Preferente: Dúas liñas radicalmente distintas que deixan ao XSC en problemas
Disputábase esta Semana Santa a 31ª xornada da Preferente - Senra Sport. Unha xornada que deixa aos dous equipos costeiros en sitios distints, tras dúas liñas completamente antagónicas: O Dumbría suma 3 vitorias seguidas (4 e un empate nos 6 últimos partidos), mentres o XSC é o peor equipo da categoría no úlitmo mes, con 4 derrotas e 1 empate nos últimos 5 partidos.
Así, o Dumbría ascende ata a 7ª praza con 45 puntos, polos 35 dun XSC que queda de 15º , con só 5 de marxe sobre o descenso.
Xallas StComba - Negreira (0-2)
- XSC: Vicente, Rubén Forján (Cristian, min.85), Alberto, Rubio, Aarón, Jota, Marcos (Choco, min.53), Jesús, Joshi (Kevin, min.60), Vía Rápida (Anxo, min.71) e Doro.
- Goles: 0-1, min.34: golazo de falta directa; 0-2, min.63: tras un erro no despexe de Aarón.
Está o equipo xalleiro nunha dinámica na que todo o que pode saír mal, sae mal.
Non puido facer nada o XSC ante un potente Negreira que segue camiño da 3ª División. O partido era case de derbi e así o demostrou o feito de ser a mellor entrada da temporada, con case 400 siaireiros nas bancadas. O equipo de Coméndez estivo no partido anta o segundo gol, tendo ocasións para poñerse por diante e para igualar non sendo para nada inferiores.
Foi un choque intenso, sen demasiadas ocasións no que o líder demostrou a súa pegada, aproveitando mellor as ocasións. De falta directa se adiantaba á media hora o cadro local. Na segunda, o XSC intentou irse arriba, e tivo varias ocasións para empatar, pero no ecuador unha xogada por banda era aproveitada polos locais para facer o segundo e sentenciar o choque. Os nicrarienses souberon aguantar o partido sen demasiados apuros.
Atl. Riveira - Dumbría (0-1)
- DUMBRÍA: Iván, Tantán, David Carreira (Jose, min.55), Pablo Conde, Iago; Aarón, Diego Cespón (Darío, min.46), Rivi (Jano, min.70), Marcote, Adrián Nieto (Adrián Alcaina, min.46) e Adrián Makaay.
- Gol: 0-1, min.2: Marcote aproveita un balón que se lle escapa ao meta local.
Un gol de Marcote nada máis comezar o partido foi suficiente para que o Dumbría sumase, o pasado xoves santos, tres puntos que o deixan nunha posición privilexiada. Puido ampliar a renda aínda no primeiro cuarto de hora Adrián Makaay marrou, ata dúas veces un penalti (a primeira parouna o porteiro pero houbo que repetir e o segundo intento foi alto).
Aguantou ben, sen apuros, o primeiro tempo o cadro de Canosa, pero na segunda o cadro local, necesitado de puntos para asegurar a salvación, foise arriba. Tivo que empregarse en varias ocasións Iván, ante un Riveira que empurrou ata o pitido final e protestou un gol anulado por fóra de xogo xa nos minutos finais aos locais.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.30: 4 puntos contra os colistas.
- X.29: O XSC non se pode despistar.
- X.28: Haberá que ollar o retrovisor?.
- X.27: Preferente: A irregularidade pasa factura.
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).