A apisoadora do Bm. Camariñas achégase ao título cando chega unha Semana Santa de balonmán internacional
Completa foi a pasada fin de semana para o balonmán costeiro cando afronta unha Semana chea de deporte, co Carballo Handball Festival e o Torneo da Mostra do Encaixe. Pero repasamos primeiro como foi a xornada, na que estivo impresionante o Bm. Camariñas.
A apisoadora conserveira do primeiro periodo sentenciou o partido ante o Novás e xa acariñan o título da Liga Autonómica. Quedan dous partidos contra equipos da parte baixa da táboa clsaificatoria, non hai que confiarse para gañar de novo a Liga Autonómica, obxectivo, que si as cousas transcorren con normalidade poderase conquistar.
Por Carballo rematou a temporada da 2ª Estatal cando mellor está o Calvo Xiria. Non deberían de baixar os brazos agora os carballeses, para que deste xeito o final de liga sexa a referencia para a tempada 2015/16, e afrontala deste xeito dende a máxima das esixencias, tanto no plano individual coma colectivo.
En categoría feminina, rematou a temporada con doble vitoria para as camariñás e carballesas, que pechan un ano bastante bo, sempre competindo coas mellores. Prepáranse xa para o choque da Selección Galega na Porte do Porto nesta semana Santa.
Fin de semana de balonmán internacional
Tremendo o Carballo Handball Festival '15 que terán lugar entre o luns 30 de marzo e o sábado 4 de abril en Carballo e que atraerán á vila a arredor dun milleiro de persoas. Entre o xoves 2 e o sábado 4 de abril a vila transformarase grazas a este torneo de balonmán para categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que reunirá a arredor de 800 rapaces repartidos en 15 clubs chegados de Galicia e de Portugal.
Ademais, o Carballo Handball Festival complétase coa celebración o luns 30 e o martes 31 de marzo dun Clínic teórico práctico de balonmán para monitores e adestradores que queiran aprender sobre o ensino nas categorías de base.
Ademais, por Camariñas, o Torneo de Balonmán da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas enfrontará á Selección Galega, con participación costeira, co Bm. Gijón, nun partido o sábado 4 de abril ás 18:00h no pavillón do Areal da Ponte do Porto.
1ª División Autonómica, xornada 24
- Resultado: At. Novás - Bm. Camariñas (22-27).
- Bm. Camariñas: Bruno (p), Víctor (p), Alan (2), Fary (7), Eusebio, Checho (2), Quin (4), Damián (1), Fabio, Catalán (6), Héctor (1), Perón (2), Antelo e Xabi (2).
Saíu o Camariñas concentrado e coa intención de afrontar un partido que sobre o papel era moi dificil, pero a forza dos conserveros deixou sentenciado o encontro na primeira metade cun contundente 6-19. Unha vez que se fixeron co ,mamdp do partido, o adestrador local empezou a dar minutos aos non habituais, o que provocou quel o resultado maquillásese cun final 22-27.
O sábado día 11 de abril recibirán en Camariñas ao Chapela (penúltimo clasificado) e o fin de semana seguinte desprazaranse a Redondela para xogar contra a S.A.R., que é o colista da competición. En calquera dos dous partidos poderase cantar o alirón, dependendo dos resultados que se dean a próxima xornada.
1ª Estatal
- Resultado: Cisne - Calvo Xiria (23-24).
- Parciais: 2-3, 4-4, 5-5, 7-7, 9-11, 10-14 descanso, 12-15, 14-16, 17-20, 21-21, 21-22, 23-24.
- CALVO XIRIA : Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (2), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (12), Gonzalo Pombo (1), Iván Campos, Julián López, Carlos A. Lema (2), Mario García de Seárez.
Fermoso o espectáculo vivido no choque co líder da 1ª Estatal, con tensión deportividade por igual, cun gran balonmán e emoción até o asubío final. Dous tempos que se convertiron en partes moi diferentes, a primeira do Calvo Xiria e segunda do Cisne. Falar de motivos arbitrais semella sempre unha excusa, por eso hoxe so imos deixar unhos datos para a reflexión que cada un quera facer.
1ª División Galega Feminina – 2ª Fase – Grupo 1 polo título
- Resultado: Bm. Caselas - Bm. Encaixe (25-26).
- BM CAMARIÑAS: Miriam e Sara (gardaredes), María (2), Cris Barreiro (7), Andrea, Aida (6), Nerea, Verónica, Cristina Caamaño (4),Laura (7), Alicia Rodriguez, Laura Castro e Agueda Antelo.
Derradeiro encontro de 1º Autonómica Femenina para o Encaixe que viaxaba a Caselas para acadar a victoria 25-26. Encontro onde o Encaixe se xogaba afianzar o quinto posto na clasificación. As palilleiras dominaron durante case todo o encontro co seu xogo dinámico en ataque dirixido polas centrais Aida e Cris Barreiro. Xustas transicións de contraataque xa que o equipo Camariñan viaxou con baixas de xogadoras máis habituais: Sara Carril, Karina, Cristina Sande, Tinita, Alicia Ogando e Gloria, sendo sustituidas por xogadoras da Canteira. O equipo visitante foi cunha vantaxe de 3 goles ó descanso 9-11.
Na segunda parte as do encaixe saíron un pouco descentradas permitindo o equipo rival empatar o encotro nos 7 primeiros minutos. Pero as palilleiras foron quen de voltar a vantaxe deses 3 goles. Xa nos últimos minutos o Salceda volve empatar o encontro que se desenvolveu cun traballado último minuto onde as do Encaixe marcan o gol da vitoria.
1ª División Galega Feminina – 2ª Fase – Grupo 2 polo título
- Resultado: Balonmán Cangas - Goldie Xiria (17-21).
- Parciais: /1-0/ /3-0/ /5-1/ /7-2/ /8-3/ /8-4/ /8-6/ /10-8/ /10-11/ /12-13/ /14-17/ /17-21/
- Goldie Xiria: Lucía Vilariño (porteira) Jessica Posse 5, María Gómez 2, Zeltia Landeira 5, Natalia Solis, Tamara Pombo, Patricia García, Juana Garrochena 5, Raquel Gómez 4, Angela Pena e Sheila Ferreiro.
Nunha magnífica segunda metade o Goldie remontou o encontro e fíxose coa vitoria diante do Balonmán Cangas. Comezou o Xiria con unha moi boa defensa, sabedoras as xogadoras do perigo que entrañaban as altas pivotes rivais, anticipándose a xogadas e con contundencia nas saídas, no deixando ao seu rival elaborar o xogo. Pero faltáballe ritmo e definición ao equipo no ataque, o que facía que as do Morrazo dominasen esta primeira metade.
A volta do vestiario, o Goldie foi un furacán, seguía a impoñerse as súas rivais en defensa, e xogaba con moito criterio en ataque, desbordando a defensa local, que se vía impotente ante as investidas das xogadoras carballesas. Jessica Posse e Juana Garrochena como habitualmente levaban o peso do equipo, pero no momento que o contrario votou a dúas defensoras sobre elas, apareceron Raquel Gómez e Zeltía Landeira para rematar o encontro e impoñerse ao balonmán Cangas. Destacar o partidazo de todas as compoñentes, pero resalta a labor de Lucía Vilariño que volvía a portería ante as ausencias de Aida Cangas e Brenda Noya. Tamén estiveron ausentes Adriana Gómez, Marta Regueira, Cris Gende e Sara Pombo.
Máis información
Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.Crónicas da temporada
- O Bm. Camariñas volve ao liderato e afronta 3 finais.
- Carballo tece redes con Holanda en materia de balonmán.
- O balonmán carballés pon un pé no Campionato de España.
- O Bm. Camariñas deu un paso clave cara o título e espera 6 finais.
- O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato.
- Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados.
- De vitorias pola mínima e empates polémicos.
- Case pleno na xornada do balonmán costeiro.
- O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria.
- O Bm. Camariñas asalto o liderato.
- O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular.
- O Bm. Camariñas acariña o liderato e disfruta da Selección.
- Camariñas prepara a súa San Silvestre.
- A Festa do Balonmán encheu Camariñas.
- Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns.
- O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato.
- As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro.
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Balonmán Xiria, Balonmán Camariñas, Goldie Xiria e Bm. Encaixe.