Martes. 19.03.2024
El tiempo

“Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa"

Marcos González adestrador do Cabana
Marcos González é adestrador das categorías base do Cabana
“Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa"

Marcos González, un deses novos adestradores que inician a súa carreira desde a base como monitor, grazas os cursos que se imparten o longo da nosa Costa polo Comité de Adestradores e a RFGF.

Actualmente dirixe os alevins e infantis do Cabana e coméntanos a sua visión do fútbol base e como leva a experiencia de adestrar.

 
  • QPC: Que tal a experiencia de adestrador?

A verdade é que é unha experiencia impresionante, sempre lle estarei agradecido a Pablo e a Míchel pola oportunidade que me deron. Cando mo ofreceron tiña as miñas dúbidas, porque é certo que fun xogador e estiven en moitos vestiarios pero facerse cargo dun por primeira vez sempre che impón respecto. Creo que desde moi novo tiven ese espíritu de entrenador pero ata o ano pasado non o levei a cabo e me decidín a facelo. Decisión na que foron fundamentais a miña parella, que me animou a intentalo, e meu irmán que aceptou coller os equipos conmigo.

 
  • QPC: Iniciar esta carreira con teu irmán Daniel ao lado, fíxoche a cousa mais fácil?

Ter o lado a Dani fíxome todo máis fácil, compaxinamonos moi ben. Estamos encargados das categorías alevín e infantil, un non é máis ca outro, as decisións que tomamos son sempre consensuadas entre ambos, el é máis tranquilo e quizas medita máis as cousas e eu son máis expresivo e esixente cos rapaces, polo que creo que facemos un bo equipo, e ademais temos ideas de xogo moi similares polo que poucas veces temos opinións contrarias.

Os irmans gonzalez no Cabana

 
  • QPC: Cal é a túa filosofía deportiva?

Principalmente como filosofía deportiva o que debe de primar é que os rapaces disfruten facendo deporte, fagan amigos, e adquiran uns valores. E se te refires a filosofía de xogo, un sempre quere que o seu equipo xogue dende atrás, cunha presián alta que non rife balóns, ter a posesión e xogar en campo contrario. Pero finalmente teste que adaptar ás cualidades dos rapaces e ler cada partido diferente polo que non che podo definir cal sería o meu estilo. O que si che podo decir e que xogar o que sempre se denominou o “patadón” non me gusta.

 
  • QPC: Formación ou competición?

Esta é unha gran pregunta. Na miña opinión nestas idades o que ten que primar é a formación. Como dixen anteriormente, que os rapaces collan uns valores que lle van a valer para a toda a vida: respecto, compañerismo, unhas rutinas, sacrificio, saber gañar e perder... E logo cumprindo todas esas bases sempre che gusta que os rapaces compitan. Creo que, instinto, sempre que realizas un deporte, tanto individual como colectivo na idade que sexa o teu obxectivo é superar ao rival, polo que o nivel de competitividade vaino marcar o equipo/xogador que adestras.

 
  • QPC: Tes o título de monitor. Tes pensado seguir crecendo en este ámbito?

Si, gustariame sacar o seguinte nivel, pero por motivos laborais non foi posible apuntarme ao curso deste ano en Coristanco. Espero que nun futuro teña a oportunidade de poder compaxinar o traballo con próximos cursos e seguir crecendo e formándome.

 
  • QPC: Estás nos infantís e alevíns do Cabana, equipo que nos seniors, soen tirar de adestradores da canteira. Veste aí en algún momento?

Si, e certo, o Cabana por tradición sempre foi un equipo que tirou dos adestradores da casa, pero nin se me pasou pola cabeza. De momento aínda temos moito que aprender, e se poidese gustaríame seguir disfrutando desta xeración de rapaces que temos. Creo que o de adestrar a un equipo sénior aínda me queda moi lonxe, ademais en Cabana temos 3 grandes entrenadores dos que aprendemos día a dií como son Pablo, Fernando e JM que espero que sigan estando moito tempo no club.

 

  • QPC: Es de Ponteceso e tamen xogaches alí. Gustaríache entrenar no club?

Si, son e xoguei moitos anos no Ponteceso e por eso lle teño un cariño especial, como tamén llo teño o Cerqueda, como ben sabes, despois de todos os anos que estiven alí. Pero nestes momentos estou tan a gusto en Cabana que nin se me pasou pola cabeza cambiar de equipo. Nun futuro nunca se sabe, non lle cerro as portas a ningún club.

 
  • QPC: Como xogador tamén pasaches por clubs de base. Vés moita diferencia co fútbol de agora?

Penso que si. Na miña epoca de xogador creo que viviamos con máis paixón o fútbol, non perdíamos ningún adestramento, iamos no bus falando de fútbol, pola semana só pensabamos en que pasase rápido para que chegase a fin de semana e xogar o partido, e se xogábamos sábados e domingos moito mellor. Agora a algúns parece que ata lles costa xogar un partido, tamén e certo que aínda quedan nenos que o viven con paxión. Co tema das redes socias, móbiles, videoxogos… os rapaces xa case nin se falan. Ao principio de temporada sempre dicimos que está prohibido levar os móbiles no bus pero non sei como fan que no la colan sempre... jejeje.

 
  • QPC: A repercusión que ten o fútbol nestes momentos, beneficia ou perxudica aos rapaces?

Seguramente os perxudica, máis ben toda a repercusión do fútbol a recollen de primeiras os pais que son os que logo fan que lles afecten os fillos. Os pais moitas veces son os responsables das frustacions dos rapaces, moitos pensan que teñen messis ou cristianos na casa ,e nin moito menos, teñen que pensar que aínda son nenos que están en etapa de formación e non podes esixirlle máis do que eles poden dar. Moitas veces son máis competitivos os pais que os rapaces, e moitos destes problemas son debidos a esa repercusion, cada pai quere que o seu fillo sexa o mellor, o que máis xogue, o que máis marque, o que máis destaque, cada un quere que o seu sexa o mellor en todo, e comprensible, pero personalmente penso que ben debido a repercusión que hai neste deporte.

 
  • QPC: No Cabana tes varias xogadoras, como valoras o crecemento do fútbol femenino?

Temos a gran sorte de ter catro grandes xogadoras nestes momentos, unha en alevíns e tres en infantís. Paréceme moi positivo o crecemento que houbo nestes últimos anos. Na miña epoca de xogador era case impensable ver xogadoras en equipos masculinos e moito menos tantos equipos femininos. A verdade é que temos a gran sorte que non lle teñen nada que envexar a ningún rapaz, son moi respectadas polos compañeiros, como non podía ser de outra forma, e líderes dentro do vestuario. Estamos encantados con todas elas e orgullosos de que dúas delas foran seleccionadas para adestramentos da selección comarcal sub-14.

  Marcos González adestrador do Cabana cos seus peques
  • QPC: Na base din que o peor son os pais, ese tema cos minutos xogados ou nos adestramentos como o levas?

Cando te decides a entrenar a equipos de base, o primeiro que che din e “non sabes donde te metes” ou “son peor os pais cos rapaces”... a verdade é que non me podo queixar. Nunca imos a consentir faltas de respecto nin menosprecios a ninguén. Si que tiven que poñerme serio alguha que outra vez pero quedou todo resolto. Agora mismo podo dicir que temos un gran grupo de pais nas dúas categorías. Tamén é certo que temos un trato moi cercano con todos eles, e sempre intentamos que todos estean implicados e involucrados, intentamos facer comidas cos pais e fillos, dentro de pouco iremos a Riazor e tamén viran pais. Cando imos a torneos de verán sempre organizamos o día para estar todos xuntos. Oxalá todos os equipos teñan o grupo de pais tan unido que nós temos sinceramente.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios