Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
Marcos Antelo, un de esos mozos veteranos que vive para o fútbol. Máis coñecido como Curro no Fútbol da Costa, é peza fundamental no corpo técnico de Barca.
Esta tempada o Baiñas esta algo irregular na liga e diso falamos con el, que sufriron o cese das suas funcions, porque urxen mais os resultados que un proxecto.
- QPC: Cal é a túa función como segundo adestrador?
Aquí podería decir que a Barca non lle gusta falar de primeiro e segundo xa que os dous temos capacidade de decisións. De todos modos a miña aportación serve para preparar conxuntamente os encontros, estudiar rivais, adestrar porteiros, decidir fichaxes, pranteamentos dos partidos e tamén ás veces exercer unha función un pouco de psicóloxía cos xogadores.
- QPC: Barca e ti xa se pode decir que sodes parexa de feito?
Pois seguro que hai días que conversamos máis entre nós que cas nosas propias familias… Levamos entorno a 14 anos xuntos, tanto coincidindo como porteiros, como adestrando, e para mín só podo agradecerlle que me queira ao seu carón xa que é unha fonte de aprendizaxe continua e sobre todo un gran amigo e practicamente como da casa.
De todos modos ambos temos moi claras cales son as nosas funcións dentro de calquera conxunto e tratamos de cumplilas o mellor que sabemos, aínda que ás veces teñamos que actuar de “poli bo e poli malo”.
- QPC: Agora esta crecendo o fútbol femenino, que tal a sua experiencia no Ponteceso femenino de fútbol sala?
Realmente alégrome moito de que isto sexa así. Nós, dende o Ponteceso FSF e Fisober fomos pioneiros neste aspecto, aínda que a día de hoxe, dende o meu punto de vista o futsal tende totalmente a desaparición polo que por un lado tamén me entristece.
Por outro lado adestrar o primeiro equipo feminino do concello foi unha das mellores experiencias da miña vida e xa para poñerlle a guinda tivemos a gran sorte de poder conseguir títulos e poder cerrar o proxecto no máis alto.
- QPC: Por que aceptachedes o reto do Baiñas esta tempada?
Foi un reto consenseuado con Barca xa que levabamos uns anos mantendo contactos coa directiva do Baíñas e por unha cousa ou por outra nunca poido ser , ata que de novo neste verán a directiva do Baíñas se volveu a poñer en contacto con nos e chegou a ansiada firma. Para nos era un reto moi importante e difícil o mesmo tempo xa o que se buscaba era darlle unha personalidade e un estilo definido o equipo.
A día de hoxe a pesar da situación so temos palabras de agradecemento para eles por todo o traballo que fan.
- QPC: Tres equipos nun mesmo campo e cada un nunha liga diferente. Compaxináchedes ben o tema de adestramentos?
Para min é a primeira vez que se dá esta circunstancia , e non só somos tres conxuntos, senón que tamén hai que contar cos xuvenís e veteranos do Soneira. O handicap de todo isto redúcese a que tivemos que entrenar a medio campo e incluso a veces cun cuarto de campo, onde dende a miña opinion si que inflúe a hora de poder preparar adestramentos e partidos.
Tamén cabe destacar que as relacións cos demais conxuntos eran moi boas.
- QPC: Os obxectivos a inicio de liga era estar na zona alta, como esta o vestuario con esta situación de rondar a zona de perigo?
En primeiro lugar o equipo tivo dúas baixas importantísimas como son a de Pablo Muíño e Javi Souto, destacar que entre ambos marcaron máis da metade dos goles do equipo a tempada pasada. E nós, a día de hoxe, estábamolo suplindo con moito traballo táctico e sobre todo a balón parado, xa que é practicamente imposible suplir a este tipo de xogadores.
Dicir tamén que para nós isto non é algo novo, xa que por exemplo vivimos algo similar en Ponteceso tras collelo en postos de descenso e, como neste caso, inmersos nunha profunda restruturación do plantel, conseguimos en moi pouco tempo estar pelexando nos primeiros postos da clasificación e cun fútbol moi vistoso, por iso creo que hai que ser conscientes de que todos os froitos levan o seu tempo.
E xa para rematar tamén desgraciadamente dende o partido de Cee da primeira volta parece que nos mirou un torto e sufrimos unha praga de lesións de longa duración. Os xogadores son conscientes da situación actual e están traballando ben e deixandose a alma tanto en adestramentos como nos partidos , estou totalmente seguro que ibamos revertir esa situación.
- QPC: Creiades en poder cambiar esa dinámica?
Si, estou seguro.
Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, tanto de xogadores como de estilo de xogo e isto e algo que leva o seu tempo, e por riba temos un dos planteis máis reducidos da liga, pero como dixen xa anteriormente isto só se levanta con traballo e máis traballo por parte de todos os que formamos o plantel do Baíñas.
- QPC: E persoalmente, veste capacitado para levar un equipo como primer adestrador, ou ainda non pensas en esa situación?
Realmente xa din ese paso no fútbol femenino e si é algo que me vexo capaz tanto polos anos que levo nesto como por levar o fútbol na sangue..
De todos modos para min sei que aínda non é o momento de dar ese paso e emprender unha aventura en soitario, xa que antes quero formarme máis como adestrador tanto en títulos federativos como en ensinanza xa que por horarios e temas laborais non poiden asistir a certos cursos de adestrador que me gustaría ter.. De todos modos a día de hoxe non poido ter mellor profesor o lado que Barca e o fútbol costeiro.
Os traballadores na sombra
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.