A Executiva Provincial do PSOE expulsa aos 5 edís pontecesáns sen escoitar a súa versión
11:12 01/02/21
Este 27 de xaneiro a Executiva Provincial do PSdG confirmaba a expulsión do Grupo Municipal socialista dos edis Raquel Fondo, Ana Pérez Imia, Faustino Santiago Lema, Miguel Ángel González e Salvador Eiroa. Tras case un ano de lío interno, e a pesar das continuas peticións por parte destes 5 edís de manter reunión, a Executiva Provincial expúlsaos sen escoitar a súa versión.
Os edís lamentan a falta de recepción por parte da Provincial, e non entenden por que na carta que lles chegou esta fin de semana non se especifiquen os motivos da súa expulsión.
Os edís lamentan que o alcalde incumpra os estatutos do Grupo Municipal, pois leva moios meses sen convocar unha asemblea, e aínda así manteña o apoio provincial.
Novas da crise do #PSOEPonteceso
- Decembro 2021: A Executiva Provincial Socialista ratifica ao alcalde de Ponteceso cunha visita institucional.
- 07-12-2020: Os edís pontecesáns volven pedir a intervención da Provincial Socialista ante as faltas de respecto de Carballido.
- 30-11-2020: Ex concelleiras socialistas de Ponteceso lembran a Lage Tuñas que sabe da “esperpéntica” situación municipal dende 2018.
- 27-11-2020: Novo pleno tenso en Ponteceso: O alcalde expulsou a 4 edís.
- 25-11-2020: Para que son os 300.000€ de recoñemento extraxudicial que quere volver aprobar Carballido?.
- 07-11-2020: Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas.
- 05-11-2020: Ana Pérez Imia: "Ponteceso non merece a un ditador como alcalde”.
- 29-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.
- 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura.
- 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde.
- 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno.
- 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita.
- 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura.
- 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello “á ruína”.
- 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional”.
- 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza”.
- 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios”.
- 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: “O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada”.
- 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso.
- 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto.
- 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso.
- 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado “unilateralmente” polo alcalde por “opinar priorizando o interese dos veciñ@s”.
- 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde”.
- 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación.
- 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde
- 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.