Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Executiva Provincial do PSOE expulsa aos 5 edís pontecesáns sen escoitar a súa versión

Lage Tuñas en Ponteceso o pasado mes de decembro
Lage Tuñas xa amosara publicamente o seu apoio a Carballido cunha visita institucional o pasado mes de decembro
A Executiva Provincial do PSOE expulsa aos 5 edís pontecesáns sen escoitar a súa versión

Este 27 de xaneiro a Executiva Provincial do PSdG confirmaba a expulsión do Grupo Municipal socialista dos edis Raquel Fondo, Ana Pérez Imia, Faustino Santiago Lema, Miguel Ángel González e Salvador Eiroa. Tras case un ano de lío interno, e a pesar das continuas peticións por parte destes 5 edís de manter reunión, a Executiva Provincial expúlsaos sen escoitar a súa versión.

Os edís lamentan a falta de recepción por parte da Provincial, e non entenden por que na carta que lles chegou esta fin de semana non se especifiquen os motivos da súa expulsión.

Os edís lamentan que o alcalde incumpra os estatutos do Grupo Municipal, pois leva moios meses sen convocar unha asemblea, e aínda así manteña o apoio provincial.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios