Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol



5 costeiros participaron esta fin de semana no Campionato de España de volei coa Selección Galega. E un volve con premio. É Unai Larrañaga, capitán da Selección Infantil, que volve cunha histórica medalla de bronce de Valladolid.
Ademais, a Selección Cadete, que contaba coa participación dos costeiros Manuel Marcote (colocador e capitán do equipo), David Redonda (receptor) e os centrais Marco Lado e Gabriel Trillo, acadou un meritorio 7º posto.
Bronce para os Infantís
Os xogadores de Alberto Rodríguez e Adrián Alves deron a sorpresa xa o primeiro día de competición, repoñéndose dun 2-0 en contra e superando a Cataluña no quinto set. Este arranque foi toda unha declaración de intencións dos nosos infantís, que tras clasificarse para os cuartos de final, volvían deixar mostra do seu carácter, superando no quinto set a Madrid, e facéndose cun oco nas semifinais do torneo.
Non puideron no pase á final coa Comunidade Valenciana, firme candidata xa entón ao título nacional que posteriormente conseguiría (0-3). Pero os galegos non se renderon. Preparados para loitar pola medalla de bronce arrincaron cun 5-0 ante Estremadura que souberon conservar ata a recta final do primeiro set, no que malia a avanzada extremeña, Galicia lograba puntuar cun 25 - 22.
No segundo, o comezo foi totalmente diferente ao anterior. Estremadura saíu forte, cunha vantaxe inicial imposible de superar polos galegos, que tralo 15-25 xa pensaban no seguinte asalto. De novo na terceira manga Galicia collía o mando do partido e nun final axustado (25-18/25-21) lograba facerse coa vitoria e alcanzar unha medalla de bronce histórica para o voleibol galego.
Os cadetes, sétimos

Tras unha gran fase de Grupos, na que a Selección Cadete Masculina tan só cedeu ante a gran favorita e finalista, Valencia, os de Eloy Mahía e Manu Rodríguez lograban a clasificación para os cuartos de final, onde se cruzarían co combinado balear.
O conxunto de Illas Baleares fixo valer a súa condición de favorito nos últimos tramos de tres sets nos que ambos equipos mantivéronse con opcións ata o último momento (21-25, 20-25, 23-25), truncando así o avance de Galicia nas eliminatorias.
No seguinte paso non tiveron sorte os galegos, xa que no cruzamento veríanse as caras cun dos grandes favoritos a priori para o título, Andalucía, eliminado nunha ajustadísima pelexa en cuartos por outra potencia, Cataluña. Pese a todo, tras dous sets gañados polos andaluces (25-16/25-10), a selección galega soubo tirar de orgullo para loitar ata o último momento e plantar cara a un dos grandes nun terceiro set no que os dous equipos tiveron opcións (29-27) e que a punto estivo de cambiar o rumbo do partido.
Tras esta derrota, o obxectivo dos cadetes pasaba a ser a sétima posición, conseguida na mañá de hoxe ante Canarias, nun partido moi traballado, pero dominado polos galegos en tres mangas (25-21/25-20/ 25-19).
Novas relacionadas
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
- 5 xogadores do Volei Dumbría á Selección Galega.
- O Manuela Rial, doble campión intercomarcal e segundo no Campionato Galego Infantil.
- O Volei Dumbría, 4º no Campionato Galego Xuvenil.
- O Volei Dumbría remata a Liga Galega cun pleno de vitorias.
- Os equipos femininos de volei colleitan unha doble derrota.
- Os Cadetes do Volei Dumbría xa saben o que é perder.
- Tercera semana de vitorias para o Volei Dumbría e varios xogadores convocados ca Selección Galega.
- Novo pleno de vitorias da familia do Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias na Liga Galega para a familia do Volei Dumbría.
- Empate nos derbis entre o Volei Dumbría e o Xiria.
- As infantís do Manuela Rial pegan un salto.
- Os peques do Manuela Rial comezaron as ligas con vitorias.
- O Volei Dumbría empeza o 2014 con 2 vitorias e 2 derrotas.
- Os cadetes do Volei Dumbría despiden o ano como líderes da Liga Galega.
- Os líderes puideron cos equipos do Volei Dumbría.
- O Volei Xiria estrea web cando remata a xeira das infantís do Dumbría.
- O Volei Dumbría mantén a xeira e celebra a convocatoria de 13 xogadores á Selección Galega.
- Tres de catro para o Volei Dumbría.
- 6 de 6 para o Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias para o Volei costeiro.
- As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar.
- As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final.
- Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría.
- O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas.
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.