Novas presentacións electorais por Ponteceso, Malpica e Vimianzo

Seguen tendo lugar estas fins de semana as presentacións das Listas Electorais de cara ao 24 de maio. E mentres nós imos recollendo, concello a concello, todos os nomes, achegamos aquí tamén varias presentacións. Estes días, houbo doble cita en Vimianzo, pero tamén por Malpica e por Ponteceso.
Dúas presentacións en Vimianzo

Precisamente da mesma semente saen estas dúas propostas electorais que vían a luz esta fin de semana na capital de Soneira. O PSdG e Terra Galega presentaban as súas listas estas pasadas fins de semana, sendo o voceiro de TEGA ex membro do PSdG.
Comezamos, en todo caso, pola presentación da lista do PSdG, que estrea candidata, Paula Mouzo. “Non queremos limitarnos a criticar o mal que están as cousas senón que os seus membros están dispostos a renunciar a moitas cousas moito por construír un futuro mellor para o conxunto da Vimianzo e da Costa da Morte”, apunta en positivo a candidata socialista.
Asegura contar cun equipo novo, ”que se compromete a traballar para que Vimianzo recupere o liderazgo comarcal que nunca debeu perder”. I é que do equipo que lidera para gañar as eleccións do 24 de maio, Paula Mouzo destacou que foron escollidos “non porque sexan os mellores, que tamén, senón porque son os máis comprometidos e non queren limitarse a criticar o mal que están as cousas senón que están dispostos a renunciar a moito por construír un futuro mellor para vós”. Esta misión, apuntou, “non é unha utopía. É unha aposta polo sentido común e pola razón. É unha aposta polo futuro e por devolverlle ó noso Val de Soneira a centralidade comarcal que historicamente desempeñou”.
Durante o seu discurso, a candidata socialista fixo fincapé en que “debemos liderar e fomentar proxectos mancomunados que, sempre en colaboración e en consenso co resto de concellos veciños, atopemos solucións a problemas comúns: saneamento, recollida de lixo, transporte público, dotación de equipamentos sociais, política de comunicacións, política industrial e de emprego e o remate da autovía, sen esquecer os accesos o noso pobo, etc. etc.”.
A candidatura liderada por Paula Mouzo está formada por: Paula Mouzo Maceiras, José María Rocha Rodriguez, Jose Antonio Miñones Riveiro, María Magdalena Rial Souto, Manuel Martinez Romero, Laura Canosa Cambeiro, Manuel Oanes Méndez, Adriana Lema Pérez, José Cernadas Blanco, Ana Trillo Cibrán, Juan Francisco Mouzo Gonzalez, Mónica Castiñeira Moledo, Sergio Manuel Parga Blanco, Ana Isabel Regueira Rial, Julio Lema Miñones e José Manuel Lema Miñones.
TEGA toma o relevo
E será Jose Manuel Rodriguez Blanco, Roque, concelleiro polo PSdG ata a súa expulsión despois da fallida moción de censura, o candidato polo Terra Galega. Precisamente, durante a presentación ante uns 300 veciños, Roque lamentou “o mal que se portara con eles o grupo socialista”, e agora con 8 os ex militantes do PSOE os que forman a lista de TEGA.
En todo caso, aseguraba que ”eu creo que estou preparado para o reto de gobernar Vimianzo, pola miña experiencia tanto no goberno como na oposición”. Roque deixou claro que “non estamos aquí para imponer unha política de pactos”, antes de presentar a súa lista:
- 1- José Manuel Rodríguez Blanco- Baíñas.
- 2- Juan Carlos Seoane Vázquez-Vimianzo.
- 3- Olga Canosa Baña- Carantoña.
- 4- Naiara Alejandro Soneira- Cambeda.
- 5- María Isabel Pose Cancela-Vimianzo.
- 6- Pablo Muiño Ramos-Baíñas.
- 7- Nancy Trillo Novo-Cambeda.
- 8- Estevo Carballo Valiña-Castrelo.
- 9- Jesús Figueiras Pais- Bamiro.
- 10- Lorena Pose García- Pazos-Tines.
- 11- Jesús Castiñeira Suárez- Serramo.
- 12- Valentín Vázquez Soto "Kuin"-Pasarela.
- 13- Mabel Insua López- Baíñas.
O PP de Malpica, á escena

A realidade é que non saíron da escena en todo o curso pois son o alcalde, e o teniente alcalde malpicáns, especialistas en botar fotos como se toda a lexislatura fose unha continua campaña. Pero os resultados aí están e ata 400 veciños se achegaron á presentación no restaurante Esqueiro, de Seaia, da candidatura do PP de cara a este 24M. O alcalde, Eduardo Parga espera “sen máis compromisos que os que temos cos veciños de Malpica”.
Parga aludiu ás dificultades económicas que caracterizaron o mandato que está a piques de rematar, malia as cales o PP de Malpica foi capaz de adoptar as medidas necesarias para reducir a débeda municipal, hoxe case inexistente. “Para nós –dixo- o fundamental é o emprego, conseguir que os nosos veciños e veciñas non teñan que marchar de Malpica para encontrar traballo. E dentro das nosas competencias faremos o posible para conseguilo. Porque ademais sabemos que imos contar co apoio das institucións nas que goberna o Partido Popular: a Deputación, a Xunta e o Estado. E iso é unha garantía”.
Penedo á fronte do BNG de Ponteceso

E tamén tivo lugar estes días a presentación da candidatura de BNG-Asembleas Abertas en Ponteceso, na Casa dos Veciños do Couto, ante máis de medio cento de persoas. Tomou a palabra en primeiro lugar Lucía Vecino, nº 2 da candidatura e Responsable Comarcal de Galiza Nova, que agradeceu o traballo de Manuel Varela (que encabezou a candidatura do BNG nos dous últimos procesos electorais) e das todas as persoas que traballaron na política local de Ponteceso desde o BNG.
Logo falou Rosana Pérez, Deputada do BNG no Congreso, que incidiu na situación económica de Galicia e na necesidade de mudar as políticas, de poñer nas institucións a persoas que crean realmente neste país e que traballan por desenvolver todas as súas potencialidades e potenciar os nosos sectores produtivos para o beneficio dos galegos e galegas, comezando polos propios concellos.
Por último tomou a palabra Carlos Penedo, candidato á alcaldía, que enumerou algunas das liñas mestras do programa co que BNG-Asembleas Abertas se presenta en Ponteceso, e finalmente presentou ás persoas que forman a candidatura.

Eleccións #24M Concello a Concello
- Todas as Listas do #24M.
- CABANA: As listas de Cabana de Bergantiños.
- CAMARIÑAS: As 3 listas de Camariñas.
- CARBALLO: Eleccións #24M: 6 candidaturas ás municipais carballesas.
- CARNOTA: Eleccións #24M: Unhas eleccións carnotás marcadas polos xulgados.
Novas interesantes
- QPC arrinca a campaña informativa das Eleccións Municipais de maio.
- Agora/Ágora, unha proposta anónima de participación cidadá dende a Costa para o mundo electoral.
Novas sobre as Eleccións Municipais
- A Plataforma Son preséntase en Carballo, Malpica e Ponteceso.
- María Pose aspira en Santa Comba a unha maioría absoluta que evite “pactos estranos”.
- O PSOE quedan sen lista en Zas e sen dous alcaldes.
- PP e BNG de Muxía presentan as súas candidaturas para loitar pola alcaldía.
- PP e CxG presenta as súas listas defintivas para Carballo.
- Unión Cidadá presenta a súa lista e lamenta o desdén do resto de partidos.
- O BNG presenta as súas renovadas Candidaturas – Asembleas Abertas en Camariñas, Carballo, Cee e Malpica.
- O PP de Camariñas xa ten cara.
- Abraham Gerpe, de 24 anos, será o novo candidato do PSOE en Coristanco.
- O BNG de Ponteceso tamén escolle ao seu candidato.
- A oposición afía as listas en Coristanco.
- Rojo: “As rifas entre BNG e PSOE provocaron unha gran pobreza en Corcubión”.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
- Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee.
- O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos.
- O PP de Vimianzo xa ten candidata.
- O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco.
- Lois Carballido seguirá sendo mestre de inglés se gaña as eleccións en Ponteceso.
- Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba.
- Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”.
- O BNG carballés buscará a maioría absoluta con 12 concelleiros.
- O PP, o primeiro en amosar todos os candidatos de cara ás Municipais.
- O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio.
- O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán.
- O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista.
- Novos movementos no taboleiro político de Laxe.
- As propostas asemblearias moven ficha.
- A política abre as portas á cidadanía, tamén na Costa da Morte.
- Compromiso por Mazaricos estrearase nas Municipais de maio.
- Movementos no taboleiro político de Mazaricos.
- Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015.
- María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros.
- O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas.
- Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo.
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica.
- Moncho Noceda volve a presentarse como candidato á alcadía de Carnota.
- Evencio Ferrero volverá presentarse como candidato á alcaldía.
- O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais.
- Os PP de Carballo, Camariñas, e Muxía estrean candidato.
- O PP de Dumbría e Muros cambian de cara.
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
- Eleccións Xerais 2011 Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).