mércores. 30.04.2025
El tiempo

Aínda estás a tempo para votar por correo nas Eleccións Municipais do #24M

Aínda estás a tempo para votar por correo nas Eleccións Municipais do #24M
Voto por Correo

Son moitos os veciños empadroados nos concellos da Costa da Morte que non poderán achegarse pola súa terra o 24 de maio. Pero iso non significa que non poidan votar, pois podes facelo por correo e dun xeito bastante sinxelo.

Tes ata o xoves 14 de maio para solicitar o voto por correo. E só tes que ir a calquera oficina de Correos co teu Documento de Identidade e cobre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. Antes do 17 de maio deberás ter recibido no enderezo que solicitaches toda a documentación para poder votar:

  • Certificado de inscrición.
  • Papeletas das candidaturas que se presentan en cada concello.
  • Sobre electoral.
  • Enderezo da mesa onde che corresponde votar.
  • Folla explicativa do proceso.

Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, péchao ben e logo méteo noutro sobre diferente co enderezo da túa mesa electoral xunto co certificado de inscrición no censo.

Tes como data límite ata o 20 de maio podes enviala por correo certificado e urxente.

Outros detalles

  • Unha vez completado o proceso de voto por correo, xa non será posíbel votar personalmente na túa mesa electoral o 24 de maio.
  • Para que a túa papeleta sexa válida, deberás ter dereito a sufraxio activo o propio día da votación. Calquera circunstancia que che limite o dereito a voto o 24 de maio invalidará a túa participación, aínda que si o tiveses no momento de exercer o voto por correo.
  • As persoas impedidas para acudir a votar ou facelo por correo poderán facelo mediante un certificado médico oficial no que se constate o motivo, e un poder notarial no que se designe unha persoa representante. Ambos documentos son de balde. A persoa representante pode solicitar o voto por correo dunha soa persoa impedida, e debe ser esta quen reciba a documentación no seu domicilio. A partir deste momento, a persoa representante continuará co procedemento do xeito normal.

Eleccións #24M Concello a Concello

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios