Ao Anorthosis sáenlle as contas
Xa se clarifican un pouco as cousas para o Anorthosis Vimianzo, e con esta importantísima vitoria en Ribadeo contra un dos rivais directos para evitar os postos de descenso, toma alento. O Anorthosis mantense 8º da 3ª Nacional, con 10 puntos, xa a 4 do descenso.
Mentres, en 1ª Galega o Aquacénit segue 2º a dous do líder, o Breogán Oleiros C, mentres O Gaiteiro está penultimo cos seus dous puntiños da semana pasada. Na 2ª Galega, tralas 3 derrotas da fin de semana, O Pinar queda 6º e o Construcciones Cernadas aínda non estreou o taboleiro de puntos.
3ª División Nacional
- Resultado: EFEGA Ribadeo - Anorthosis Vimianzo 2 - 5 (11-18)
Foi unha viaxe longa ata Ribadeo, pero fructífera, cunha vitoria holgada e que puido ser incluso ser máis abultada se non se confiaran tanto nos partidos que despois se perderon. Pero o que nunca faltou foi a confianza na vitoria final. Moi ben Gonchi, gañou todos os seus partidos, e ben Miguel, sobre todo nas indicacións aos compañeiros, contaxiando a confianza no equipo e impoñendo o seu xogo nos dobres con moi bos saques e definitivos remates de punto. Roi estivo dubidoso de ahí que non gañase o primeiro partido pero logo foi a máis e superou ao nº 2 local.
Con esta distanciase en 2 vitorias ao descenso e nesta liga son moi dificiles de conseguir. As contas de momento saen ben.
1ª División Galega
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (3-21)
En 1ª galega resultado normal. A vitoria de Concello de Zas Aquacenit sobre Concello de Zas O Gaiteiro coa sorpresa de que Martín lle ganase a Chris Roy, nótase que vai a máis e esperemos que continue así. O concello de Zas Aquacenit conserva a 2ª praza a espera da vindeira xornada onde se enfrentará ao 1º.
2ª División Galega
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Arteal TM 5-2 (17-10)
- Resultado: Liceo Noia "D" - Construcciones Cernadas 7-0 (21-0)
- Resultado: Liceo Noia "E" - Construcciones Cernadas 7-0 (21-0)
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Nota de prensa de Estevo Lema.
En 2ª galega os de Concello de Zas O Pinar non fallaron ante os de Arteal TM e despois de ir perdendo 2-0, puxeronse a pilas e gañaron os 5 partidos seguintes, Chiqui (Jesús Ferreiro) púxose serio e fixo que os rapaces xogasen como saben e sen florituras para gañar a xogadores xa veteranos.
En canto ao Construcciones Cernadas seguen o seu periplo de xogar e xogar para aprender que as vitorias virán máis adiante.