mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carballo acolle un campionato cos mellores equipos xuvenís do balonmán estatal

Carballo acolle un campionato cos mellores equipos xuvenís do balonmán estatal
O Laber Xiria Subcampion Galego loitara polo Campionato de Espana

Unha referencia a nivel estatal en materia de balonmán. Sen dúbida, Carballo estase gañando o seu posto a base de actividades. Hai apenas un mes xuntaba case que un milleiro de rapaces chegados de toda Europa no Handball Festival. Esta fin de semana, entre o 24 e o 26 de abril, Carballo será a sé do sector A do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, organizado polas Escolas de Balonmán Xiria en colaboración co Concello de Carballo, xunto cas Federacións Galega e Española.

Na pista estará o equipo anfitrión, o Laber Xiria, despois de quedar subcampión galego. Pelexará por meterse na Fase Final co Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón (campión de Asturias), o Semillas KWS Balopal de Palencia (subcampión de Castilla León) e o Indupime Bausauri de Bizcaia (terceiro clasificado na Liga Euskadi).

E ten opcións o Xiria, como sinala o míster Fernando Vázquez, que sinala que se trata dunha eliminatoria "moi igualada" na que calquera pode gañar e na que o Laber Xiria ten posibilidades de pasar á seguinte fase. De conseguirse, sería a cuarta ocasión na que o Xiria pelexa cos mellores de España, ademais de que é a terceira vez na que Carballo e as EBX son os anfitrións desta cita deportiva, na que o público poderá gozar cos mellores equipos que hai nestes momentos na categoría.

Horarios

Campionato de Espana Sector A Balonman Xuvenil en Carballo

Respecto dos horarios dos enfrontamentos, que terán lugar no Pavillón Vila de Noia, comezan o venres 24 ás 18.00 horas co partido entre o RGC Covadonga e o KWS Balopal, co debut dos anfitrións ás 20.00 horas contra o Basauri. O sábado o RGC Covadonga enfróntanse ás 16.00 horas e o Xiria e o Balopal ás 20.00 horas. Hai unha interrupción, xa que ás 18.00 horas o Xiria sénior pelexa na Liga Nacional contra un rival directo para conseguir o quinto posto. O campionato péchase o domingo co partido entre o Basauri e o Balopal ás 10.45 horas e o peche co Laber Xiria contra o Covadonga ás 12.45 horas.

a

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios