Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina

Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina

Coñeciamos hoxe mesmo o nacemento da Asociación Veciñal "Corcoesto si, mina si". A primeira entidade asociativa a favor do polémico proxecto da mina de ouro de Corcoesto, asegura que conta con 2.000 sinaturas a favor da mina, malia que dende as Plataformas contrarias xa opinen que se trata de "manipulación".

O que parece claro é que Corcoesto, Cabana e a Costa da Morte están bastante dividida. A rede, e concretamente os grupos de Facebook a favor e en contra da mina, son un auténtico fervedoiro. Acusacións cruzadas de demagoxia protagonizan os comentarios de dúas formas moi distintas de percibir o desenvolvemenrto.

Non pensan o mesmo os membros da Plataforma Salvemos Cabana que hoxe mandan unha seria denuncia. Aseguran que o grupo de Facebook "Corcoesto Si, mina si" é unha "artimaña da empresa Edgewater", e "non representa á veciñanza de Corcoesto. A entidade contraria á mina denuncia que o grupo non está formado por 2.000 "siareiros" (nin polas súas 2.000 sinaturas, como afirmaban na nota de prensa da súa fundación) senón que os membros do Grupo foron adheridos polos coordinadores de comunicación da empresa a través de diferentes métodos de pago como o FacebookBlasterPro.
Un exemplo protagonizou o coñecido actor cormelán Suso Lista, que afirmaba ter sido adherido ao grupo sen telo solicitado.

Denundiando no Twitter unha adhesion ilicita

Aseguran dende Salvemos Cabana "ter verificado de xeito fidedigno e con veciños da pareoquia cabanesa" que moitos dos 2.000 membros de devandito grupo son achegados á empresa, e ademais denuncian que "varios son membros relativos á Voz de Galicia unha vez probada a relación entre a xefa de comunicación da empresa mineira e un directo do xornal", segundo aseguran.

Pregúntanse así dende a Plataforma Salvemos Cabana se esta Asociación representa realmente a veciñanza de Corcoesto.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios