O Xiria queda ás portas do Ascenso mentres o Camariñas loita pola Copa Federación


Tráxica a ponte para o Calvo Xiria. O equipo carballés desprazábase a Ciudad Real para disputar, nada menos que a fase de ascenso a División de Honor Prata Masculina. Ademais de aproveitar para facer turismo en familia (numerosos afeccionados e familiares respaldaron ao equipo) tiveron que enfrontarse ao Mecalia Atlético Novás, o RGC Covadonga e o Alarcos Cidade Real. E un gol, apenas un gol, separounos do soño de chegar ao que sería a 2ª División do fútbol español.
Non partía como favorito o Xiria pero non loitou, sumando 4 puntos nos 3 partidos, os mesmos que o equipo que acadou o ascenso, o Bm. La Roca. Precisamente foi o líder o que endosou a única derrota dos carballeses, unha derrota clara e contundente por 22-32. Non valeron as vitorias ante o Alarcos no primeiro choque por 27-25 nin contra o Eibar por 20-22, pois un tanto no treito final do La Roca ante o Alarcos, servíalle para sumar un empate e un punto que valeu un ascenso.
Cómpre destacar que o xogador Yago foi nomeado en dous dos tres partidos do cadro verde MVP. E cómrep tamén felicitar a toda a familia do Calvo Xiria, que leva o nome de Carballo por toda a península. Gran campaña a que pecha o equipo verde!
Copa Federación Feminina, xornada 2
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Ourense 28-20.
- Parcial ao descanso: (15-11)
- BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Caamaño (1), Laura (5), Aida (5), Sara (2), Karina (7), Maria. Tamén xogaron: Nerea (1), Barreiro (2), Alicia (2), Tina (2) e Sande (1).
As de Camariñas saíron ao campo con intensidade xa que se xogaban todo para poder estar nas semifinais da Copa contra un equipo moi peleón. Primeira parte cunha gran defensa que permitía rápidas transicións e goles relativamente fácile. Cun só “pero”, o equipo tiña demasiados fallos de cara a portería contraria pero gracias á defensa chegábase o descanso con una renta de 4 goles 15-11.
Na Segunda parte seguían ca misma intensidade en defensa e cos pequenos fallos de cara a gol pero a actitude non baixou en ningún momento, así se chegaba o final coa clara vitoria por 28-20.
Próximo encontro xógase en Caselas, onde as de Camariñas terán que dalo todo se queren estar pelexando cas mellores na Copa.
Copa Federación Feminina, xornada 2
- Resultado: Goldie Xiria - SD Teucro (27-39)
- Parcial ao descanso: (15-19).
- GOLDIE XIRIA: Brenda e Sara (p), Juana (8), Marta (5), Cris (3), María (3), Raquel (2) e Tamara (3), (equipo inicial) Manón, Sandra (1), Isa e Natalia (1).
150 espectadores no Vila de Noia para ver a derrota do Goldie Xiria diante do equipo pontevedrés do Teucro, que imprimiu un ritmo rápido ao encontro dende os primeiros minutos. e que tras o descanso marcou insalvables diferencias ao seu favor. Nin a defensa presionante nin o 6:0 lle funcionaron ao Goldie, que notou en exceso as baixas no equipo, incapaz de parar as suas rivales máis rápidas e efectivas de cara a gol. Por momentos o Xiria fixo boas combinaciónsno seu ataque, pero o deficit defensivo levou ao seu rival ata ese 27 a 39 final.
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Resultados e Clasificación da 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados da xornada e clasificación 1ª Autonómica Feminina.
- Calendario da Copa Federación Feminina.
Novas relacionadas
- O Xiria aínda non coñece o seu teito pero aos rivais da Fase de Ascenso.
- Goldie Xiria e Bm. Camariñas prepáranse para un novo derbi na Copa Federación.
- Derrotas doces para o balonmán costeiro.
- A canteira toma o protagonismo nunha xornada plena para o balonmán costeiro.
- Pleno de derrotas para as familias conserveiras do balonmán costeiro.
- 3 derrotas e unha vitoria na fin de semana do balonmán costeiro.
- Xornada de vitorias e despedidas para o balonmán costeiro.
- O Xiria colócase 2º e o Bm. Camariñas mantén o bo ritmo.
- Xornada de vitorias e esperanza para o balonmán costeiro.
- Mala fin de semana no Balonmán Camariñas, boa para a familia Xiria.
- Fin de semana de derrotas para o balonmán costeiro.
- Doble vitoria para a familia do Bm. Camariñas para estrear 2014.
- Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa.
- O Bm. Camariñas non se descolga.
- O Bm. Camariñas estrea a súa San Silvestre.
- Nova xornada completa de balonmán costeiro con dúas derrotas e dúas vitorias.
- O Bm. Camariñas xa é o máximo goleador da categoría.
- O Balonmán feminino ao poder.
- O Bm. Camariñas cae cos árbitros ao 3º posto.
- O Bm. Camariñas ponse colíder.
- Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas.
- O Bm. Camariñas aproveita a Copa para medrar e prepara a súa presentación oficial.
- O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga.
- O Balonmán Camariñas xa sabe o que é gañar.
- Arrinca unha nova tempada con moitas caras novas para o Balonmán Camariñas.
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.