Unha camisola branquiazul e moita ilusión contra a Leucemia


Fermoso o momento que vivíu onte Adrián Antelo Villar. Un rapaz de 11 anos, natural de Malpica, ao que te lle tocou a desgraza de padecer leucemia. Pasa longas temporadas no Hospital coruñés e unha das súas ilusións era coñecer a un porteiro do RCD Deportivo de la Coruña.
Unha pequena alegría a que lle brindou onte Fabricio, xusto no Día Mundial contra o Cancro, que se achegou ao centro hospitalario para darlle moitos ánimos, ademais de unha camisola e unhas luvas de porteiro asinadas.
Foi o ex porteiro de Buño, Cerqueda, Coristanco… Fredi Cañizo, quen se puxo en contacto co noso Alberto Pose. Deu co home axeitado, o “home dos contactos”. Fredi é irmán do concelleiro Alfredo Cañizo que tamén se achegou ao Hospital para disfrutar do momento dos seus veciños.
Clave foi a boa disposición do club branquiazul, dende July, o enlace, ata o delegado Barros e o director deportivo Fernando Vidal, que tamén se quixeron achegar ao Hospital.
E como non, Fabricio, o meta branquiazul, xa un ídolo para toda a parroquia herculina despois desta gran campaña que está a realizar. Dende onte, aparecerá nos soños dun cativo máis.

Máis novas branquiazuis
- 2 das 5 peñas deportivistas máis antigas son de Bergantiños.
- A galería das bancadas costeiras en Riazor.
- A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul.
- As peñas futboleiras seguen medrando na Costa da Morte.
- 20 peñas farán branquiazul a Costa da Morte no 2014.
- Verdillo tamén é branquiazul.
- Castriz é branquiazul.
- Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez.
- A maxia de Valerón pisou o Conco.
- Alex Bergantiños vestiuse de branquiazul… en Baio.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- O Pindo tinguiuse de branquiazul.
- O Deportivo únenos polas onda.
Novas relacionadas
- A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).