Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Xornada sen derrotas para o fútbol sala feminino costeiro

Xornada sen derrotas para o fútbol sala feminino costeiro
Familia do Fisober

Sumou este sábado o Fisober a terceira vitoria consecutiva algo que nunca sucedera nesta categoría i é que Castro Urdiales sempre será especial para o clube xa que alí en Novembro do 2012 acadaran a súa primeira vitoria en Segunda División Nacional.
O equipo de Provincial do Fisober non quixo ser menos que o de Nacional e logrou unha vitoria de prestixio a domicilio, ante o Grupo Work un dos equipos revelación da tempada, tamén cheo de xuventude o igual co filial do Fisober , as coruñesas que practican un gran fútbol sala.

Tamén en Provincial, partido emocionante o vivido a tarde do sábado en Corme, no que as pontecesanas se enfrontaban ás segundas clasificadas da Liga. Un empate que deixa aos pontecesánas na metade da táboa.
Pola súa banda, o Villa de Cee acadaban un empate ante as Espartanas, tamén ante un rival moi parello.

2ª División Estatal

O mister do Fisober Fran Toba
  • Resultado: FLAVIÓBRIGA – FISOBER F.S.F. (1-3).
  • FISOBER: Eva, Patri, Ana, Noelia e Raquel; tamén xogaron: Elsa, Nuria e Myrella.
  • Goles: 0-0 o descanso; 0-1 Patri, 0-2 Nuria, 0-3 Raquel, 1-3 Cynthia.
O partido fronte o último clasificado foi un monólogo visitante que non acabou en goleada grazas a unha actuación extraordinaria da porteira local Claudia que parou todo o posible e moito do imposible chegando a desesperar as xogadoras da Costa. Dende o primeiro segundo as locais decidiron esperar en media pista, pechadas atrás confiando na súa porteira e buscando algunha contra si era posible . As visitantes que arrancaron algo imprecisas e aletargadas dominaban o xogo con tranquilidade. E comezaron a chegar as oportunidades, unha tras outra, de todo tipo: de lonxe, de preto, dun lado , do outro, no segundo pau, despois de rexeite… e todas acababan con parada de Claudia en un ou dous tempos. Todas e cada unha das xogadoras do Fisober gozaron de unha ou varias oportunidades pero sempre aparecía Claudia para desbaratalas e cando non foi así, apareceu o pau coma en dous lanzamentos de Noelia. De maneira incrible e sobrenatural o partido chegaba con igualada a cero o tempo de lecer ante a soberbia actuación da porteira local. E a segunda metade arrancaba da mesma maneira con Claudia sacándolle un balón incrible, case imposible a Elsa. Xa era un pesadelo e nin Nuria nin novamente Elsa foron quen de batila. Pero despois de 24 minutos de asedio por fin sucedeu, foi Patri a que puxo fin as pantasmas e marcou o cero a un. Abríase a lata e tres minutos despois era Nuria quen de lanzamento de falta marcaba o cero a dous. Raquel a nove para o fin remataba para o cero a tres e deulle tranquilidade as visitantes. Aínda que solo un minuto despois nun rexeite tras un saque de esquina Cynthia puxo o un a tres que xa foi definitivo. A partires de aquí o Fisober decidiu controlar máis o partido para non pasar apuros e deixar pasar os minutos. Aínda que gozou de algunha que outra ocasión o resultado xa non se moveu. A vindeira semana a liga para polos compromisos das seleccións autonómicas e o día 15 chegará a Vimianzo o líder invicto Bilbo.

Liga Provincial, xornada 16

Sandra, do Ponteceso FSF, presionando a rival baixo a atenta mirada de Salome
  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - A Fervenza FSF “B” (3-3)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen – tamén xogaron – Sandra; Zeltia e Bea.
  • Goles: 0-1.- Zeltia; 1-1.- Natalia 2-1.- Carla; 3-1.-Carla; 3-2.- Natalia; 3-3.- Andrea R.
Empezaron moi fortes as visitantes, moi metidas no partido e cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado, facendo que tiveran as ocasións máis claras nos primeiros minutos, como un balón ó pao que manda Andrea. Pero co paso dos minutos a intensidade foi disminuíndo, o que dou paso a un maior control do balón das pontecesanas, que xa se iban achegando máis á portería rival. Nunha boa contra tras un roubo de balón de Sandra, Zeltia abria o marcador a favor das locais. Pero este gol, lonxe de conseguir que as ferrolanas se viñeran abaixo, fixo que volverán á presión dos primeiros minutos. Esta presión fixo que lles fose máis fácil roubar o balón en varias ocasións, creando moito perigo na portería pontecesana con dous disparos ó pao e dous mans a mans que a meta local Salomé consegue salvar con dúas boas actuacións. A pesar destes erros na definición, eran as da Fervenza as que seguían tendo o control do partido e, a 5 minutos do final da primeira metade, vían o seu esforzó recompensado cun gol de Natalia. O empate fixo reaccionar ás xogadoras de Barca e Curro, que nos últimos minutos tiveron un par de oportunidades para volver adiantarse no marcador, con uns tiros de Carla e Ana, e o desta última pasa rozando o pao. Así concluía a primeira metade.
 O segundo período comezou ó contrario do primeiro, coas pondalianas co control do balón e xerando as ocasións de perigo. Ós 5 minutos, Carmen rouba o balón e monta unha contra que ela mesma remata, pero a portería visitante desvía o balón a córner. A intensidade do Ponteceso non disminuía, e no minuto 32, Ana sae co balón xogado e dalle un bo pase a Carla que, tras unha boa xogada individual, anota o segundo tanto volvendo adiantar ó seu equipo no luminoso. As visitantes intentaban chegar á portería defendida por Salomé, pero tan só o lograron mediante un tiro de falta que ataxa sen problemas a porteira pontecesana. Era o equipo local o que aumentaba a vantaxe no marcador na seguinte xogada, cun pase de Zeltia e Carla e esta fixo que o balón traspasase a meta visitante por terceira vez. Quedaban 10 minutos para o remate do encontro e as ferrolanas volveron subir a presión e, nun saque de banda que lle correspondía ás locais, as da Fervenza con picardía sacaron sen que ninguén o impedise e no tiro, Natalia acortaba distancias co 3-2. Esto enfadou ás pondalianas, que non vían xusto que ese gol fose dado por válido, pero non puideron facer nada. O acoso das da Fervenza contra a portería local non cesaba, lanzando incluso outro balón ó pao. E a falta de 2 minutos para a conclusión do partido, Andrea poñía o 3-3 final cun tiro desde fóra da área. Pero ainda tiveron unha oportunidade máis as pontecesanas para gañar o partido, pero o tiro de Carla a falta de 20 segundos para o final foi despexado pola porteira visitante. O partido deixou ó Ponteceso FSF cun sabor agridoce, posto que estiveron moi cerca de conseguir a vitoria. Pero o esforzo mostrado valiu para acadar un punto contra as segundas clasificadas, punto que acerca ás pondalianas un pouco máis ás cuartas e quintas clasificadas.

Liga Provincial, xornada 16

Fisober B co Grupo Work-Foto-Grupo Work
  • Resultado: GRUPO WORK – FISOBER “B” F.S.F. (1-3).
  • FISOBER B: Marta, Paula Fandiño, Inés, Laura e Noelia ; tamén xogaron : Natalia, Alejandra e Andrea.
  • Goles 1-0 Patri (descanso), 1-1 Inés, 1-2 Inés, 1-3 Paula Fandiño.
Conseguían así a súa segunda vitoria consecutiva, no día no que as baixas na portería provocaron un novo debut en Provincial, algo que sempre enche de ledicia o clube, desta vez tocoulle a porteira infantil Marta que tivo unha boa actuación e complementou o extraordinario traballo de todas as súas compañeiras. A primeira metade foi un continuo ida e volta para os dous equipos, con ocasións tanto para locais coma para as visitantes. Cando se chegaba os últimos minutos desta primeira metade un erro visitante era aproveitado pola local Patri para poñer o un a cero co que se chegaba o tempo de lecer. Saíron moi ben as da Costa na segunda metade e o pouco do inicio Inés aproveitaba un rexeite da porteira local para igualar o partido. O encontro continuou co mesmo guión con dous equipos na busca da vitoria e con ocasións para ambos equipos. Pero foron as visitantes as que se adiantaron cando de novo Inés aproveitaba un balón elevado para marcar coa cabeza o un a dous ante a saída da porteira. Nestes momentos chegou o protagonismo da debutante Marta que cunhas boas intervencións mantivo o seu equipo en vantaxe no electrónico. Para os últimos minutos optaron as locais polo xogo de cinco na busca de igualar o tanteador, pero o bo traballo defensivo e a concentración visitante non daba opción. Chegando o final un roubo permitiu que Paula Fandiño lanzase dende campo propio para poñer o un a tres definitivo. Intentaron as locais sen descanso marcar e reducir distancias ata o fin pero xa non foron quen de logralo. Gran vitoria para as da Costa que conseguían rachar o maleficio no Novo Mesoiro no que nunca un equipo base do Fisober fora quen de puntuar.

Liga Provincial, xornada 16

  • Resultado: F.S.F. Villa de Cee - Espartanas F.S. (2-2).
  • Villa de Cee: Belén, Ana (1), Sandra, Marta, Claudia, Serena, Raquel (1), Andrea, Bea, María, Carla e Alba.

Xogouse este partido entre dous equipos moi igualados na clasificación, o cal acabouse demostrando tamen no resultado, onde o protagonista do partido foi o arbitro querendo en todo momento ser o artista principal do partido, empezando por anular a metade das gradas do pavillón onde non permitiu público sendo a primeira vez que isto pasa en Cee, e con indecisións nos saques de banda, con aplicacion das tarxetas sen sentido algún e castigando a un FSF Vila de Cee.

Comenzou a primeira parte onde enseguida nunha xogada aillada marcou o Espartanas FS, esto provocou un pocuco o desconcerto das rapazas de Calabanda, onde en toda a primeira parte non foron capaces de empatalo partido, pareciu en todo momento que o que máis tiña o balón era o FSF Vila de Cee, pero sen xerar realmente perigo, pois o contrario mostrabase moi forte defensivamente.

Na segunda parte o traballo de Calabanda no vestuario, fixo que salisen a por todas, co cal conseguiron empatar de seguida por obra de Ana Trinidad, non obstante eran continuamente freadas por un arbitraxe o cal non facía máis que pitarlle faltas. Mais as de Calabanda seguían a atacar e os 15 minutos adiantase no marcador cun gol de Andrea Romero. En ningún momento as Espartanas derón sensación de poder voltear o resultado, ata que o Sr. Arbritro buscou a 5ª falta do FsF do Vila de Cee, falta que so el viu, e pitolulle un doble penalti, o cal supuso o gol das Espartanas e o empate definitivo.

Nesta semana as 3 estrelas para Alba Trillo, toda unha exibición na defensa, a cal colleu o mando da mesma o faltar a capitana Adriana; 2 estrelas para Ana Trinidad, por a loita que tivo ca defensa das Espartanas e 1 estrela para Andrea Romero .

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios