1ª FUTGAL: O Castriz afunde o soño do San Lorenzo

Imaxe do Castriz-San Lorenzo. Fotos-Luís González
Viña soñando nas últimas semanas o San Lorenzo pero a derrota en San Pedro, e o empare do Bertamiráns ante o Muxía e a vitoria do Agolada, fixo espertar aos de Iván Rojo. Os carballeses quedan a 10 puntos da salvación, co Agolada aínda polo medio con 6 de vantaxe, demasiados atrancos para só 6 xornadas.

 

Polo demais, na zona de baixo, importantísima vitoria, con remontada tremenda (convertiron en 10 minutos do final un 3-1 nun 3-6!!), da Esteirana, que lle permite respirar un pouco.

Por arriba, o Dumbría suma de 3 en 3, e afianza a terceira praza de promoción tras 5 vitorias seguidas.

Castriz - San Lorenzo (4-1)

  • Castriz: Coke, Rodo, Samu Castro, Fabián, Brais, Marcos Mouro, Josiño, Adrián García, Borja Gándra, Iván Pastoriza e Noli. Tamén: Brais Canosa, Gesto e Anxo.

  • San Lorenzo: Mario, Alberto Campos, Javi, Alex Costa, Hugo Pereiro, Alex Vázquez, Baldo, Iago, Alex Taibo, Riki e Eloy Arantón. Tamén: Javi Souto, Jugo Rey, Pablo Rod., Ragusa, Rodri, Rubén e Isma Pena.
  • Goles: 1-0, 30: Josiño; 2-0, m.45: Borja Gándara; 3-0, m.56: Adrián García; 3-1, m.89: Rodri; 4-1, m.92: Samu Castro de falta.
Os capis de Castriz e Sanlo, Adrián García e Alex Taibo, co trío arbitral, David Vázquez Lema, Alfonso Caamaño e Diego Maneiro. Foto: Luís González

Co cadro xalleiro aínda dixerindo a festa do cocido do sábado, o SanLo, coa boa inercia dos últimos resultados, comezou dominando, con máis intensidade, gañando todas as disputas e mesmo tendo varias ocasións de gol. Pero trala pausa de hidratación, o equipo local espabilou, e na primeira chegada marcou Josiño. Gol que pesaba moito nos carballeses e máis que pesou o segundo, xusto antes do descanso.

Intentouno o equipo visitante pero co vento en contra custoulle, e o Castriz tirou de pegada, fixo o terceiro e sentenciou o partido. Recortou distancias xa case que co tempo cumplido o Sanlo, gol do xuvenil de primeiro ano Rodri. Viuse superado o SanLorenzo por un combativo Castriz. Perden os de Verdillo, unha oportunidade para recortar e achegarse os equipos mais cercanos.

Calo - Esteirana (3-6)

  • Esteirana: MJ, Kevin, Simón, Godo, Tobío, Adrián, Alex Rama, Pablo Rama, Antón, Oli, e Róber Pladur. Tamén: Code, Pachi, Elías, Adán.
  • Goles: 1-0, m, 27: Adrián García nun córner; 2-0, m.52: Alex Villanueva; 3-0, m.60: Adrián García; 3-1, m.61: Róber Pladur; 3-2, m.81: Elías; 3-3, m.84: Godo nun córner; 3-4, m.87: Elías; 3-5, m.90: Elías; 3-6, m.92: Antón.

Remontada histórica da Esteirana no treito final do partido no Rebordelo, un campo pequeno, con moita disputa en cada xogada a balón parado, como precisamente se metían por diante os locais, dando conta dos problemas que están tendo os de Iván González este ano na estratexia. Os blaugranas intentaban dominar o balón, saíndo ben, e a pesar do gol fixeron unha boa primeira parte, tendo no treito final varias chegadas por banda tanto de Godo como Antón, ou un tiro de Oli.

Comezou o segundo tempo pero nun erro nun segundo balón os locais facían o segundo. Un duro pau para os esteiráns, que comezaron a facer cambios, pero de contado os locais fan o terceiro nunha xogada na que os visitantes pedían falta sobre MJ, que quedaba tirado no chan, e os xogadores locais acaban metendo gol tras uns momentos de indecisión.

Pero o adestrador local decidiu que o equipo local cedese un tanto pola xogada, por considerar que se debería ter parado o xogo, e Pladur recollía o bo xesto. “Un acto de xogo limpo e deportividade exemplar”, agradece a Esteirana.

O partido seguía igualado, cos locais aínda cómodos, pero cos de Iván apretando. E a 10 do final comezou a tolemia. Elías metía de verdade no partido aos esteiráns, que obrigaban aos locais a meterse na súa área. Godo marcaba de córner e coa inercia, e o Calo absolutamente derrotado, Elías facía aínda outros dous e Antón pechaba un treito final tremendo.

Dumbría - Bastavales (4-0)

  • Dumbría: Anxo, Kanario, Brais, Antón, Breixo, Dani Chao, Toni, Alex Marcote, Lucas Toba, Estévez e Juanjo. Tamén: Isma, Mataso, Breixo Castro, Gabi, Adrián Periscal, Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.2: Alex Marcote; 2-0, m.30: Estévez de penalti; 3-0, m.57: Breixo; 4-0, m.61: Toni.

Quinta vitoria consecutiva deste Dumbría que vai coa quinta marcha posta. Foi un partido cómodo que xa se puña de cara aos 2 minutos. Non apretou demasiado o Bastavales e o cadro de Pablo Conde puido dominar sen apuros, marcando o segundo e tendo ocasións para ampliar a renda. 

Si que saíron algo apagados na segunda, pero non sufriron demasiado e o terceiro de Breixo xa sentenciou. 

Praíña - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Joselu, Mario, Colombia, Rubén, Maikel Mouzo, Piti, Juan Trillo, Gabri, Lobelos, Isaac Fábregas e Adrián Makaay. Tamén:
  • Goles: 1-0, m.4: Aron; 2-0, m.88: Torrente.

Mal partido no Juan Amado de Pontevea, que xa comeza cun erro en defensa por un bote no campo de herba natural, e gol local. E a partir tocaba remar, cun Fisterra pouco acostumado a dominar o balón ante un equipo pechado atrás, que empurrou e empurrou durante 90 minutos.

Os de Lobelos protestaron unha xogada de gol anulado por fóra de xogo, e un penalti por mans que o colexiado sinalou fóra da área. Na segunda seguía o mesmo guión, co cadro local agazapado atrás e o Fisterra propoñendo como podía, sendo a máis clara un pase de Guille a Makaay que no man a man remata ben pero lla saca o porteiro local cun paradón abaixo. Xa co equipo envorcado e os xuvenís no campo, noutra xogada de carambola, os locais fan o segundo.

Finalmente un equipo que non expuxo nada quedou cos puntos, ante un Fisterra que está nun momento cativo de resultados.

Bertamiráns - Muxía (2-2)

  • Muxía: Adrián, Mateo, Anxo, Kevin, Fabián, Iago, Mauro, Julián, Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Fran Moreira. Tamén: Iván Bouzón, Alex, Congui, Darío e Vilela.
  • Goles: 1-0, m.30: Mateo; 1-1, m.63: Manu Nogueira; 1-2, m.66: Fran Moreira; 2-2, m.78: David.

Non foi o mellor partido do Muxía que disputou unha mala primeira metade, superado polo cadro local en canto a intensidade, e perdendo os duelos e as segundas xogadas. Apenas tivo un tiro a porta por medio de Víctor Alcaina o cadro vermello, ante un Bertamiráns máis acertado e que conseguía abrir o marcador á media hora.

Cambiou cousas Pataca na segunda, e coa saída de Congui e Darío, ademais da de Iván Bouzón, o equipo mellorou moito. Avisaron pronto e en dous zarpazos no ecuador do segundo tempo, Manu Nogueira e Fran Moreira dáballe a volta ao marcador. Non estaba sufrindo demasiado o cadro muxián no treito final, pero nunha falta lateral, discutida polos muxiáns, os locais conseguían empatar.

Máis info

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL