Hoxe, mentres nos centros de saúde do país comezaba a vacinación da poboación xeral maior de 80 anos, o Comité Clínico da Xunta mantiña unha nova reunión, trala cal o presidente da Xunta ofrecía unha esperada rolda de prensa.
Feijoo comezou repasando a situación sanitaria, dando conta da boa, pero non suficiente, evolución, que Galicia está por debaixo dos 250 casos por cada 50.000 habitantes. Nese contexto, e recoñecendo que as restricións e medidas impostas si que foron efectivas, sinalou que “estamos a avanzar ca desescalada coa intención de non volver atrás, pero se temos que volver atrás, farémolo”.
”Será unha reapertura gradual e progresiva, en función da situación sanitaria de cada concello, en 3 eidos: apertura da hostalería, mobilidade intermunicipal e reunións de non convivintes”. Volve a formación presencial nas universidades. No eido comercial en toda Galicia poderán abrir os centros comerciais as fins de semana.
3 niveis
Feijoo pon Galicia en 3 niveis segundo a incidencia acumulada municipal, quedando a área sanitaria da Coruña-Cee encadrada no nivel medio e a de Santiago no nivel baixo, sempre en función das cifras da taxa de incidencia acumulada:
- Nivel máximo de restricións (Concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes): Carballo, Corcubión, Malpica, Ponteceso. Mantéñense as actuais restricións, coa hostalería pechada, sen reunións de non convivintes; e non se permitirá a mobilidade fóra do concello.
- Nivel medio (Concellos entre 500 e 250 casos por cada 100.000 habitantes): Cabana, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas. A hostalería abrirá a partir do venres, pero só terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítense reunions de ata 4 persoas non convivites; e permítese a mobilidade intermunicipal só entre concellos coa mesma incidencia.
- Nivel baixo (Concellos cunha incidencia inferior a 250 por cada 100.000 habitantes, que non sexan da área sanitaria da Coruña, Ferrol ou Pontevedra): Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba: abre a hostalería con limitación interior de 30% e terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítese a mobilidade co mesmo nivel e mesa área sanitaria. E poderán abrir as instalacións deportivas, como piscinas ou ximnasios.
Mobilidade dentro da área sanitaria
A mobilidade permítese entre concellos da mesma área sanitaria e mesmo nivel de restricións, quedando os 4 concellos de nivel máximo con peche perimetral municipal.
É dicir, un veciño de Mazaricos pode ir a Santiago, ou Santa Comba, Carnota e Muros, pero non a Cee, Coruña ou Dumbría.
Un veciño de Cabana, ou Vimianzo, poderá achegarse aos concellos do nivel medio, e mesmo á Coruña, pero non pode ir nin a Carballo, Malpica, Ponteceso, nin tampouco a Santa Comba, Carnota, Muros ou Mazaricos.
Baixada drástica

A tendencia das cifras segue sendo de baixada, cada vez máis patente. Hoxe, nos 19 #ConcellosQPC, son un total de 415 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, 116 casos menos que o pasado venres, e 343 casos menos que hai dúas semanas (e lonxe do pico de 1081 rexistrado o 28 de xaneiro).
Todos os Concellos, agás Muxía e Corcubión, ver descender a taxa de incidencia acumulada, facendo que ronde xa os 300 novos casos por cada 100.000 habitantes (90 puntos menos que o pasado venres moi lonxe dos 824 do pico).
Levamos ademais unha semana sen falecementos, e só hai 2 ingresados no HVdX.

Centros de ensino
Nos centros de ensino a incidencia tamén baixa. Son 96 casos e 5 aulas pechadas os rexistrados en 25 centros de ensino, o que supón a metade de centros afectados de hai un mes.
Se ben o CEIP Eduardo Pondal é o que máis sofre dende a semana pasada (con 12 casos e 3 aulas confinadas), segue sendo Carballo o concello con máis centros afectados, 10 segundo a Plataforma EDUCOVID do Sergas.
Libéranse os centros de Cabana, Fisterra, Corcubión, Camariñas, Dumbría, Mazaricos e Santa Comba.
Concello |
Centro |
Total
Positivos |
Aulas
Pechadas |
CARNOTA |
IES Lamas do Castelo |
1 |
0 |
CARBALLO |
CEIP Gándara-Sofán |
4 |
0 |
CARBALLO |
IES Alfredo Brañas |
3 |
0 |
CARBALLO |
CPR Artai |
1 |
0 |
CARBALLO |
CEIP Bergantiños |
6 |
1 |
CARBALLO |
CEIP Fogar |
5 |
0 |
CARBALLO |
IES Monte Neme |
6 |
0 |
CARBALLO |
CEIP Netoma-Razo |
1 |
0 |
CARBALLO |
IES Parga Pondal |
9 |
0 |
CARBALLO |
CRA Ponte da Pedra |
2 |
0 |
CARBALLO |
CEIP Plurilingüe A Cristina |
3 |
1 |
CEE |
CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo |
7 |
0 |
CEE |
IES Fernando Blanco |
3 |
0 |
CEE |
IES Agra Raices |
1 |
0 |
CORISTANCO |
EFAG Fonteboa |
5 |
0 |
LAXE |
CEIP de Torrexallóns |
1 |
0 |
LARACHA |
CEIP Ramón Otero Pedrayo |
11 |
0 |
LARACHA |
ES Agra de Leborís |
4 |
0 |
MALPICA |
CEIP Milladoiro |
1 |
0 |
MUROS |
IES Plurilingüe Fontexería |
1 |
0 |
MUXÍA |
CEIP Os Muíños |
3 |
0 |
PONTECESO |
IES Eduardo Pondal |
2 |
0 |
PONTECESO |
CEIP Eduardo Pondal |
12 |
3 |
VIMIANZO |
CEIP Plurilingüe San Vicenzo |
1 |
0 |
VIMIANZO |
IES Terra de Soneira |
1 |
0 |
ZAS |
CPI de Zas |
2 |
0 |
TOTAL |
25 |
96 |
5 |
- 19-01-2021: Comeza, pola “h”, a vacinación [email protected] maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca.
- 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo.
- 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada.
- 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, “os máis altos” dos feitos pola Área Sanitaria.
- 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% [email protected] [email protected] .
- 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: “Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”.
- 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais
- 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha.
- 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo .
- 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada.
- 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado.
- 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha.
- 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva
- 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo.
- 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís.
- 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas.
- 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca.
- 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco
- 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino.
- 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións.
- 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi.
- 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo.
- 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs.
- 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
Artigos relacionados