Luns. 04.11.2024
El tiempo

Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur

Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur
O entre Corme e Malpica era dos máis atractivos da xornada-Foto-Kevin Veiga

Primeira xornada da segunda volta e continúan as cousas asentándose. Polo Norte o Malpica daba un golpe na mesa vencendo no Cairo, e xa saca 3 ao Cabana (cun partido menos), 5 aos cormeláns, e 6 ao Ponteceso.
Polo Sur, o Dumbría non xogaba e foron a Esteirana e o Cee os grandes beneficiados da xornada, pois as súas vitorias contra rivais directos os deixan máis preto da Liguilla.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 12

Pegou un paso adiante o Malpica tras vencer no Cairo ante o Corme. Queda pois de líder o Malpica destacado, con 3 sobre un Cabana que descansaba, e 5 sobre o propio cadro cormelán. Por detrás queda o Ponteceso, que vencía ao Baio rematando definitivamente coas posibilidades do cadro baiés de engancharse na loita.

Corme - Malpica (1-3)

Xuvenis do Corme no Cairo-Foto-Luis E Porto
  • CORME: Rubén; Cristian (Sergio, min.67), Iván, Joshua, Eloy, Antonio (Fernando, min.88), Brais, Quique (Isaac, min.77), Alejo (Manu, min.33), Juanma, Isma (Fran, min.58).
Xuvenis do Malpica no Cairo-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, Canario, Steven, Diego, Pitís, Guille (Mouri, min.77), Almeida (Gabi, min.90), Eloy (Alberto, min.71), Kevin.
  • Goles: 0-1, min.55: Kevin remata un centro no segundo pau; 0-2, min.60: Kevin remacha un saque de banda peiteado; 1-2, min.83: Brais a centro de Fran; 1-3, min.86: Almeida de cabeza a un córner de Alberto.
Kevin e Juanma Capis do Malpica e do Corme Xuvenis-Foto-Luis E Porto

Arrincaba o partido máis intenso da xornada no Cairo co detalle da directiva cormelá co cadro malpicán dunha réplica de dous futbolistas cos escudos de ambos clubes en aceiro inoxidable. O bo ambiente era o protagonista nas bancadas do Cairo.

Foi un partido moi igualado, cun Corme algo blando en defensa, e ante o Malpica non se pode ser blando, pois a dinamita é o meirande mérito dos malpicáns. O Malpica demostrou unha vez máis ser un equipo tremendamente sólido, sen fisuras atrás, e que sabe aproveitar as súas armas: as xogadas a balón parado e a verticalidade.

A primeira metade non tivo demasiadas ocasións. O Corme avisaba por medio de Brais e o Malpica respostaba cunha xogada de Eloy e Jorge. Os cormeláns tiñan o balón e combinaban, achegándose con certo perigo como un remate de Quique nun córner.
Na segunda, os malpicáns, co vento a favor, estiráronse e pronto chegaron os dous primeiros tantos, aproveitando unha páxara dos cormeláns. Recurtou o Corme cando faltaba pouco pero o Malpica respondeu cun mazazo sentenciando o choque.

Baio - Ponteceso (1-2)

  • BAIO: Guille (Alex, min.80), Pablo, Michi, Silvariño (Alfonso, min.80), Efe, Kevin, Anxo, David (Javi, min.75), Santi Díaz, Cristian (Estéfano, min.66), Pedro (Jose, min.46).
  • PONTECESO: Dani Santos, Adrián, Dani Sánchez, Diego, Dani Villar, Lorenzo, Ismael, Pablo (Iago Pérez, min.65), Dani Valle, Iago (Ismaeil, min.46), Cristian.
  • Goles: 0-1, min.20: Cristian tras un bo desmarque; 0-2, min.35: Lorenzo tras un saque de esquina raso; 1-2, min.80: Anxo de falta.
  • Lesión: o pontecesán Iago.

Dúas partes ben diferenciadas nun intenso partido que amosaría se o Baio se podía meter na zona de arriba. Pero quedou sen premio a pesar dunhaboa segunda metade. O primeiro tempo estivo totalmente controlado polo Ponteceso, no que debtaba no banco Rubén Souto trala marcha de Dani Pallas por motivos laborais. O cadro pontecesán, con bo xogo combinativo, dominaba ante un desaparecido. Adiantábase aos 20 minutos e cando faltaban 10 para o descanso chegou unha xogada que matou aos baieses cun gol en propia que fixo moito dano.

Así e todo os de Pastoriza saíron polo partido na segunda, e foron mellores aproveitando o baixón físico dos visitantes. Perdeu a intensidade da primeira o Ponteceso metade pois o novo xeito de xogar implica unha meirande esixencia física. Ía achegándose á meta visitante ata que Anxo recurtaba de falta, pero só quedaban 10 minutos para o final. Tivo unha para empatar pero Javi tirou no man a man que salvo un defensa case que na liña de gol.

Laxe - Porteño (10-1)

  • Goles: Adrián (3), Elías (3), Lolo (2), Pibe e Galgo para o Laxe. E Matías para o Porteño.

Sen porteiro se presentaba o Porteño de Ordóñez, e apenas puido prantar cara a un Laxe que marcaba a cada chegada. Brais Nión estaba con gripo polo que tivo que ser o sei tocaio Brais Pose, central, o que se puxera baixo paus. Foi un partido sen moita historia como reflicte o resultado, pois os da Ponte saíron moi condicionados polo tema da portería..

Coristanco - Castriz (1-0)

  • CORISTANCO: Nacho, Javi, Cristian, Iván, Navarro, Jorge (Falcao, min.70), Bértoa, Brandón, Fondo, Abelenda (Gabriel, min.50), Chiqui.
  • CASTRIZ: Víctor, Corro, Alberto, Bolita, Jordi, Balsa, Miguel, Ángel, Diego, Pablo e Andi.
  • Gol: 1-0, min.2: Abelenda.

Arrincaba o partido co gol inicial de Abelenda que puña as cousas costa arriba a un Castriz que segue mellorando. Brandón e Bértoa puideron ampliar pero o marcador non se movería. Moi mellorado o Castriz, que intentaba sacar os balóns longos do Coristanco buscandoi ás costas da defensa.

Na segunda o partido estivo equilibrado. Gabriel en xogada e Jorge nun córner puideron sentenciar pero a partir do min.70 o Castriz comezou a apretar e tiveron moi cerca o empate, como nun balón ao pau de Diego, pero parece que aos xalleiros botan de menos un home gol arriba.

Muxía - Camariñas (2-3)

  • Goles: 0-1, min.10: Santi; 0-2, min.20: Piru; 1-2, min.40: Marco de penalti; 2-2, min.65: Josiño; 2-3, min.85: Santi.
  • Expulsións: os camariñáns Martín e o porteiro José Luís.

Xogábase o partido en Arliña pois na primeira volta cambiaron a orde porque daquela Arliña estaba en obras. Foi un artido de poder a poder que sacou o Camariñas de Pirucho ante un gran Muxía, que aguantou ata o final e puido deixar os puntos na casa. Comezaba pegando o Camariñas que se metía pronto 0-2. Pero o Muxía de Javier Lema reaccionaba e facía grandes minutos recurtando ao fío do descanso, e mandando e empatando nos primeiros 20 minutos da segunda.

O Camariñas quedou con 10 e o Muxía seguia dominando, pero xa sen tantas ocasións. E tras unha falta Santi facía o 3º case contra o final que deixaba ao Muxía, que se volcou nos últimos minutos, sen premio.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 12

Só 3 partidos se disputaban esta xornada na Liga Sur, pois ademais que descansan Soneira e Fisterra, o choque entre Dumbría e Lira aprazábase pois o Lira non conseguí axuntar xente, que entre lesionados e xogadores que tiñan que ir cos maiores, non xuntanban equipo.

O partido pois máis interesante foi o disputado en Fontenla, entre dos dos aspirantes a entrar na Fase. E a Esteirana pegou un golpe na mesa superando ao XSC, e colocándose 2º, con 20 puntos, 1 máis que o Cee e 2 sobre os propios xalleiros e o Outes.
Un Outes que superaba ao Mazaricos con máis apuros dos esperados, e un Cee que vencía en Miraflores noutro choque clave que abría a posibilidade de que o Muros se metese de cheo na loita.

Xallas StComba - Esteirana (1-2)

  • XSC: Alvarito, Miki, Álex (Luís, min.70), Pérez (César, min.75), Carlos (Torres, min.55), Fabián, Tefi (Sergio Barbeira, min.46), Pablo, Adrián, Styven e Iván.
  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tico, Sergio, Rafa, Damián, Tobío, Cristian, Fabio, Manu, e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.20: Adrián; 0-2, min.35: Adrián; 1-2, min.70: Sergio Barbeira.

Partido estrano, que comezaba co equipo local moi enriba e con varias ocasións para poñerse case con 3-0 no marcador. Pero a falta de acerto dos de Rafa e as boas intervencións de Marcos permitiron que a Esteirana mantivera a porta a cero durante moitos minutos. Unha Esteirana na que Martín chegaba con numerosas baixas, só 12 xogadores.

Un balón ao longueiro de Iván Pastoriza; un remate de ombreiro de Iván; un man a man de Adrián con varios rexeites que salvou o porteiro esteirán ao propio Adrián e a Landeira; Pablo e Miki creando moitas ocasións por banda... Non marcaba o XSC e nun par de contras rápidas dos de Esteiro metían un 0-2, aproveitando a velocidade de Adrián que complicaban as cousas para os xalleiros.

Non foi o mellor xogo do XSC, que tivo moita ocasións pero abusaron demasiado da condución, sen condución, no pesado campo de Fontenla. E na segunda, os locais estiveron case todo o partido en campo contrario ante unha Esteirana moi ben ordenada.
E fallaron varias ocasións claras os locais, antes e despois do tanto de Sergio barbeira, como un remate ao pau de Iván, un tiro dende lonxe de Fabián, un xogadón de Iván, ouun tiro de Styven que salvou un defensa. Pero non chegou o empate e a Esteirana conseguiu o impensable.

Mazaricos - Outes (0-2)

  • MAZARICOS: Samuel, David (Chiqui, min.50), Bruno (Rubén, min.85), Marcos (Torreón, min.86), Bieito, Raúl, Tiago, Carreira, Arturo (Canario, min.87), Borja (Guillermo, min.87), Licerino.
  • OUTES: Yoel, Brión, Rubio (César, min.46), Yura, Rafa, Álvaro, Babu, Ibra (Zeta, min.65), Adrián (Xurxo, min.70), Veleiro, Pablo (Santi, min.55).
  • Goles: 0-1, min.20: Ibra; 0-2, min.80: Santi.
  • Expulsión: o visitante Álvaro recibe o segundo cartón por desprazar o balón (min.55).

Disputado encontro cun Mazaricos que parece que se vai motivando trala estrea da semana pasada. E puido adiantarse o cadro de Casais por diante nada máis comezar pero foron os de Manu Roque os que, por medio de Ibra, abriron o marcador no ecuador da primeira. Pero aí se deixaron levar os da Serra, atenazados polo vento e o frío e o Mazaricos pasou a dominar

Arrincaba a segunda metade con varias ocasións de córner para o Mazaricos, e coa expulsión de Álvaro que deixaba con 10 ao Outes. E curiosamente cun home menos xogou mellor o Outes que retomou o mando, non permitiu ocasións dos amarelos e sentenciou contra o final.

Muros - Cee (2-3)

  • MUROS: Javi, Yeray (Marcos, min.55), Diego (Sergio, min.77), Miguel, Samu, Santi, Alberto (Manuel, min.46), Álvaro, Hugo (Santi, min.58), Ramón (Ainon, min.59) e Sergio.
  • CEE: Paulo, Jicho, Vilela, Carlos Leis (Trillo, min.55), Tebo, Nanón, Rafa, Andrés, Kevin (Germán, min.86), Ferrio (Alex, min.59) e Mario (Pablo, min.87).
  • Goles: 0-1, min.18: Nanón; 0-2, min.49: Mario; 0-3, min.71: Nanón; 1-3, min.87: Samu de penalti; 2-3, min.89: Santi de penalti.
  • Expulsión: o ceense Tebo, no min.89 con vermella directa.

Visita complicadísima dos xuvenís do Cee no Eleuterio Balayo, nun choque que podería ter metido ao Muros na loita. Comezou o cadro local mandando pero foi Nanón o que abría o marcador tras un rexeite. Tivo ocasións o Muros de empatar en varias xogadas, aproveitando algunha que outra imprecisión da defensa ceense pero o marcador non se movería.

A segunda comezaba co gol de Mario, tras un bo pase ás costas da defensa. Malos minutos do cadro local que acusou o segundo tanto, e Rafa, Andrés e Mario tiveron ocasións para ampliar a renda. Foi de novo Nanón quen marcou o terceiro, o que parecía a sentencia.

Pero tivo que sufrir, e moito, o Cee para quedar cos puntos. Faltaban menos de 5 minutos cando Samu metía o primeiro de penalti, e intres despois Santi, de novo dende os 11 metros, metia o 2-3 e a incertidume no marcador. Se os visitantes protestaron sendas decisións, os locais aínda pedirían un terceiro pero que o colexiado non sinalou.

Crónicas das Ligas Xuvenís

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios