Martes. 23.04.2024
El tiempo

Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro

Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro
Corcoesto Si mina si

"Corcoesto si, mina si". Ese é o nome da Asociación veciñal que acaba de constituirse o pasado 20 de decembro a favor da mina de ouro de Corcoesto. É o primeiro movemento asociativo que coñecemos sobre o polémico proxecto mineiro, unha vez que son 2 as Plataformas que loitan por evitalo dende hai máis dun ano. A entidade asegura que nace "para impulsar o desenvolvemento económico da parroquia" e critica aos que atacan este proxecto con argumentos "demagóxicos".

A asociación, que conta cun 2.000 sinaturas a favor da mina nunha semana (polas 21.000 en contra), considera que o proxecto "mellorará a situación económica da zona. É un movemento veciñal, afastado da política e dos intereses da mesma cuxo único obxectivo é dar a coñecer outro punto de vista a favor da explotación mineira nas súas terras", aseguran.

Dende "Corcoesto si, mina si" acusan de "demagóxicos" os argumentos das Plataformas contrarias e critican aos veciños e á plataforma pola Defensa de Corcoesto por opoñerse á DIA (Declaración de Impacto Ambiental) da mina "con argumentos que nada teñen que ver coa realidade do proxecto". Así, insiste en que o proxecto mineiro "en ningún momento presenta aspectos que poidan danar o medio ambiente". Por iso, comprométese a interactuar coas empresas, institucións, administracións, asociacións ou sindicatos que queiran levar a cabo calquera iniciativa na parroquia co fin de "reavivar a zona e explotar, sempre de maneira responsable, os recursos dispoñibles, para mellorar a calidade de vida de todos e cada un dos seus veciños. Ademais propón a organización de actos culturais e informativos entre os veciños".

Ademais, esta asociación ten como obxectivo "defenderse dos ataques indiscriminados dalgunhas persoas que se opoñen ao proxecto, alegando sempre motivos pouco argumentados tecnicamente". "Non teñen en conta o beneficio que o proxecto achegará á zona, creando empregos e situando á comarca de Bergantiños como enclave destacado no mundo da explotación mineira", critica.

A entidade conta co apoio dos tres grupos socialistas de Cabana, Coristanco e Ponteceso, sempre que se asine un conveni de compesación, que a empresa pague os impostos e licencias municipais, que os terreis resraurados revirtan ao uso público, e que a Universidade colabora no control ecolóxico.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios