Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte

Xuvenís: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte

Se polo Sur o Dumbría non dá tregua nin ante o Cee, polo Norte a igualdade é a raíña.


Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 10

Son 4 os equipos que loitarán polo título e polos 3 postos para esa Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Dous deles se enforntaban nas redondas e o Cabana, tras vencer ao Corme pola mínima, se aúpa ao liderato, empatado co Malpica. So sacan 2 puntos ao cadro cormelán, 3 a un Ponteceso que se deixaba 2 puntos en Castriz, no que foi a estrea do taboleiro do cadro xalleiro, na sorpresa da xornada.

Cabana - Corme (2-1)

Cabana e Corme de xuvenis saltan as Redondas-Foto-Cabana SD
  • CABANA: Adrián (Diego, min.88), Villar, David Varela, Raúl, Aurelio, Diego Mato, Redondo (Darío, min.70), Samuel (Óliver, min.88), Iván Mato (Cristian Varea, min.85), Alex, Pablo (Grille, min.77).
  • CORME: Rubén, Sergio, Iván (Quique, min.56), Cristian, Eloy García, Yoshua, Antonio (Bruno, min.68), Brais, Manu (Isaac, min.68), Juanma, Isma (Fran, min.52).
  • Goles: 1-0, min.50: Iván Mato a pase de Diego; 2-0, min.60: Iván Mato a pase de Diego; 2-1, min.85: en propia meta.

Era un dos partidos da semana, e non defraudou. A primeira metade moi igualada e arrincaba cunha clarísima ocasión de Juanma para abrir o marcador pero fallou diante do porteiro. Tamén Manu mando alto para os azulóns nunha das poucas chegadas da primeira metade.

Saíu mellor o Cabana na segunda, aproveitando que o Corme saltou dos vestiarios algo durmido. Iván Mato anotaba dous tantos rápidos que puñan en clara vantaxe aos cabaneses, xa case supoñendo a sentenza.
O Corme veuse arriba e intentou facer dano á meta dos de Fernando, pero só conseguiron recurtar cando faltaban 5 minutos para o final e cun tanto en propia meta da defensa cabanesa.

Malpica - Coristanco (2-0)

SCD Malpica juvenil 2013/2014-Foto-Luís E. Porto
  • MALPICA: Manuel, Brais, Víctor Novo, Canario, Jorge, Mouri (Gabi, min.88), Pitís (Steven, min.77), Diego, Almeida (Chols, min.90), Alberto (Kevin, min.46), Guille (Plejo, min.94).
SD Coristanco juvenil 2013/2014-Foto-Luís E. Porto
  • CORISTANCO: Brais, Iván (Mosquera, min.73), Joni, Navarro, Jorge, Brandón (Fondo, min.33), Javi, Cristian, Naya (Falcao, min.71), Abelenda (Nacho, min.46), Joaquín.
  • Goles: 1-0, min.60: Mouri de cabeza a un córner de Pitís; 2-0, min.70: Kevin controla moi ben un pase de Diego por riba da defensa e chuta cruzado.
  • Lesión: o visitante Brandón.
  • Partido moi igualado na primeira metade na que non houbo apenas ocasión claras. Abelenda tivo unha ao comezo que tivo que sacar un defensa malpicán baixo paus mentres que o Malpica só facía dano, pero avisaba, a balón parado.

    Xa na segunda sairían os dous equipos con moita intensidade,e o Malpica nun córner de cabeza se adiantaría. Ese gol fixo moito dano nos de Da Silva, pero aínda así intentaron safarse o dominio e irse un pouco arriba. Así chegou pouco despois nunha contra a sentenza cun golazo pola escuadra de Kevin tras unha fermosa xogada.

    Castriz - Ponteceso (1-1)

    • Goles: 0-1: Diego Collazo de falta; 1-1: Adrián.
    • Expulsión: o xalleiro Corroucho.

    Primeiro punto do Castriz no seu debut na categoría e dando a sorpresa ante un dos candidatos ao ascenso. O cadro xalleiro soubo aguantar o estilo combinativo do cadro pontecesán, Adiantouse o cadro visitante pero na segunda, máis igualada, chegou o gol de Adrián que empataba o partido.

    Queda pendente o Ponteceso da chegada dun novo adestrador. I é que Dani Pallas ten que deixar a disciplina do clube, tanto como xogador do primeiro equipo como adestrador dos xuvenís pois atopou traballo de técnico deportivo no Concello de Paderne. Toda a directiva quere agradecer o gran traballo

    Porteño - Baio (2-3)

    • Goles: 0-1: David Fariña; 0-2: Javi de Laxe; 1-2: Mati; 2-2, min.88: David Pasantes; 2-3, min.91: Santi Díaz.

    Partido de infarto na Grixa cun Porteño que a piques estivo de dar outra sorpresa na xornada. O cadro de Ordóñez prantou cara a un Baio que segue facendo bo fútbol pero que non arrinca en canto a resultados. De feito, o choque non quedou en empate (sería o 6º para o cadro de José Pastoriza).

    Tras unha primeira metade de dominio visitante, o Porteño conseguía meterse no partido a base de entrega. Chegábase aos últimos instantes co 1-2, e a incertidume no marcador, cando David Pasantes acadaba un tanto que daba un valioso empate para os locais. Era xa o desconto, pero despexe de Santi Díaz dende moi lonxe, bota mal no campo mollado de herba e cólaselle ao meta Brais, no único erro que tivo en todo o partido.

    Muxía - Laxe (4-3)

    • Goles: 0-1, min.10: Adrián coa axuda do meta; 1-1, min.30: Marco de cabeza; 2-1, min.55: Víctor; 2-2, min.60: Saleta; 3-2, min.65: Lolo; 3-3, min.75: Víctor de penalti; 4-3, min.83: Andrés.
    • Partido moi igualado entre dous equipos parellos, cun Muxía de Javier Lema que está cambiando o chip e un Laxe de Nano Mohedano que parecía ir cara arriba pero non acaba de arrincar. Un choque que se decantou finalmente polo Muxía, que estivo máis acertado cara gol, e xogou unha mellor segunda metade.

      A primeira parte foi aburrida, na que ninguén quería a pelota. Adiantouse pronto o Laxe, pero o Muxía respondía cun gol de Marco de cabeza. Comezaba ben o Muxía na segunda, e Víctor facía o 2-1. Pero dúas contras moi boas do Laxe daban a volta ao marcador, cos tantos de Saleta e Lolo.

      Tiña que volver a remar o Muxía, e o fixo. Paulo en 3 ocasións e Miguel fallaron claras ocasións diante do porteiro laxense, pero o equipo non parou ata empatar, de penalti. Seguiu arriba buscando a vitoria que chegaría cun remate do central Andrés, que xa estaba arriba en plan Alexanco, deixando os 3 puntos en Arliña.


      Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 10

      Segue o Dumbría firme no máis alto da táboa tras superar outro escollo, o do Cee. Un Cee que se ben non está no seu mellor momento este curso, si que sempre ofrece un rendemento moi competitivo. É agora a Esteirana a 2ª na táboa, empatada, a 5 puntos do líder, co XSC, con 2 puntos de vantaxe sobre Cee, Fisterra e Outes.

      Importante foi tamén a vitoria do XSC ante o Fisterra, que deixa ao cadro fisterrán nese segundo grupo. Deste xeito, malia que o título parece decantado, son 5 os equipos que loitarán por esas 2 prazas restantes que dan acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.

      Lira e Mazaricos seguen sen puntuar.

      Cee - Dumbría (0-1)

      • CEE: Paulo, Jicho (Vilela, min.50), Abraham (Alex, min.87), Aitor, Carlos Leis (Alex, min.87), Esteban, Tebo, Andrés (Mario, min.66), Rafa (Marco, min.87), Nanón e Picallo.
      • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Maikel, José, Roberto, Lucas (Yeray, min.56), Martín (Juan, min.68), Adrián, José Marcote (Kevin, min.85), Pablo Pardiñas (Antón, min.80) e Javi (Jorge, min.87).
      • Gol: 0-1, min.85: Javi a centro de Juan de Dora.
      • Expulsión: o o dumbriés Duarte no min.87.

      Tivo que suar o líder para levar os 3 puntos do San Paio de Refoxos. E só foi quen de romper o empate nos últimos instantes.

      Xa comezaba o cadro dumbriés aprentando dende o inicio buscando as internadas de Marcote e Javi ás costas da defensa. O Cee prantexaba o partido dende atrás, agazapado buscando saír ás contras só con Picallo. Paulo rexeitaba a primeira chegada de Marcote, e o colexiado non pitaba un posible penalti sobre Marcote nos últimos minutos da primeira.

      Arrincaba a segunda cun Cee algo máis solto, algo máis incisivo. Era agora o equipo de José Carlos o que facía dano, sobre todo nunha chegada de Picallo que recurta e o seu tiro pega nun defensa e sae a córner.

      Só quedaban 5 minutos, e cando o partido parecía que ía quedar en táboas, Juan de Dora sacou o seu corazón a xogar, internouse pola banda e pegou un centro que Javi non fallou no seundo pau. Intentouno o Cee nos últimos intres pero sen premio, e a vitoria, e xa van 7 de 8, marchou cara o Conco.

      Fisterra - Xallas StComba (0-2)

      • XSC: Coke, Miguel, Pérez, Carlos, Álex (Torres, min.55), Fabián, Tefi, Styven (Ismael, min.75), Adrián, Iván, Sergio Barbeira (Jacobo, min.65).
      • Goles: 0-1, min.30: Fabián; 0-2, min.91: Iván de vaselina á contra.

      Partido no que puido pasar de todo, no que puido golear o XSC pero que tamén puido rematar en empate. Moito xogo no medio campo, sen un dominador claro, co XSC con algunha ocasión máis. De feito, na primeira o equipo de Rafa tivo varias chegadas, sobre todo un man a man de Styven e dous remates de cabeza de Iván que se marcharon altos. Foi Fabián o que non fallou e puxo por diante aos visitantes.

      Comezaba a segunda co mesmo guión, e Styven e Adrián volvían marrar sendas ocasións para os xalleiros. Non había demasiadas novas do Fisterra de Nacho, ata que faltaban 20 minutos, que foi cando o equipo local comezou a crer no empate. Foise arriba e Coke tivo que facer un par de boas intervencións tras un cabezazo, e tamén viu como un chutazo dende fóra da área saía lambendo o pau.

      Podía caer de calquera lado o partido e foi Ivñan nunha contra, e xa no tempo de desconto, o que sentenciaba o importante choque.

      Esteirana - Mazaricos (12-0)

      • Goles: Raúl (4), Adrián (3), Manuel (2), Josiño, e 2 en propia.

      Partido sen historia que deixa á Esteirana 2º na táboa detrás do intratable Dumbría, e que deixa ao Mazaricos afundido con 0 puntos, coma o Lira. Ollo aos números da Esteirana de Martin, que leva 42 goles a favor e só 5 en contra nestas 10 xornadas.

      Outes - Soneira (7-0)

      • Goles: Veleiro (3), Adrián (2), Álvaro e Santi.

      Púxose pronto a cousa costa arriba para o Soneira, que como está baixo tras un mal comezo de temporada, en canto recibirion os dous primeiros baixaron os brazos, algo habitual cando as liñas son tan negativas.

      Así e todo, para nada houbo tanta diferencia no campo entre os dous equipos para semellante goleada.


      Crónicas das Ligas Xuvenís

      O Album de cromos do #FutboldaCosta

      Máis información

      Crónicas da semana

      Artigos relacionados

      Fonte

Comentarios