Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Resultados dunha xornada que nos deixa as semis da CopadaCosta e a final da Promoción da 3ª

Resultados dunha xornada que nos deixa as semis da CopadaCosta e a final da Promoción da 3ª
Sofan-Fisterra da CopadaCosta 2015-Foto-Sofan

Menuda xornada esta xa de verán para abrir xuño no Fútbol costeiro. Aí estivemos nesta tarde de domingo co carrusel posto en www.copadacosta.com.

Imos repasando porque houbo moitas cousas en xogo, con #CopadaCosta, Fases de Ascenso…

Xa temos semis da #CopadaCosta 2015

Moi boas, e unha espectacular, as semifinais da Copa. Estará o Corme nas semifinais. O Zas, pendente do que pasaba en Tordoia, aguantou ata o treito final, pero o Corme, que tiña vantaxe xa da ida, sentenciou o seu pase ao final.

E a que demostrou o gran potencial da CopadaCosta foi a eliminatoria entre Sofán e Fisterra. O 3-1 da ida deixaba ao cadro fisterrán con algo de vantaxe, pero había que ter ollo coa SD, que apostaba moi forte por esta competición tralo gran ano en 1ª, e fai sempre do Carral un fortín. Ambientazo no campo, un tempo inmellorable e o partido á prórroga, tras quedar tamén 3-1 nos 90 regulamentarios.
Foi nos últimos 10 minutos da prórroga cando un tanto de Pablo e outro de Dourado daban o pase ao Sofán, que terán no Corme un gran rival.

No outro lado do cadro, o Seaia completou a xesta e segue a ser a gran revelación do torneo, meténdose nunha histórica semifinal despois de perder a categoría. O cadro malpicán eliminou ao gran #ReideCopas, o Cee, despois de eliminar a outro histórico, o Ponteceso.
Terá en fronte nas semifinais o cadro de Tato un oso duro, probablemente o máximo favorito para levar o título, un XSC que está rematando a temporada mellor, e pasou o trámite en Camariñas tras sentenciar en Fontenla.


Poderá centrarse así o Zas na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. O cadro zaense descansaba esta semana pero a vitoria do Tordoia ao Palmeira obriga ao equipo zaense a sumar alomenos unha vitoria nas dúas últimas xornadas. A vindeira semana poderá cantar o ascenso en Palmeira, pero se cae aínda terá unha ocasión na última xornada ante o Tordoia en casa.

Xa temos final da Promoción de Ascenso á 2ª

Despois da complicada fin de semana pasada, xa temos finalistas da Promoción de ascenso da 3ª. Foi un partido tranquilo en Arliña, co Muxía con moitos cadetes e xuvenís, polas numerosas baixas trala dura sanción, pero aí e todo conseguíu un 4-2 que o deixou a un par de tantos da remontada, tralo 4-1 da ida.
O Corcubión enfrontarase a un Coristanco que vencía con solvencia a un Lira que xa chegaba corto de efectivos.

Así, a vindeira semana arrinca en Corcubión a finalísima ante o Coristanco. O que pase, será equipo da 2ª Autonómica.

O Dumbría, un paso máis cara a Liga Galega

Paso adiante do equipo de Leis e Lobelos cara a Liga Galega Xuvenil. Venceron na ida ao Betanzos na súa casa por 0-1, polo que a volta se presenta moi positiva no Conco. Aínda terían, en todo caso, que superar outra eliminatoria para conseguir o ascenso á liga autonómica.

Remataron as Ligas de F8

Xa todos pendentes da Copa da Costa que terá lugar o vindeiro 13 de xuño en Outes. Xa que cos Cabana e Muxía, como últimos campións dos peques de F8, esta semana remataban as Ligas Norte polo que xa temos os 4 primeiros de cada grupo que disputarán esa finalísima no Cunchido.

Xa temos semis da Copa dos Veteranos

Coristanco-Cabana e Ponteceso-Soneira son as semifinais da CopadaCosta de Veteranos 2015, que tamén tendes, por suposto, en www.copadacosta.com. Unhas semifinais interesantes, co Coristanco, actual campión de Copa, como máximo pois que quere resarcirse despois de perder a liga no último suspiro, o sempre perigoso Soneira, e dous equipos que remataron a liga na zona baixa pero que están acabando en moi boa forma.


Copa da Costa, volta dos Cuartos

CopadaCosta 2015 en Cuartos

Promoción da 3ª, ida das semifinais

Promocion de Ascenso a LIga da Costa

Fases de Ascensos ás Ligas Galegas

Xuvenil:

0-1Betanzos - Dumbría13/06

F8 Alevín Costa Norte, xornada 14

Vimianzo 8-0Deportivo Baio
Zas 2-6Cabana
Coristanco 3-3 Corme
  • Descansa Muxía.

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 14

Vimianzo 1-2 Baio
Zas 3-7Cabana
Coristanco 0-0Corme
  • Descansa Muxía.

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Copa da Costa de Veteranos 2015

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios