xoves. 08.05.2025
El tiempo

Arrincou a campaña electoral, non sen as primeiras polémicas

Arrincou a campaña electoral, non sen as primeiras polémicas
Arrincou a Campana antes de tempo en Carballo

Por fin, xa estamos en campaña. Despois do completo de todas as listas, concello a concello, toca dar o último empurón para animarmos a ir ás urnas. Aínda con tempo ata para votar por correo, afrontamos unha campaña que parece máis tranquila por uns lados ou por outros.

Por exemplo, por Carballo, os partidos tiñan tantas gañas que ata se adiantaban á hora de comezo da campaña, e xa pola tarde había carteis, de varias forzas políticas, polas parroquias e mesmo polo centro da vila. Algúns, ademais, pedindo o voto expresamente, algo que solventaron ao longo da tarde cun pequeno carteliño por riba.

No resto de concellos puidemos ver a moitos grupos facendo a tradicional pegada dos grupos municipais, que a partir das 0:00h saíron á rúa a facer a pegada de carteis.

Empezan ademais os actos, pero o que si notamos é que as redes sociais ferven. Xa se van decatanto da importancia da internet, e se ben uns o fan peor que outros, a meirande parte xa ten o seu perfil de facebook activo, alomenos, estes días.

Eleccións #24M Concello a Concello

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios