COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- Este pasado luns falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos
Comeza o mes de marzo coas mellores cifras nos últimos 4 meses, dende que a finais de novembro a Xunta comezaba a ofrecer datos concello a concello. Este 1 de marzo contabilizamos 202 novos casos nos últimos 14 días en toda a Costa da Morte, o que significa unha taxa acumulada de 154 novos casos por cada 100.000 habitantes, xa no rango que a OMS considera que que a pandemia estaría “controlada”.
A caida de casos, á expensas de ver as repercusións desta nova desescalada, é patente, ata o punto de que 7 concellos (Laxe, Zas, Santa Comba, Corcubión, Fisterra, Muxía e Carnota) non rexistraron ningún novo contaxio nos últimos 7 días.
Só Ponteceso mantense en cifras por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes (estamos pendentes , se ben parece que as cousas se calman en Corcubión.
En todo caso, tamén houbo unha mala nova neste comezo de marzo, pois onte falecía un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (onde por certo, non hai ningún ingresado). Dende o pasado 15 de febreiro non falecía un dos nosos maiores na comarca, dando conta da incidencia da campaña de vacinación nas nosas residencias.
Centros de ensino
As cifras nos centros de ensino tamén marcan mínimos. Só precupa realmente a situación no CEIP Eduardo Pondal, onde se realizaba un cribado esta fin de semana. Á espera dos resultados, o pasado venres había 15 afectados e seguían sendo 3 aulas pechadas, segundo o Sergas.
Carballo segue sendo o concello máis afectado, con 8 dos 18 centros afectados, e case a metade dos 52 casos rexistrados en toda a comarca.
Máis novas sobre o covid
- 24-02-2021: COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada.
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros
- 22-02-2021: COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada .
- 19-01-2021: Comeza, pola “h”, a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca.
- 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo.
- 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada.
- 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, “os máis altos” dos feitos pola Área Sanitaria.
- 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s .
- 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: “Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”.
- 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais
- 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha.
- 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo .
- 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada.
- 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado.
- 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha.
- 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva
- 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo.
- 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís.
- 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas.
- 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca.
- 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco
- 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino.
- 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións.
- 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi.
- 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo.
- 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs.
- 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
Artigos relacionados
- Javier López Moríñigo: O debate do reparto das vacinas contra a COVID-19: unha sociedade enferma?.
- Javier López Moríñigo: Presión hospitalaria: entendendo mellor os datos.
- Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- Abandonado de madrugada ás portas do HVdX sendo positivo.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.
- Un episodio que describe as consecuencias sociais desta pandemia.
- Xabier García Lema: Vakuna Malata.
- Lola Rontano: Vacina Bakunin.
- Alberto Sambade: Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.