3ª Autonómica: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía



Deixa esta 22ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira as cousas como estaban por arriba, co Cerqueda sumando a súa 8ª vitoria consecutiva, e mantendo a vantaxe de 4 puntos co Ameixenda, que non fallou ante o Castrelo. Pero parece que os dous son máis favoritos para o ascendo directo, pois aproveitaron o tropezo do Corcubión en Nantón para sacarlle xa 9 e 5 puntos ao 3ª, un Corcubión que ten ademais un partido máis.
O outro partido da xornada xogábase en Lombáns. O Lira conseguía unha sufridísima vitoria tras 3 partidos sen facelo, e o facía ante un Muxía que levaba 4 vitorias seguidas. Os lirachos vencían e mateñen a súa posición de Promoción, freando as aspiracións du Muxía que queda a 4 dun Coristanco que descansaba e marca agora a Promoción.
Ameixenda - Castrelo (4-1)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Camacho, Javichu, Samuel, Iván Pequeño (Álex, min.29), Momaño, Jesús, Bichiño (Borja, min.65), Demetrio (Vicente, min.70), Cristian e Mario (David, min.75).
- CASTRELO: Caamaño, Raúl, Quintáns, Marcos (Israel, min.46), Ozón, Diego, Edreira, Luís (Pichón, min.70), Félix, Suso (Lucho, min.61) e Rafa (Carreira, min.61).
- Goles: 1-0, min.6: Cristian; 1-1, min.13: Edreira dende o medio campo; 2-1, min.19: Momaño. 3-1, min.35: Mario; 4-1, min.70: Cristian.
Volveu o Ameixenda a coller o ritmo e puido con facilidade a un Castrelo, unha vez máis marcado polas baixas. Ata con 8 baixas presentábase en Cee o cadro vimiancés cun Roland que aínda non dispuxo da plantilla ao completo no que vai de tempada.
OAmeixenda empezou mellor plantado no terreo de xogo, dominando o balón e combinando por bandas. Logo se adiantaría o equipo de Manolín cun bo centro dende a banda que remata de cabeza Cristian facendo o 1-0. Aos poucos minutos nunha contra Edreira dende medio do campo, ve a Óscar adiantado tira, e consigue un fermoso gol. Os de Vimianzo parecía que se poñían no encontro, pero o pouco tempo unha boa internada por banda de Momaño, remataría unha boa xogada individual mandando o balón a escadra facendo o 2-1. O cadro branco e azul en defensa sufría as grandes dimensións do campo pero en ataque intentaba saír co balón xogado dende atrás e conseguía tímidas chegadas a área local. Xa no treito final da primeira parte Mario aproveitaria un despexe do seu compañeiro Álex e marcaría o 3-1.
No comezo da segunda parte o partido igualouse, un Ameixenda xogando co resultado e o Castrelo buscaba meterse no partido con un gol. E tivo unha ocasión, nunha internada por banda de Diego este centra e David Carreira que tiña a posición gañada o defensa non atina a rematar entre os tres paus. O xogo baixou en nivel pero o Ameixenda quería sentenciar rápido e costoulle marcar o cuarto gol, atopábase cun gran David Caamaño (en edad xuvenil) unha e outra vez. Pero no 71 chegaría o 4-1 definitivo por parte de Cristian. O Castrelo que vií esfumarse calquera opción de poñer en apuros ao equipo ceense.
Preocupado está Roland ante a marea de baixas que está a sufrir o seu equipo. Que se lesións nun quecemento como a de Raúl rompendo unha costela; Stiven cun golpe no muslo e ten para 2-3 semanas; o porteiro titlar cunha alerxia nas mans; Quintáns cunha escordadura de nocello; Darío cun pisotón e xa leva 1 mes fóra; Elvis segue xogando tocado… Aínda así o míster quere destacar a gran actitude do seu equipo ao completo, pois a pesar de levar 7 xornadas sen gañar, segue pelexando e competindo ao máximo.
Lira - Muxía (2-1)
- LIRA: Peipo, Eloy, Paqui, Miki, Adrián, Pelos, Pata, Yerai, Iago, Manu, Oli, Cibrán e Aitor.
- MUXÍA: José Antonio, Pataca (Victor, min.55), Currás, Juan (Ruso, min.60), Iván, Conguito, Alberto, Martín (Julián, min.75), Gerardo, Peski e Alxires.
- Goles: 0-1, min.30: Alxires; 1-1, min.44: Oli de penalti; 2-1, min.53: Pelos.
- Lesión: o muxián Juan cun pinchazo.
Partido tremendamente igualado que salvou o Lira, nun choque no que o Muxía mereceu máis. Dominou o primeiro tempo o cadro de Suso e Alxires os puña por diante, colocando ao Muxía, por fin, en postos de Promoción. Pero ao fío do descanso, un penalti protestado polos visitantes, permitía que Oli fixera o empate. Todo despois dun primeiro tempo con ocasións por ambos bandos.
Arrincaba a segunda metade con troua xogada polémica, cunha xogada na que o colexiado pitou cesión ao porteiro muxián e que permitíu que Pelos fixese o segundo. Quedaba moito partido pero o Lira soubo aguantar as embestidas dos muxiáns e mantes 3 puntos fundamentais na pelexa pola Promoción.
Nantón - Corcubión (2-0)
- NANTÓN: Guillermo, Dani Costa, Carlos, Eloy, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín e Lareu (Dani B., min.82)
- CORCUBIÓN: Sito, Javi, Marco, Trillo, Checjo, Sebas, Gabi, Toja, Balucho, Lourido e Javi Floreal. Tamén xogaron: Coiradas, Alberto e Mini.
- Goles: 1-0, min.5: Luís define no man a man; 2-0, min.65: Luís define no man a man tras un pase de Fabio.
Non se adaptou o Corcubión ao complicado céspede das Fontiñas e fixo un mal partido. E iso que empezou facendo perigo coas internadas de Lourido e Javi Floreal. Pero esa dinámica íase romper axiña, cando ós 5 minutos nunha saida á contra Luís plantase so directo á portería e este non perdoa. O control do encontro foise igualando. O Corcubión intentaba saór co balón controlado, pero cunha circulación lenta e sen crear perigo, agás Lourido, que cada vez que a collía facçía dano a un Nantón moi serio en tareas defensivas. Un Nanton que presionaba moito a saída de balón e con numerosas recuperacións creaba perigo con facilidade e tivo varias para poder sentenciar na primeira metade nos pés do propio Luís, Fabio, ou Dani.
A segunda metade seguía a mesma liña, con moita igualdade e ocasións para os dous equipos; e cando máis estaba empuxando o equipo visitante, chegaría a sentencia do partido con outra saída a contra ben executada por Fabio quen lle poñia un bo balón a Luís para deixalo nun man a man co porteiro, e unha vez máis demostrando que é letal neste tipo de accións. Un Luís que segue pichichi da categoría, xa con 17 tantos.
Cerqueda - Laxe (2-0)
- CERQUEDA: Gesto (Ángel, min.75), Pablo (Pedro, min.60), Sergio, Dani, Javi Pazos, Lorenzo, Jhonny, Dani Seaia, Jacobo (Uru, min.61), Darío (Juanjo, min.32) e Javi (Atu, min.55).
- LAXE: Jacobo, Djamel, Suárez, Jacinto, Aarón; Borja, Santi, Adrián, Roberto (Iván Caamaño); Dani (Carlos) e Elías.
- Goles: 1-0, min.10: Jacobo; 2-0, min.48: Javi tras un gran pase de Juanjo.
- Lesión: o local Darío cun tirón e o visitante Dani.
- Expulsións: os visitantes Carlos e Jacinto.
Partido moi bonito para os afeccionados locais e deses choque tolos para os adestradores. Un Cerqueda que suma a súa 8ª vitoria consecutiva e que afianza o sei liderato e as súas opcións ao ascenso directo, algo que procurará ata o final tras dous anos caendo na promoción.
Foi un partido de poder a poder, sen medo, e con moitas ocasións para os dous equipos. O choque púñase de cara para os locais cun tanto tras unha gran xogada de Jacobo, que dentro da area regateou a dous defensas e definou o pau contrario do porteiro.
Ben prantado no campo, saían moi ben á contra os locais, e ata 4 ocasións claras tiveron para sentenciar, por medio de Dani Seaia, Javi, Darío e Lorenzo, pero perdoaron mandando todas a rentes do pau. O Laxe non tivo o seu mellor día e nunca puxo en apretos ao porteiro local. Antes de acabar a primeira parte lesionariase Dani Pose, que reaparecía tras unha escordadura de xeonllo da que volvería a recaer.
A segunda parte foi parecida a primeira, marcando o Cerqueda aos poucos minutos do comenzo e ca misma dinámica ca da primeira parte. Cabe destacar tamen as rigurosas expulsións dos visitantes Carlos e Jacinto facendo imposible calquer intento de achegamento.
Aquí vemos o gol de Javi que facía o definitivo 2-0 para pechar a vitoria cerquedá:
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- 1ª Autonómica: Unha xornada para esquecer.
- Preferente: Doble inxusta derrota pola mínima.
- Resultados e análise dunha mala xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).