Martes. 19.03.2024
El tiempo

Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”

Pablo Pose e Adrian Lema na gala do Futbol da Costa 2019-Foto-David Castro
Pablo Pose e Adrián Lema, na gala do Futbol da Costa 2019, abandonan o banco do Xallas-Foto-David Castro
Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”

Estamos nas xornadas donde se empezan a decidir as posicións importantes nas diferentes ligas, e os presidentes tiran de revolución nos banquillos. Esta semana cesaban a dous adestradores no fútbol costeiro, Barca no Baiñas, e Adrián Lema do Xallas, que é a última vítima para intentar dar un aire novo a esos equipos que parece que non cumpren as expectativas marcadas a inicio de competición.

 
  • QPC: Que expectativas tiñas esta tempada cando aceptaches o reto do Xallas?

Fichei polo Xallas con moita ilusión e moitas gañas de facer un equipo competitivo e un bo grupo, con gañas de facer unha boa tempada. A expectativa era traballar e traballar.

 
  • QPC: Tiñas a espada de Damocles sobre ti nas últimas xornadas ou sorprendeuche o cese?

Ían unhas xornadas que os resultados non nos acompañaban, a pesar de que o equipo adestraba moi duro e o ambiente era moi bo. A directiva apoioume siempre, loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos e cremos que era o mellor.

 
  • QPC: Estabas contento coa plantilla que tiñas inicialmente, xa que algún dos fichaxes abandonou a disciplina?

Como dixen anteriormente o grupo era espectacular, eu estaba moi contento con todos porque notaba en eles que confiaban en mi, e que desde o primer partido a este último melloráramos en moitos aspectos. Xa sei, non se reflexaba nos resultados pero entre as lesións e a mala fortuna impedíanos que se vira o noso traballo. A plantilla era corta eramos 20 a principio e a estas alturas quedamos con 19 xogadores.

 
  • QPC: Viaste capacitado para revertir a situación?

Claro que si. Senon xa non empezaría. Confiaba nos rapaces e sei que o van a pelear e loitar hasta o último partido. Están entrenados físicamente e psicologicamente.

 
  • QPC: En este fútbol moitos xogadores movense polos adestradores, e ti levachedes algún da man, que esperas de eles tras a vosa marcha?

Certo eu levei varios e estou moi orgulloso deles porque están dando o nivel e están axudando o Xallas. Deles espero que dean o máximo deles ata final de tempada. Eles agora mesmo están moi integrados e estou moi orgulloso.

 
  • QPC: Como saides coa directiva, plantilla e afección?

Pois a plantilla está sorprendida, pero como lles dixen hai que mirar para adiante.
A directiva sempre houbo un bo ambiente e sempre me apoiou, nunca se metíu nas miñas cousas e non teño nada que reprochar.
A afección seguro que seguirá apoiando ao equipo que ao final é o máis importante.

 
  • QPC: Esperas a coller un novo proxecto o ano que ven, ou se surxe algo interesante en este treito final aceptarias?

Por agora non me platexei nada. Nesto do fútbol nunca se sabe, por agora toca descansar un pouco e cargar as pilas. Loxicamente si aparece algo interesante estudiarémolo, jajajaja.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios