Fixo estragos abondos, pero non tráxicos, o Entroido da Costa da Morte. A fin de semana de Enterros deixou unha xornada completa do fútbol costeiro, con moito en xogo.
Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos colleitaron resultados tan dispares como pouco esperados. Vaia, a vitoria do Dumbría pode que non sexa unha sorpresa, se ben os de Canosa, cunha gran primeira metade, superaron a todo un Mugardos, 3º da táboa. Pero o XSC recibía ao Castro, un equipo que chegaba cun punto de vantaxe a Fontenla, e que levou demasiado premio.
Viña con derbi a xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, e o Baio fixo máis mella na mala xeira do Sofán, líder durante moitas xornadas e que hoxe baixa xa ata a 4ª raza a 5 do liderato. Os baieses sitúanse a 3 dos carballeses tras un fermoso e igualado partido. Polo demais, gran vitoria do Soneira nada menos que no campo do Unión, ata hoxe líder. E que dicir da segunda vitoria consecutiva da Esteirana, ante un rival directo como é o Amio, o que marca a salvación. Hai vida para o cadro blaugrana na categoría, quedando agora a 3 partidos. Aí está o Corme, tralo seu empate en Padrón, empatado con Amio e Lesende con 27 puntos. O que non sumou foi o Malpica ante un gran Puebla.
Menuda xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, Zas, Outes e Castriz achéganse ao liderato tralo empate do San Lorenzo na casa ante o Carnota. O Zas superaba ao Cabana nas Redondas, o Outes non podía pasar do empate ante o Ponteceso no Cunchido e perdeu a ocasión de alcanzar aos carballeses, e o Castriz vencía en Camelle. En 2 puntos quedan os 4 equipos, formando o grupo destacado.
Por abaixo, o Porteño salvou unha bola de partido vencendo ao Montelouro nunha Grixa cascada, pero o cadro loureán segue quedando a 3 da teórica salvación, sen aínda ter presentes os arrastres da 1ª. O que tamén salvou unha final foi o Cee, vencendo en Malpica ao Seaia e pegando un salto importante para non pasar apuros.
Non sufríu a Mikaela o Cerqueda, que sumou a 10ª vitoria seguida na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira cun resultado moi tenístico. Tamén gañou o Ameixenda ao Corcubión, no debut de Pato no banco trala dimisión de Manolín, ao que todo o equipo quere adicar esta vitoria. Os dous equipos teñen todas as papeletas para acadar o ascenso directo. Na Promoción, o Coristanco vencía en Nantón, e métese na 3ª praza adiantando aos corcubioneses. Lira e Nantón manteñen a praza trala derrota do Muxía ante o líder.
De base
Xa na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, o Dumbría confirma que segue ao seu, mentres o resto pelexan pola segunda praza que dá acceso á Fase. Os Miúdos non pasaban do empate ante o Porteño, polo que o XSC, que vencía en Camariñas, se coloca a só un punto. En todo caso, Cabana e Camariñas quedan a só 3 do cadro muradán, polo que a loita está moi aberta.
Doble xornada esta semana da Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, que deixa á Esteirana invita con 7 de 7, e xa 5 puntos de vantaxe sobre o Coristanco, e 6 sobre Corcubión e Fisterra. Por abaixo, Baio e Castriz suman só un punto, e Castriz 3, polos 5 do Cee, os 6 do Malpica, os 7 do Corme e os 8 do Ponteceso. Todos loitarán por evitar as 3 últimas prazas que deixan fóra dos Oitavos de Copa.
Gran vitoria do Dumbría en Santiago na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, deixando ao propio cadro santiagués a 10 puntos e dando un paso de xigante que lle dá moita tranquilidade aos Juan e Joaquín. Pola súa parte, o XSC empataba en casa co Compostela, quedando aínda con 2 puntos de vantaxe sobre o cadro santiagués e con 3 sobre o descenso. O que vivíu unha nova xornada negativa foi o Dumbría infantil, que caia na casa ante o Residencia nun partido que era fundamental para intentar salvar a categoría. Os de Huelvis e Pablo quedan xa a 9 puntos da salvación.
Nas ligas comarcais, cando só faltan 3 partidos para o final, o Corme deu un paso fantástico na 1ª Cadete, tralo empate da semana pasada, ao vencer en Outes e aproveitar o empate do Cabana ante o Muxía, deixando así a vantaxe en 3 puntos sobre os cabaneses.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC non fallou ante o Zas e mantén os 5 puntos sobre o Fisterra, que iso si, ten un partido menos.
Ademais, aínda con media liga por diante, Outes e Cee A manteñen unha boa pelexa na F8 Alevín Costa Sur, mentres en F8 Benxamín Costa Sur o Fisterra vai destacado con 6 puntos sobre o Outes.
De Veteranos
Descansaba o líder da 1ª División das Ligas de Veteranos, pero só o Coristanco aproveitou para recurtar e colocarse a 3 puntos. A 3 queda tamén o Hosgran que non podía na sempre complicada saída ao Conco, e caía ante o Dumbría. O Milagrosa non fallaba na casa e queda a 5, co San Lorenzo a 6 e o propio Dumbría a 7.
Na 2ª División, o Agualada segue ao seu, e descansaba o Erbecedo, recurtándolle puntos o Corcoesto, pero aínda queda a 4 e con 2 partidos máis, nesa loita polas dúas primeiras prazas de ascenso.
Xallas StComba | 1-2 | Castro |
Dumbría | 3-1 | Gal. Mugardos |
Unión | 0-1 | Soneira |
Amio | 1-3 | Esteirana |
Puebla | 1-0 | Malpica |
Flavia | 1-1 | Corme |
Baio | 2-0 | Sofán |
Porteño | 2-1 | Montelouro |
Camelle | 0-1 | Castriz |
San Lorenzo | 1-1 | Carnota |
Fisterra | 2-1 | Camariñas |
Seaia | 1-4 | Cee |
Volantes | 0-3 | Mazaricos |
Outes | 2-2 | Ponteceso |
Baíñas | 2-1 | Buño |
Cabana | 1-3 | Zas |
Castrelo | 1-0 | Laxe |
Ameixenda | 3-0 | Corcubión |
Nantón | 0-3 | Coristanco |
Cerqueda | 6-4 | Muxía |
Os Miudos | 2-2 | Porteño |
Camariñas | 0-2 | Xallas StComba |
Dumbría | 6-0 | Cabana |
Castriz | 2-2 | Ponteceso |
Outes | 5-0 | Zas |
Corcubión | 5-2 | Baio |
Cee | 0-3 | Muxía |
Esteirana | 6-1 | Corme |
Fisterra | 4-0 | Malpica |
S.de Compostela | 0-1 | Dumbría |
R.C. Villalbés | 0-0 | Xallas StComba |
Outes | 0-4 | Corme |
Cabana | 1-1 | Muxía |
Sofán | 2-10 | Fisterra |
Baio | 3-0 | Coristanco |
Os Miudos | 3-7 | Cee |
As Baleas | 4-3 | Esteirana |
Ponteceso | 0-3 | Sofán |
Coristanco | 1-1 | Vimianzo |
Fisterra | 5-1 | Cee |
Corme | 0-5 | Cabana |
Esteirana | 4-1 | Outes |
Zas | 1-3 | Xallas StComba |
Os Miúdos A | 2-6 | Dumbría B |
Cee A | 2-1 | Fisterra |
XSC A | 3-1 | Dumbría |
Esteirana B | 1-15 | Esteirana A |
As Baleas | 5-2 | Lira |
Sofán | 8-1 | Cee B |
Os Miúdos B | 2-10 | Outes A |
Sofán | 3-2 | Cee B |
XSC A | 1-5 | Dumbría |
As Baleas | 11-1 | Lira |
Cee | 0-16 | Fisterra |
XSC B | 3-4 | Esteirana |
Miúdos B | 0-6 | Outes |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 22
Laxe | 1-1 | Cabana |
At. Milagrosa | 2-0 | Baio |
Dumbría | 2-1 | Hosgran |
Soneira | 2-4 | Bértoa |
San Lorenzo | 4-0 | Castriz |
Ponteceso | 0-1 | Coristanco |
Xv. Bergantiños | 0-3 | Zas |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 22
Cerqueda | 3-1 | Sofán |
Poniente | 1-0 | Camariñas S.D.V |
Malpica | 0-5 | Corcoesto |
Nantón | 1-1 | Dep. Carballo |
Leiloio | 2-2 | San Isidro-Razo |
Porteño | - | Buño |
Agualada | 8-0 | Vimianzo |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).