Venres. 04.10.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba remata campiona da 1ª Autonómica

Viaxes Amarelle
FSF: O Amarelle Santa Comba remata campiona da 1ª Autonómica

A unha xornada do final da segunda fase, o Amarelle Santa Comba xa puido cantar o alirón como campiona da 1ª Autonómica. As xalleiras vencían en Vilalba demostrando a súa superioridade.

Agora en principio, o equipo non pode ascender, por ter outro equipo o clube nesa categoría. Pero en calquera caso, e sen ter nada decidido ata que rematen todos os esquipos e dende a directiva se poñan coa planificación do vindeiro ano, o club podería facer que as xogadoras do equipo xalleiro compitan en Preferente usando a outra praza. Estaremos atentas.

1ª Autonómica Feminina FS | 12ª Xornada

Viaxes Amarelle Santa Comba 2
A muxiá Nuria (segunda pola esquerda na fila de abaixo) e a carballesa Elsa (segunda pola dereita na fila de abaixo) compiten no cadro xalleiro
  • Resultado: Gr Forma-t Vilalba FSF B - Amarelle Concello Santa Comba (0-5)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Nerea Ramallo, Sheila, Ge, Nuria, Andrea (cinco inicial), Elsa, Tania, Lidia.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 7); 0-2 Nuria (min. 19); 0-3 Andrea (min. 28); 0-4 Sheila (min. 30); 0-5 Tania (min. 40).

O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas e auxiliado por Sergio Vieites, chegaba a este penúltimo partido da competición co título de campioas de liga xa no peto, trala derrota na tarde de onte da súa máis inmediato perseguidor; pese a iso, as xalleiras non baixaron o ritmo e sumaron unha contundente vitoria sobre o Grupo Forma-t Vilalba FSF B por un marcador de 0-5, con goles de Nuria (2), Andrea, Sheila, Tania.

Nuriua do Viaxes Amarelle
A muxiá Nuria

Máis información

Novas relacionadas

Máis crónicas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios