Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Fisober xa superou os puntos da temporada pasada

O Fisober xa superou os puntos da temporada pasada
Un dos choques do Fisober

Vibrante e interesante partido o que se disputou o sábado en Vimianzo o Fisober da 2ª Estatal cun bo ambiente de público e cunha animosa grada. Cabe destacar que tanto en Vimianzo coma na primeira volta en Tudela foron dous partidos moi vistosos, disputados e animados dos que crean afección polo fútbol sala feminino. Desta volta, a vitoria foi para as costeiras, que se mantén na metade da táboa, na 6ª posición abrindo un oco coas 7ª, con 20 puntos, superando xa os 17 acadados na tempada pasada.

Partido moi emocionante o vivido na tarde do sábado no municipal de Santa Irene de Porto do Son entre o Portosín e o Ponteceso FSF, xa que se enfrontaban dous equipos que aspiran a facer cousas importantes nesta liga. As de Barca e Curro acadaban unha vitoria que as afianza na 6ª praza pero aínda lonxe das de arriba. Cabe destacar esta victoria polo gran encontro que fixeron, xa que acudian en cadro ó encontro polas numerosas baixas ante un Portosín que só perdera dous encontros no que vai de liga.

Pola súa banda, puña fin a súa xeira de malos resultados o filial do Fisober acadando a primeira vitoria do ano, pechando así unha excelente fin de semana para o clube con vitorias en Nacional e Provincial. O Fisober B gañaba pola mínima ao A Baña e suma 15 puntos na 9ª posición, pero con distancia coas 3 de abaixo.

Ademais, tamén na Provincial, o Villa de Cee perdía ante o BeArt Coruña por 3-1, rompendo así unha gran xeira de resultados das de Calabanda. Ademais, a nota máis negativa foi a lesión da súa capitana Adriana, a cal estará fora dos campos máis menos uns 15 días. As ceenses quedan 7ª con 18 puntos, a 7 das pontecesanas

2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – RIBERA NAVARRA (4-2)
  • FISOBER: Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Noelia, Myrella e Nuria.
  • Goles: 0-1 Ana Saso, 1-1 Patri , (descanso), 2-1 Nuria, 3-1 Nuria, 4-1 Noelia, 4-2 Ana Saso.

Arrancou moi ben o Fisober que xa dende os primeiros minutos se fixo dono do partido. Ós tres minutos chegou a mellor ocasión local cun lanzamento de Ana que petou no pau. Locais e visitantes, moi intensas ambas, ofrecían un bonito espectáculo o público asistente o partido. Mediada esta primeira metade chegaban moi boas ocasións para Raquel e Noelia que non foron quen de abrir o marcador.
As navarras aguantaban o empuxe local. Os equipos non querían cometer erros que os puideran condenar máis adiante e así pasaban os minutos. Ata que no minuto catorce unha desafortunada xogada con lanzamento da visitante Ana Saso pegaba nunha xogadora local para facer o cero a un no marcador. E pouco despois a visitante Ochoa aproveitando o desconcerto local tralo gol a piques estivo de marcar o segundo.
Superado o mazazo do gol as locais voltaron o seu, e unha gran combinación do equipo rematou con gol de Patri a pracer para igualar o tanteador. E aínda puideron irse con vantaxe o tempo de lecer as da Costa pero non aproveitaron un libre indirecto o seu favor.

A saída dos vestiarios das locais foi incluso mellor que na primeira metade. Iso si as navarras tiveron unha boa ocasión a balón parado o pouco do inicio. Con esa excepción chegaron os mellores momentos das da Costa.
Ocasión de Myrella os tres minutos desta segunda metade. E no catro despois dunha gran xogada colectiva do Fisober o balón rematou nos pes de Myrella que enviou o seu lanzamento o pau e no rexeite a máis lista foi Nuria que fixo o dous a un para as locais.
Só dous minutos despois de novo Nuria aproveitaba un balón en longo e picando o balón superaba por arriba a porteira visitante para o tres a un. Puideron entrar de novo no partido as visitantes que gozaron dunha dobre ocasión que primeiro Eva e logo a trabe desbarataron. E pouco despois case como resposta a isto foi unha contra que finalizou Noelia para poñer o catro a un a doce para o fin.
As visitantes decidiron arriscar os últimos nove minutos co ataque de cinco. Unha situación ante a cal as da Costa normalmente se atopan cómodas. De feito non pasaron excesivos apuros iso si o partido cambiou o ritmo. O dominio pasou a ser visitante aínda que non chegaron con excesiva claridade ante a boa defensa e colocación das da Costa. Poucas ocasións para as navarras e algún lanzamento longo tras recuperación das locais que non acadou o obxectivo do gol.
Así pasaron os minutos ata que a tres para o fin de novo un lanzamento de Ana Saso pegaba nunha xogadora local para facer o catro a dous, non está a ter sorte cos rexeites o Fisober.
Apretábase o marcador, pero o Fisober resolveu ben estes minutos finais moi concentrado e cando roubaba tentaron ter posesión para que pasara o tempo e así foi. Algunha ocasión para ambos lados pero o partido non trocou.
A dous segundos para o fin disfrutaron as visitantes dun dobre penalti que atallou Eva, chegándose co catro a dous a fin do partido.

Liga Provincial, xornada 14

  • Resultado: Portosín - Concello de Ponteceso FSF (2-3)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Zeltia e Laura.
  • Goles: 0-1.- Carmen; 1-1.- Xulia; 2-1.- Xulia; 2-2.- Carmen; 2-3.- Martina.

Empezaron moi fortes as locais cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado e só podían facer dano nalgunha contra. A pesar disto, as rapazas de Barca e Curro non lle perderon a cara ó partido e seguiron a facer o seu xogo combinativo e, gracias a unha boa xogada trenzada polas súas integrantes, Martina conseguía rematar no segundo pao, no que a porteira desviou e fixo que Carmen quedara soa e rematara a pracer ó fondo da portería, conseguindo para as visitantes o primeiro gol da tarde.

Isto fixo reaccionar ás locais que empezaron a crear certo perigo ante unha acertada Salomé na portería visitante, que solventou sen moito problema esas ocasións. O partido seguía nun toma e daca e a falta de 3 minutos para rematar a primeira metade, cunha falta a un par de metros da área das pontecesanas, as locais conseguían facer o empate despois de que o esférico fose rexeitado pola barreira e colándose entre as pernas de Salomé.
Para colmo das pondalianas, a falta de 20 segundos para o descanso, cometían a sexta falta e isto fixo que as locais conseguirar ir para os vestiarios con 2 a 1 no marcador gracias a un dobre penalti ben executado.

A segunda metade é digna de admirar polo esforzo das da terra de Pondal, xa que pese ó mazazo dos últimos minutos da primeira parte, saíron moi motivadas e metidas no encontro.
Comezou dominando o Ponteceso con boas xogada e con moito perigo para a porteira local, e desta vez as que non conseguian saír co balón xogado eran de Porto do Son. Froito disto, Martina de novo conseguía darlle unha boa asistencia a Carmen para que esta puxera outra vez as táboas no luminoso nun tiro cruzado raso no que a porteira apenas puido facer nada. A partir de aquí o partido enloqueceu con ocasións para os dous conxuntos, pero o que conseguiu dar a machada foron as pontecesanas nunha boa xogada individual de Martina, que levaba a delicia ó vestiario visitante.
A remontada das pontecesanas puso en xaque ás locais que, a falta de 9 minutos para o remate, puxéronse a xogar de 5 metendo á porteira xogadora. Gracias á gran labor defensiva das pondalianas, que fixeron un muro diante da súa portería, as locais vían como o tempo transcurría e os froitos non chegaban e, a falta de 1 minuto para o remate, a piques estiveron de poñer de novo o empate no marcador, pero o balón dou no polo largueiro, que desta vez axudou á xusta vitoria das pontecesanas.

Liga Provincial, xornada 14

  • Resultado: BeART CORUÑA - VILLA DE CEE (3-1).
  • VILLA DE CEE: Belén, Sandra, Marta, Claudia, Adriana, Andrea (1), María, Tati e Alba.

Comenzou o partido con dominio do Beart 5 Coruña F.S., conseguindo marcar moi pronto o primer gol, pero aínda así as rapazas de Calabanda, sin estar a facer un bo partido amosaban que podían marcar en calqueira momento, o cal conseguirón por medio de Andrea Romero, pero seguían a mostrase dudosas no seu xogo con algúns fallos en defensa e sen chegar con claridade a porta contraria, todo isto fixo que rematasen a primeira parte cun 2-1.

Na segunda parte repitese o guión da primeira, o Beart 5 Coruña FS, da mostras de ser un pouco máis superior no seu xogo, e consegue trasformar o definitivo 3-1, co cal xa non se movería o marcador ata final do partido. Consta decir que as rapazas do FSF Villa de Cee non deixaron de intentalo, máis vironse superadas por un bo equipo moi ordenado.

As Estrelas nesta semana tócanlle a: 3 a Andrea Romero, a cal segue marcando partido a partido, 2 a Alba a cal partido a partido está a desmotrar o seu mando en defensa, e 1 Estrela a Sandra pois segue a ser a xogadora universal, tanto en defensa coma en ataque que todo equipo necesita.

Liga Provincial, xornada 14

  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. - A BAÑA (1-0).
  • FISOBER B: Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra e Natalia.
  • Gol: 1-0 Noelia.

Nun partido na que as novas xogadoras locais se mostraron de novo moi ansiosas na busca da vitoria na que tiveron ocasións para sentenciar moito antes pero remataron sufrindo. A ver si con esta vitoria conseguen un pouso de tranquilidade para vindeiros partidos.
Arrincaron co dominio do xogo as locais e sen pasar apuros en defensa. Chegaban con certa solvencia o feudo rival pero non poñían en demasiados apuros a Eva, a non ser con algún que outro lanzamento lonxano.
O filial do Fisober tiña o control do partido e gozou da máis clara oportunidade por mediación de Laura quen en boca de gol vío como unha xogadora visitante salvaba na raia. Os últimos metros están a ser unha tortura para o filial.
Nunha das poucas ocasións visitantes nesta primeira metade desta vez era a local Andrea a que salvaba o gol visitante despois dunha moi clara oportunidade.
E cando parecía que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer , nos últimos segundos da primeira metade despois dun saque de banda Paula Fandiño foi a máis lista sacou rápido collendo desprevidas as visitantes e logrando Noelia o gol a pracer.
Este gol deulle algo de confianza o filial do Fisober que na segunda metade tivo algo máis de pausa e chegou con máis claridade ante Eva. As visitantes tamén decidiron arriscar un pouco máis. Chegaban ocasións para as da Costa coma un lanzamento o pau de Paula Fandiño e outras moi claras por parte de Tamara, Noelia, Andrea e a mesma Paula Fandiño, pero o segundo gol que pechara o partido non daba chegado. As visitantes chegaban nalgunha contra perigosa como unha que finalizou a pequena Nerea.

As locais seguían sen ser quen de superar a Eva e polo tanto non daban pechado o partido co cal os últimos minutos foron un ida e volta continuo cas da Costa na busca do segundo e as do Val da Barcala na busca da igualada. As visitantes nestes últimos minutos reclamaron un posible penalti e na última xogada do partido tiveron unha dobre ocasión que desbaratou Anabel.
Destacar a volta de María Maroñas a Vimianzo desta vez ca camisola de A Baña e a lesión da local Tamara nun xeonllo que esperamos se quede nun susto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios