Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense"
Por fin o Buño logrou a súa primeira vitoria. Tivo que esperar ata a xornada 20ª da competición. Agora a falta de dez partidos están unidos e pensado na salvación, e para comprobalo falamos con Brais Álvarez unha das alma máter do equipo.
- QPC: Parece que os problemas iniciais ca presidencia afectou a configuración do plantel?
Eu neste tema non teño moito que opinar xa que eso terialo que falar cos directivos que saben máis ou menos como estaba o tema.
Eu como xogador pois vin que axudábamos todos non que fixera falta para conseguir que o equipo competise cando foi o comezo da liga.
- QPC: Como valoras os cambios de adestrador?
Sinceramente o primeiro adestrador era novo para todos nos e tamen era novo na liga da costa, e iso queiras ou non e algo que as veces pasa factura e outras non, con respeto a coñecer rivais xogadores e asi ,e tamen os resultados non acompañaron.
Con respeto á chegada de Mauro, pois coñece a liga xa que estivo noutra época no clube e moitos dos xogadores que estan xa os entrenou, xa sei que non acompañaron os resultados pero con paciencia chegaron.
- QPC: O vestiario esta afectado por este mal tramo de liga?
Pois claro que estamos fastidiados, xa que a todo o mundo lle gusta gañar algunha que outra vez ,e vindo entre 15 e 20 tios alguns viernes, e as victorias non chegaban pois claro que fastidia.
Pero o que si destaco e a unión deste equipo desde o minuto un, que eso poucas veces o ves.
- QPC: O Buño, sempre ten ese empuxe final que o fai superar as adversidades en estas últimas tempadas, este ano tamen confiades na salvación?
A persoa ou persoas que den por morto a este equipo e que, primeiro non coñece este equipo e sobre todo e mais importante, dannos por mortos todos os anos, e sempre ou case sempre os obxetivos cumplense. E cada xogador que ficha en este club, sabe que hai que xogar ata o final, nunca nos regalaron nada e este ano non vai ser menos.
- QPC: Persoalmente como ves a túa tempada?
Pois sendo sinceros nunca fun de falar persoalmente da miña traxectoria ou tempada de cada ano, xa que iso terian que opinar os rivais ou os compañeiros de equipo.
- QPC: Que ten que mellorar o equipo para seguir agora na racha de vitorias?
Mellorar... pois digoche sinceramente a verdade, seguir acudindo os adestramentos da semana case todos os xogadores. Despois o bo rollo que hai entre nos que se vexa reflexado domingo tras domingo, xa que o obxectivo que temos nadie nolo vai regalar.
Os traballadores na sombra
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.