Ligas Galegas: Moita loita e pouco resultado
Non foi boa a xornada para os nosos equipos das Ligas Autonómicas de base. O Dumbría cadete prantaba cara a todo un Pontevedra, un dos grandes da categoría, e malia derrota mantense na zona morna. O cadete xalleiro sufría unha excesiva goleada nunha mala tarde, pero aínda ten marxe co descenso. Complicadas lle quedan as cousas ao Dumbría Infantil, ao que lle queda unha xornada da primeira fase, e arrincará o play off por evitar o descenso con poucos puntos.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 21
- Resultado: Dumbría - Pontevedra (0-1)
- Gol: 0-1, min.5.
Visitaba o Conco o terceiro clasificado, o Pontevedra, un gran equipo e tamén superior ó Dumbría, con grandes xogadores nas súas filas e tamén con un dos goleadores da categoría. A primeira meta de foi igualada, practicamente sen ocasións de gol, a única tería o Pontevedra no 5', nada máis comenzar o encontro, logo dun centro pola banda ezquerda a pelota chegaría a Xoel, o seu máximo goleador,que controlaría perfectamente o balón e batía a Jorge dun forte disparo.
Na segunda parte do encontro todo seguiría igual, cos visitantes que terían máis dominio da pelota e un Dumbría que, con máis corazón que cabeza, non conseguía marcar nen sequera o tanto que poidese darlle a igualada no marcador.
Liga Galega Cadete, xornada 21
- Resultado: Xallas de Santa Comba - Xuventude Oroso (2-7).
- XSC: Rubén; Guillín (Óscar), Raúl, Pablo, Alberto; Carlos Baio; Juan Lois; Thiago, Manuel (Rubén Suárez), Juanjo (Héitor) e Grille (R).
- Goles: 0-1, min.5: de penalti; 0-2, min.14; 0-3, min.34; 0-4, min.38; 0-5, min.43; 0-6, min.47; 1-6, min.54: Carlos Baio; 1-7, min.57; 2-7, min.71: Carlos Baio.
Non mereceu tan severo castigo o XSC no seu duelo ante o Xuventú de Oroso, equipo que se aproveitou, primeiro, dun penalti máis que rigoroso, aos 5 minutos de xogo, e logo dos erros da zaga local, que deixaron visto para sentenza o partido na primeira metade.
Os locais non estiveron acertados, desaparecidos prácticamente en toda a primeira metade, malia que, con 0-2, gozaron de tres ocasiones para poder meterse no partido, pero os seus atacantes non estiveron acertados.
Nada máis comezar o segundo tempo, dous novos erros do once xalleiro, levaron un incrible 0-6 ao marcador, recortado por Carlos, por dúas veces, e nesta segunda metade os verdenaranjas gozaron de innumerables oportunidades de gol como para maquillar un resultado inesperado, pero que non debe mermar as aspiracións dos xalleiros de conseguir a permanencia, pois todos os seus rivais por ela perderon nesta xornada e a clasificación, pola parte de abaixo, segue igual, cunha vantaxe de cinco puntos sobre os posibles arrastres de descenso (Orillamar).
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 18
- Resultado: Bertamiráns - Dumbría (3-0)
- DUMBRÍA: Juan ( Breogán, min.55); Sergio, Samuel, Luis, Álex; Toni (Berto. min.47), Brais Fdez, Moisés (Tajes, min.25), Adrián, Xan (Jhonny, min.65) e Ángel Sestayo (Hugo, min.60).
- Goles: 1-0, min.5; 2-0, min.10; 3-0, min.38.
Acudía o Dumbria infantil ao Val da Mahía coa ilusión de sumar de tralo magnífico precedente do empate fronte o Galicia de Caranza. Pero esa ilusión derretiuse nos 10 primeiros minutos de partido. Nese tempo, primeiro un erro do gardamenta Juan no blocaxe dunha falta, e logo outra acción de fraxilidade defensiva suprema dos costeiros, fixeron que o sumar puntos se convertira nunha quimera. A fortaleza do mediocampo dumbrinés foi perdendo efectivos, primeiro polas molestias de Moisés e o comezo do 2º tempo, coa debilidade provocada pola gripe do fisterrán Toni.
Antes, na última acción do 1º tempo, o Bertamiráns puxo a puntilla co terceiro tanto a unha pésima primeira parte visitante.
O segundo tempo foi mais equilibrado, cun Dumbría máis agresivo na presión, e mais orgulloso para competir e non baixar os brazos.
Mellor actitude, ráfagas de fútbol, pero poucas opcións de gol, e ningún acerto diante do marco real.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Cerqueda vai sen freos.
- 2ª Autonómica: Aprétase a zona alta da Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Soneira e Malpica dan a de cal, e Corme e Esteirana a de area.
- Preferente: Novo intercambio de posicións.
- Resultados e análise da xornada no Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).