3ª Autonómica: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda



Como está este Cerqueda de Emilio Uzal. 9ª xornada consecutiva, e tremendamente importante, ante un Corcubión que se perfilaba como o equipo que ía loitar polo ascenso directo. Pero tal e como quedan as cousas trala xornada 23< da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Cerqueda e o Ameixenda son claros favoritos ao ascenso directo, contando con 12 e 7 puntos de vantaxe ante o cadro corcubionés, e un partido menos.
A que segue moi aberta é a pelexa pola Promoción. O Muxía gañaba ao Nantón e se mete de cheo na loita, quedando a só 2 puntos de cabaneses e dun conxunto liracho que amosou a súa peor cara en Coristanco.
Corcubión - Cerqueda (1-5)
- CORCUBIÓN: Sito, Javi, Trillo, Balucho, Marco, Alberto, Sebas, Toja, Lourido, Gorka e Lema, Tamén xogaron: Beto, Checho, Alan e Gabi.
- CERQUEDA: Ángel (Rubén, min.85), Pailos (Gesto, min.85), Dani, Atu, Sergio, Darío, Lorenzo, Alberto Verdes, Jhonny (Juanjo, min.80), Dani Seaia (Javi, min.62) e Jacobo (Uru, min.73).
- Goles: 1-0, min.22: Lourido; 1-1, min.30: Jacobo; 1-2, min.45: Darío; 1-3, min.80: Darío; 1-4, min.86: Juanjo; 1-5, min.90: Javi.

9ª vitoria deste Cerqueda que non tivo pieddade dun Corcubión que competiu 80 minutos pero que se deixou levar nos últimos 10. Un Cerqueda no que Emilio Uzal puido contar coa nova fichaxe, Alberto Verdes procedente do Seaia.
O choque foi trepidante, de tolemia total. Comezaba con pouco xogo na media e moito ataque directo ás espaldas dos defensas, o Cerqueda despuxo de boas oportunidades pero Jacobo e Darío non estaban finos, e no minuto 20 unha falta no medio campo que os visitantes protestaban o Corcubión sacou rápido e e Lourido definiu en segunda instancia ante Ángel.
Pouco durou alegría na parroquia local, pois un centro por banda mal blocado polo porteiro corcubionés deixaba o balón morto na area pequena para que Jacobo marcara, e antes do descanso Darío daría a volta o marcador tras plantarse diante do porteiro e superalo por alto. Ese tanto fixo moito dano aos de Lema.
A volta do descanso os locais arriscaron subindo liñas e o Cerqueda, á contra, acabou co partido, primeiro Darío fallou un penalti mandando o longueiro pero no 80 sentenzaría cun forte disparo dentro da area e Juanjo, deixándose ir o Corcubión nos ñultimos minutos ata a goleada.
Muxía - Nantón (1-0)
- MUXÍA: José Antonio, Currás, Juan, Gerardo, Peski, Conguito, Javi (Pataca, min.46), Martín, Alberto, Iván e Arxires (Santi xuv.)
- NANTÓN: Guille (Ernesto, min.15), Dani Costa, Carlos, Eloy, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Félix, Luís, Martín e Lareu (David, min.70).
- Gol: 1-0, min.93: Alberto de penalti cometido sobre el mesmo.
- Expulsión: o local Currás aos 20 minutos.
- Lesión: o muxián Javi e o cabanés Guille cunha fractura no dedo gordo da man.
De que xeito se mete o Muxía na pelexa pola Promoción. Cunha vitoria no desconto, de penalti e con 10 homes durante máis de unha hora, ante un Nantón moi serio pero que non estivo fino en ataque.
Comezaba o partido co Muxía máis disposto a levar o peso, e co nantón esperando para saír á contra. No minuto 25 o equipo local quedaría con dez, pero o Nantón non subo aproveitar a sua superioridade. Sen presencia no medio do campo, e por momentos sufrindo as envestidas do Muxía, pero que tampouco conseguía crear demasiado pergio.
Na segunda metade, o Nantón parecía que si atopaba máis ocos, pero o Muxía non se amedrentaba e seguía sen perderlle a cara o partido. O balón era dos dous. Carlos Vidal mandaría ao pau pero o partido decidiuse no último minuto de encontro, cando o arbitro pitaba penalti para o equipo local. Acertaba a marcalo Alberto e vitoria para o Muxía, ante un Nanton que non estivo a altura do partido.
Laxe - Ameixenda (1-4)
- LAXE: Jacobo, Bras, Aarón (Miguel), Suárez, Borja, Gora, Santi, Djamel, Roberto (Iván), Adri Lema e Elías.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Pastecas, Javichu, Samuel, Camacho, Momaño, Álex, Bichiño (Vicente, min.65), Demetrio (Mateo, min.70), Cristian e Mario (David, min.30).
- Goles: 0-1, min.8: Álex; 0-2, min.17: Samuel desde o medio do campo; 0-3, min.30: Bichiño; 0-4, min.31: David; 1-4, min.35: Gora.
- Expulsión: o visitante Camacho na segunda metade.
Pouca historia nun partido que se decidía na primeira metade. Saía o Ameixenda a por todas e en apenas 30 minutos xa anotaran 4 tantos os de Manolín, deixando o partido completamente sentenciado, gracias aos regalos dos laxenses, que tiveron un día para esquecer.
Gora recurtou pronto, e tivo outra antes do descanso, igual que Adrián na segunda metade, despois de prantarse varias veces ante o veterano Óscar Riolo. Aínda así, pode que o resultado sexa excesivo para o visto no campo.
Coristanco - Lira (7-2)
- CORISTANCO: Nacho, Jose, Sergio, Marcos, Joni, Facal, Pazos, Iván, Juan (Héctor, min.60), Ivi e Gonzalo.
- LIRA: Peipo, Paky, Miky, Josiño, Javi Pelos, Oli, Manu, Pata, Adrián Porto, Deme, Santi, Cibrán e Aitor.
- Goles: 0-1, min.5: Manu collendo a Nacho adiantado; 1-1, min.8: Ivi; 2-1, min.17: Iván de penalti cometido sobre Ivi; 3-1, min.27: Ivi a pase de Juan; 4-1, min.44: Ivi dende o medio campo pola escuara; 5-1, min.45: Ivan de cabeza; 5-2, min.60: Cibrán; 6-2, min.75: Gonzalo na mellor xogada do partido de Jose, Juan e Ivi; 7-2, min.80: Pazos.
- Lesión: o local Juan cun golpe nas costelas.
Desnortado e sen forzas chegou o Lira a Coristanco. Un equipo sen adestrador, con moitas baixas polo Entroido, que écapaz de facer as mellores actuacións, pero tamén de dar a peor imaxe, como a que diu esta semana na Rocheira.
O Coristanco foi dono do partido, e xa ao principio avisou. Pero foi o Lira o que se metía por diante aos 5 minutos, gol que serviu para espabilar aos de Da Silva.
E reaccionou e en poucos minutos daba a volta ao marcador por medio de Ivi, que pronto forzaría un penalti que marcaría Iván, e que completaba o seu triplete antes do descanso, deixando xa o partido sentenciado.
Na segunda, intentouno o Lira pero Oli non tiña o día cara gol e marrou varios mans a mans. Os locais completaron a goleada.
Segue o Lira buscando míster, mentres deu de baixa ao Pesco e xa fichou para a semana que vén a Santi.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas.
- 1ª Autonómica: O Soneira toma o Carral.
- Preferente: Xornada de malas saídas.
- Resultado e análise dunha xornada de Entroido no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).