose.
  • Laxe: Diego, Man, Eloy LIñares, Fran, Sergio, Pedro, Roi, Samuel, Eliseo, Bieito e Carrabeto. Tamén: Aarón.
  • Goles: 1-0, m.7: Esteban; 2-0, m.18: Esteban; 2-1, m.45: Fran; 3-1, m.45: Martín; 4-1, m.57: Martín; 5-1 m.80: Saulo.

Con moitas baixas chegaba o Laxe a Cee, con apenas 12 xogadores, e acabando con 10 sobre o campo polas lesións. O cadro local saía moi mentalizado, e con moita intensidade para reverter a malia serie de resultados a pesar de estar competindo ben. Pronto se adiantaba o equipo de Joaquín Quintáns por medio de Esteban, que repetían antes do m..15. Recurtaba Laxe ao fío do descanso cun golazo de Fran, pero no saque de centro inmediato Martín aumentaría a ventaxa para os locais antes de ir aos vestiarios.
Arrincaba a segunda e Martín facía o cuarto sentenciando o partido.

Cerqueda - Soneira (1-1)

  • Cerqueda: Mario, Verdes, Marcos, Dani Reixía, Samuel, Joel, Gus, Cristian Méndez, Íker, Suso e Julián. Tamén: Christian Velo, Bardanca, Martín, Dani Varela e Pedro.
  • Soneira: Martín, Lema, Senra, Javi, Adrián Sendón, David, Quilmes, Iago, Brais Pereira, Vía e Basti. Tamén: Dono, Dani Costa, Héctor, Adri Pereira, e Nando de Vera.
  • Goles: 0-1, m.1: Iago; 1-1, m.36: Íker.
Soneira SD enviando animos a Pichi
Soneira SD enviando ánimos a Pichi

Partidazo en Xaviña entre dous equipazos. O Soneira mandaba co balón pero non estivo ben na circulación, permitindo que o Cerqueda puidese roubar, gracoas a unha boa presión, e facer contras con perigo. Así e todo o partido comezaba co único erro dos locais en todo o partido, que permitía que Iago fixese un golazo dende a frontal.

Pero non conseguía darlle ritmo en ataque o cadro de Josiño Abelenda, e pouco a pouco os de Emilio Uzal foron trocando a inercia do partido. Á media hora, íker aproveitaba unha falta mal defendida para empatar o encontro a poucos minutos para terminar o primeiro tempo. Tivo tamén Méndez un remate ao longueiro tras un córner ao fío do descanso para os locais.

A segunda metade foi máis trabada, cun cadro local moi intenso, que mandaba outros dous balóns ao traveseiro por medio do propio Cristian Méndez e de Susiño. Na recta final, o Soneira empurrou máis ante un cansado Cerqueda, pero o marcador non se movería.

O Soneira, que comezaba dedicando unha pancarta a Pichi, que se operaba do menisco o xoves pasado (levaba esperando dende a xornada 3, cando se produxo a lesión), espera que a lesión de Basti no xeonllo sexa o menos posible, e está á espera das probas no xeonllo do seu irmán De la Sierra. Tres pesos pesados do equipo que poden condicionar a loita polo ascenso.

Corcubión - Buño (6-0)

  • Corcubión: Mario, Alán, Antu, Díaz, Isaac, Gorka, Jon, Víctor, Nando, Iago e César. Tamén: Rama, Borja, Iván, Íker e Asier.
  • Buño: Darío, Suso, Alan, Jose, Fran, Miguel, Hugo, Brais, Breo, Elías Suñarez e Elías López. Tamén: Piña, Andrés e Facal.
  • Goles: 1-0, m.14: César Lojo de cabeza a centro de Isaac; 2-0, m.19: Iago Lema de cabeza a centro de Isaac; 3-0, m.21: César Lojo tras un erro da defensa; 4-0, m.29: Jon tras unha boa xogada colectiva; 5-0, m.44: Nando; 6-0, m.80: Rama.

O Corcubión arroiou a un inoperante Buño que non foi quen en ningún momento de estar ou aparecer nun encontro no que o resultado deixa as claras o sucedido nun Novo Cubaleiro que puido ver un marcador aínda máis abultado se os corcubioneses chegasen a estar máis acertados de cara a gol.

Nantón - Malpica (0-1)

  • Nantón: Jose, Xoel, Adrián Abelenda, Miguel, Fariña, Santi Moreira, Sevillano, Tato, Redondo, Muíño e Fuentes. Tamén: Dani Andrade, Javi, Fernando e Carlos Vidal.
  • Malpica: Lamas, Pablo (Fenosa, m.80), Periscal, Diego, Jorge Parga, Lou (Nacho, m.90), Gabi, Aday, Cristian, Moussa (Alex, m.90) e Ibra (Fer, m.90).
  • Gol: 0-1, m.17: Ibra nun córner.

Nanton-Malpica en Fontinas

Partido sen demasiado ritmo, igualado, cun Malpica algo máis enriba, tendo algunha ocasión e facendo un tanto de córner, incidindo nos problemas do Nantón para defender o balón parado. O cadro de David Baña, a pesar de non contar con Alberto Hombre, Fran Villar, Paco, Chicha, Eloy ou Rafa Hombre, tiñan máis presenza en campo contrario pero sen ocasións, con dificultades para xogar no campo das Fontiñas.

Moussa, Diego e Jorge Parga fixeron un gran partido no bando visitante, que levaron unha vitoria importante para manterse nos postos de promoción.

Sofán B - Lira (2-2)

  • Sofán: Mario, Lucas, Iván, Eloy, Manu Castro, Ceide, Roi, Nacho, Alex, Manu Cancela, e Adrián Vázquez. Tamén: Pablo Pose, Villajos, Dani Calvete, Pablo Sabucedo, Borja Viaño.
  • Lira: Raúl, Isaac, César, Manuel Cartamil, Roberto Amoedo, Ángel Sestayo, Ángel Golpes, Oli, Christian, Juan e Pablo Leis. Tamén: Cambeiro, Aron e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.21: Oli; 1-1, m.28: Adrián Vázquez; 2-1, m.69: Pablo Sabucedo; 2-2, m.73: Roberto Amoedo.

Gran partido no Carral cun Lira que prantou cara a firme e seguro filial carballés. Mocidade versus experiencia, no campo. Comezaba o cadro de Barca tendo varias ocasións, pero non acertaba. Abría o marcador Oli (xa leva 8 o de Quilmas) cun golazo de volea dende lonxe por toda a escuadra. Pero pronto aparecía Adrián Vázquez (leva 19…) para asinar o empate rematando un centro lateral. De aí o descanso, moitos balóns aéreos, saques de banda longos, pero sen demasiado perigo.

Na segunda as defensas estaban maniatando aos ataques, pero mediada a segunda parte nun balón a área nun saque de banda, a defensa liracha deixaba só a Pablo Sabucedo para que puxese en vantaxe aos locais. O Lira estirouse, o filial amilanouse un pouco e cedeu unha falta innecesaria na frontal, e Amoedo marca unha falta ao borde da área por toda a escuadra. Os últimos minutos o Sofán colgou balóns sobre a área liracha e viron como o colexiado lle anulaba un tanto no desconto.

Xallas - Zas (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, García, Adrián, Jose, Pensado, Asier, Steven, Adrián Forján, Adrián López, Rubén Blanco, Rubén Sande. Tamén: Íker, Ramón, Sergio Barbeira, Manu Cuns e Adrián Couto.
  • Zas: Pereiras, Anxo, Eloy, Rama, Fariña, Andrés, Brais, Alvite, Darío e Pablo. Tamén: Dani Mato, Ronny, Rubén Forján, Peke e Rodri.
  • Goles: 0-1, m.4: Rama; 1-1, m.41: Rubén Sande nunha arrincada; 2-1, m.48: Rubén Sande.
Sporting Zas celebrando un tanto en Fontenla-Foto-Noe Tourinan
O Sporting Zas adiantouse en Fontenla-Foto-Noe Touriñán

Partidazo en Fontenla, cun partido moi emocionante o vivido onte, aparte con bastante público nas gradas. O Zas de Rubén Forján (que voltaba á súa casa) e Pereiro formulaba un partido pechado atrás, e pronto se atopou cun gran gol de Rama, Púxose nervioso o cadro laxeiro, non acostumado a estar por debaixo, que non conseguía ligar liñas ante un Zas moi ben prantado. Durante toda case a primeira metade o Xallas trataba de fiar algunha xogada para buscar ás costas do Zas, pero o Zas estaba seguro e mesmo lanzaba algunha contra perigosa como un par de Andrés.
O Xallas tamén tivo algunha que si foi capaz de meter o final da primeira metade nun balón o espacio na que Sande tivo mais atinado que os nosos defensas e poñía tablas.

Na saída da segunda metade estivo mellor plantando o Xallas e creou un par de ocasións que Sande voltou a desequilibrar. O Zas reclamou unha expulsión e un penalti na súa área que o arbitro non interpretou, mentres que na área contraria Doro mandaba lambendo a escuadra e Manu Cuns unha ao longueiro.

Xallas-Zas-Foto-Noe Tourinan 2
Xallas-Zas-Foto-Noe Touriñán

Oza - Ameixenda (8-0)

  • Goles: Nacho (4), Abib, Moreno, e Aron.

Partido sen historia nas Eiroas, que se decidía xa en 12 minutos cos dous primeiros tantos dos locais. Así e todo, o cadro ceense aguantou ata o descanso, pero na segunda metade, o Oza non daba tregua e completaba o goleada.

 

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios