Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Aquacénit deixa escapar o liderato

O Aquacénit deixa escapar o liderato
Xogadores do Concello de Zas Aquacenit

Gran sorpresa a do pasado sábado en Zas, pois o Concello de Zas Aquacenit perdía o seu encontro ante un equipo que viña en plan vítima, pero que foi medrando e crendo nas súas posibilidades conforme discurrían os partidos. E finalmente levou o encontro ante a sorpresa de propios e extraños. Así o Concello de Zas Aquacenit perde o liderato do seu grupo, pasando este a Breogán Oleiros "C".

No resto dos encontros os resultados podemos consideralos normais, aínda que en 3ª Nacional foi demasiado abultada a derrota do Anorthosis que mereceu algo máis que ese 0-7 en contra. Un Anorthosis que está 8º e non se pode despistar pois está só 2 puntos por riba do descenso.

Ademais, na 2ª Galega os nosos colleitaron unha vitoria, a do Concello de Zas O Pinar, iso si, no derbi co Construcciones Cernadas.

En canto a concentración feminina as de Zas non foron capaces de gañar un partido, pero nestas concentracións o importante e competición entre as nenas que estan empezando neste deporte e que se divirtan ao máximo. "Como así fixeron", apunta o mestre Estevo Lema.

3ª Nacional Masculina

  • Anorthosis Vimianzo - Conxo TM 0-7 (4-21)

1ª División Galega

  • Concello de Zas Aquacenit - Conxo Ponte de Ferro 3-4 (15-15)
  • Concello de Zas O Gaiteiro - Conxo Ponte de Ferro 0-7 (1 -21)

2ª División Galega

  • Construcciones Cernadas - Concello de Zas O Pinar 0-7 (1-21)

2ª Nacional Feminina

  • Aluminios Xeal - Cambados TM (0-3)
  • Aluminios Xeal - Monte Porreiro "A" (1-3)
  • Aluminios Xeal - Monte Porreiro "B" (0-3)

Vindeira xornada

  • Venres 31 de xaneiro, ás 19:00h no ximnasio do CPI de Zas:
    - Concello de Zas Aquacenit - Concello de Zas O Gaiteiro.
  • Sábado 1 de Febreiro en Ribadeo ás 17:00h no FEGA:
    - Ribadeo - Anorthosis Vimianzo.
    - En Noia ás 16:00h: Liceo Noia E - Construcciones Cernadas.
    - Ás 18: 00 h. Liceo Noia D - Construcciones Cernadas.
    - En Zas ás 18:00h: Concello de Zas O PInar - Arteal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios