Axenda dunha fin de semana futboleira chea de emocións
Segunda fin de semana de xuño e seguimos tendo cada vez menos partidos pero cada día máis emoción. Chegamos ao momento final da temporada, coas semis da Copa dos maiores e dos Veteranos, a fase final copeira dos peques, e as fases de ascenso á 1ª, 3ª e Liga Galega Xuvenil.
Xa ca II Gala do Fútbol da Costa - QPC en marcha para o vindeiro venres 26 de xuño na Casa da Cultura de Cee, afrontamos as semifinais da #CopadaCosta. Unha eliminatoria estrella, con dous equipos da 1ª como Sofán e Corme, dous equipos que rematan o ano moi fortes e que apostan moi forte por este torneo. Na outra eliminatoria, un favorito claro, o XSC ante un Seaia, gran revelación do torneo, para o que xa é un premio estar aí.
Mentres, o Zas poderá celebrar o desexado ascenso á 1ª Autonómica se vence ao Palmeira na súa casa, pero aínda con marxe para celebrar o título en casa na última xornada. Un ascenso que permitiría ademais ao Montelouro manterse na Liga da Costa.
Na 3ª, arrinca a finalísima entre Corcubión e Coristanco. Dous grandes equipazos, que chegan moi ben a este treito final de temporada, e despois de verse as caras en 4 ocasións, terán que medir as súas forzas, de xeito definitivo, nesta final. O premio, o vital ascenso á Liga da Costa.
E todos estaremos co Dumbría, que afronta o pase á eliminatoria final na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Trae un 0-1 da ida en Betanzos, polo que o Conco pode servir para celebrar o pase a esa final.
Se os Veteranos tamén afrontan unhas intensas semifinais, co Coristanco e Soneira como favoritos para meterse na final, no Cunchido haberá unha gran festa do fútbol base, con 24 equipos participando na Fase Final da Copa da Costa de F8.
Copa da Costa, ida das Semifinais
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5
Promoción da 3ª, Ida da final
Fases de Ascensos ás Ligas Galegas
Xuvenil:
0-1 | Betanzos - Dumbría | 13/06 |
Fase Final da Copa da Costa F8
Copa da Costa de Veteranos, Ida das Semis
Horarios sen confirmar.
Crónicas da semana
- Fontenla acolleu unha doble festa do fútbol base costeiro.
- Fase de Ascenso: O Dumbría dá un paso máis cara a Liga Galega.
- Copa da Costa: O Carral deixou un auténtico sabor copeiro:
- Promoción da 3ª: Coristanco e Corcubión xogaranse o ascenso á Liga da Costa:
- Resultados dunha xornada que nos deixa as semis da CopadaCosta e a final da Promoción da 3ª.
Torneos estivais
- Os peques de F8 esperan a gran final da Copa da Costa no Cunchido.
- Un repaso á Marea de torneos de verán.
- Fisterra prepara un maratón e un campus de tecnificación.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Novas relacionadas
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Pide o teu libro sobre o Bayern de Pep.
- Un vídeo para motivar ao Sporting Zas.
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
Primeiros títulos colleitados
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8.
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).