3ª Autonómica: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda

Descansaba o líder nesta 28ª xornada, marcada polos partidos dos Oitavos da Copa da Costa do venres, e sobre todo, neste luns negro polo pasamento do meta malpicán Pombo.

Nunha xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira que deixa ao líder, Cerqueda, con 4 puntos de marxe pero cun partido menos, despois do empate do Ameixenda en Nantón. Agora terá que pelexar o Ameixenda co Coristanco que se coloca só a 4 puntos e pelexará o ascenso directo.

Ademais, a pelexa pola promoción está moi viva. Se a semana o Nantón roubáballe a 6ª rpaza ao Lira, esta semana é do revés. Ademais, o Muxía afianzou á súa posición e mete ao Corcubión en problemas para asegurala.


Muxía - Corcubión (4-1)

  • MUXÍA: Papi, Peski, Currás, Gerardo, Martín, Javi, Conguito (Antonio, min.70), Gerardo (Julián, min.60), Esteban (Santi, min.46), Jonatan e Arxires (Man, min.80).
  • CORCUBIÓN: Sito, Javi Fis, Lema, Gabi, Trillo, Alán, Toja, Mario, Checho, Lourido e Mini. Tamén xogaron: Goche, Tito, Germán, Miguel e Javi Floreal.
  • Goles: 1-0, min.15: Arxires; 2-0, min.30: Jonathan; 3-0, min.55: Peski; 4-0, min.60: Peski; 4-1, min.83: Javi Floreal.

Partido moi malo do Corcubión que segue con moitas baixas e que se viu superado en todo momento por un gran Muxía. O vento pegaba pero o Muxía adaptouse mellor e tivo as mellores ocasións e foi xusto vencedor.


Lira - Castrelo (2-1)

  • LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Pelos, Miky, Pata, Estrella, Saúl, Manu, Oli e Fran Perico. Tamén xogaron: Yerai, Adrián Porto, Cibrán e Paky.
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Víctor), Pichón, Quintáns, Raúl, Stiven, Félix, Diego, Suso (Capote), Elvis (Roi) e Lucho (Luís).
  • Goles: 0-1, min.23: Stiven; 1-1, min.43: Fran Perico; 2-1, min.70: Manu.

Partido igualado, pero malo, con unha parte para cada equipo. A primeira parte tivo o Castrelo creando perigo con combinacións rápidas. Mediada a primeira parte Lucho sacaba unha falta lateral que era rematada por Stiven a gol. O Castrelo disfrutaría de dúas ocasións máis para apliar a vantaxe pero non foi quen de facelo, e mesmo reclamaria un penalti claro por mans dun defensa local o Castrelo que o arbitro non viu. O Lira que chegaba a frontal da área ata que no 44 da primeira parte unha boa contra do Lira remata a gol Fran Perico facendo o empate a 1-1. Un Fran Perico que volve á disciplina liracha, que xunto ao fisterrán Estrella conforman dúas grandes fichaxes para afrontar esta última volta.

Na segunda metade o Lira collía o mando e o Castrelo saíndo á contra sentíase cómodo e facía perigo. Pero o Lira estaba algo máis enriba en a 20 para o final David Buxantes poara un tiro pero non consegue atallar eo balón pega no pau e remata Manu a gol.

Os vimianceses estiraban liñas ante un Lira ao que lle pasou factura o partido de Copa, e o Castrelo tivo 3 claras ocasións de gol para empatar: Lucho non atina a empurrar a gol un bo pase atras de Roi o mesmo Roi nunha internada por banda saca un bo tiro que para Peipo e Felix nun rechace na frontal que se vai por pouco paracia que chegaria o empate pero non era así e acabaría co 2-1 para os Lirachos.


Nantón - Ameixenda (1-1)

  • NANTÓN: Erni, Dani Costa, Carlos (Aberto, min.56), Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Daviciño, min.70), Amado, Luís, Lareu e Iván.
  • AMEIXENDA: Óscar, Purty, Bicbiño, Samuel, Álex, Javichu, Momaño, Camacho (Jorge, min.80), Cristian, Andrés (David, min.73) e Iván Pequeño.
  • Goles: 0-1, min.44: Camacho; 1-1, min.80: Luís tras xogada con Carlos Vidal.

Partido con moi pouca historia pero moi reñido. Un Nanton que esperaba moi atrás, moi serio en defensa pero con apenas presencia en ataque na primeira metade. E un Ameixenda ofrecendo un pouquiño máis de fútbol pero sen crear ocasión de gol. Adiantariase o Ameixenda, o borde do descanso, despois dun saque de falta que despexa Ernesto e mandando o rexeite Camacho ao fondo da rede.

Na segunda metade, o partido seguía o mesmo guión, con moi poucas chegadas ás áreas. Cos cambios, coa entrada ed Alberto e David, o Nantón gañaba presencia no xogo. E no minuto 80 chegaría a igualada nunha boa combinación de Luís dende a banda con Vidal rematando na area pequena facendo o definitivo 1-1.


Coristanco - Laxe (3-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Marcos, Rubén (Suso, min.70), Sergio, Jose, Pazos, Joni (Bértoa , min.50), Gonzalo, Mato (Andrés, min.60), Mallón (Lagoa, min.46) e Iván.
  • LAXE: Anxo, Suárez, Rubén, Jacinto, Santi, Borja, Adri Lema, Gora, Djamel, Iván Carreira e Elías.
  • Goles: 1-0, min.15: Gonzalo; 2-0, min.25: Joni; 3-0, min.35: Gonzalo; 4-0, min.60: Juan tras varios regates; 5-0, min.70: Gonzalo a pase de Juan; 5-1, min.80: Borja.

Chegaba o Laxe con apenas 12 xogadores pero que fixo un partido moi serio, firme atrás e saíndo á contra. Pero o Coristanco estaba mellor posicionado e presionaba moi arriba. Así chegaba o primeiro tras un roubo de Pazos que pasa a Joni, este centra e remata Gonzalo.

Joni entraba con moito perigo e tivo varios mans a mans, e nun marcaría o segundo; e Gonzalo o terceiro, co que se chegaría ao descanso.

Quedaba con 10 polas lesións o Laxe eo partido calmouse sen necesidade de ir a máis, celebrándose un segundo tempo sen interese.

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).