1ª FUTGAL: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois

Despois de máis dun ano volveu o San Lorenzo a conseguir unha vitoria nas Pedreiras. Os de Iván Rojo levaban unha soa vitoria, colleitada na xornada 12 na casa do Bertamiráns, e este domingo conseguían ante o Muxía a súa segunda. Quedan agora os carballeses con 10 puntos, deixan o posto de pechacancelas ao Vista Alegre, están a 4 do Bertamiráns e a 9 do Agolada, o equipo que marca a salvación.
Polo demais, inusual cerocerismo no derbi entre Esteirana e Fisterra nun partido máis vistoso do que indica o resultado. Pola súa parte, Castriz sufría unha crúa derrota na casa.
Pero a peor nova foi a do Dumbría. Levaba 16 partidos sen perder e xa leva dúas derrotas seguidas o Dumbría. O cadro de Pablo Conde cae á terceira posición tras caer ante o rival directo, un Carral que se coloca 3 puntos por diante na sgeunda posición, mentres os dumbrieses vén como o Club do Mar, que hai dúas xornadas estaba a 2 puntos, se coloca xa a 6.
San Lorenzo - Muxía (2-1)
- San Lorenzo: Javi Souto, Campos, Pablo Garrido, Isma Pena, Rodri, Baldo, Alex Costa, Alex Vázquez, Iago, Riki e Arantón. Tamén: Mario, Hugo Rey, Javi, Canedo, Ragusa e Rubén
- Muxía: Adrián, Mateo, Carlos Cost, Congui, Mauro, Jualián, Víctor Alcaina, Iago, Rober, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Fabián, Anxo, Kevin, Alex, Manu e Darío.
- Goles: 0-1, m.6: Mauro; 1-1, m.65: Riki de penalti; 2-1, m.94: Isma Pena.
Partidazo nas Pedreiras, coma sempre de moita desputa e balóns longos nun céspede que non logra recuperar do chuvioso inverno que levamos. Comezou mellor o Muxía que pronto se adiantaba no marcador tras un roubo na saída do balón. A primeira metade transcorreu moi igualada e sen grandes ocasións, alén dun par de chegadas a balón parado.
Abríase algo máis na segunda, cando o equipo de Iván Rojo sube liñas, deixando espazos para que o Muxía tivese varias ocasións boas para ampliar a renda. Non estiveron acertados os onte azuis, e no ecuador, unha xogada do xuvenil Rodri e Riki, acaba en penalti transformado polo 7. Volveu percutir o Muxía con varias chegadas de perigo, pero o San Lorenzo defendía con todo, mesmo sacando goles da liña de gol. E xa co partido no descontísimo, unha xogada a balón parado colgada á área muxiá era aproveitada polo xuvenil Isma para desatar o delirio nas Pedreiras.
Esteirana - Fisterra (0-0)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Godo, Antón, Kevin, Elías, Oli e Adán. Tamén: Róber Pladur, Saúl, Jose, Bieito, Pachi.
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Piti, Dani, Lobelos, Juan, Rubén, Jano, Bruno e Isaac Fábregas. Tamén: Mario, Guille, Jose, Maikel Mouzo, Gabi, Ángel e Miguel.
Sorprendente 0-0 nun choque entre dous equipos acostumados aos goles, pero así e todo foi un partido igualado, vistoso, no que se cadra a Esteirana sería gañadora aos puntos.
Os locais comezaron ben, intentando sacar algo máis o balón entrando por banda cos carrileiros (os eternos Code e Simón) moi profundos, ante un Fisterra que busca sempre a Isaac e Bruno. Os de Iván González tiveron un par de chegadas de Antón, sobre todo unha tras unha cesión de Elías.
Tamén ao fío do descanso Isaac puido acertar.
Fundamental a segunda metade de Joselu, solventando chegadas varias como un tirazo á base do pau de Oli, un chut de Pachi que para cos pés estando xa tumbado, e outro man a man de Elías.
O Fisterra recuperábase algo máis no último treito de partido, e ten un par de chegadas como un remate de Bruno tras un pase atrás de Juan; un centro de Bruno ao segundo que remata Isaac lixeiramente fóra; ou un man a man de Isaac que marra na definición ante un gran MJ.
Castriz - Tordoia (0-3)
- Castriz: Coke, Fabián, Jose Rey, Anxo, Brais, Marcos Mouro, Alberto Mata, Adrián García, Borja Gándara, Pastoriza e Miller. Tamén: Rodo, Elvis, Samuel, Noli e Gesto.
- Goles: 0-1, m.33: Denis Becerra; 0-2, m.60: Alberto Fraga; 0-3, m.70: Alberto Fraga.
Un dos peores partidos da temporada do cadro de Miguel Chouza. Comezaba igualado, pero se lle puxo de cara nunha falta directa do eterno Denis. Chegaron as présas nos locais, que se viron algo precipitados, e ademais non souberon controlar as disputas, os paróns, os piques… A segunda metade foi moi interrumpida, e cando os xalleiros estanan envorcados, dúas contras sentenciaban o partido.
Dumbría - Carral (0-3)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Alex Marcote, Baba, Toni, Dani Chao, Lucas Toba, Xabi Castro, Juanjo e Diego Estévez. Tamén: Isma, Brais, Goyes, Antón, Breixo Castro, Quique e Breixo Martínez.
- Goles: 0-1, m.51: Jacobo; 0-2 m.77: : Jonatan Fila; 0-3, m.94: Cristian.
Segunda derrota consecutiva do Dumbría. Tras caer ante o Praíña, os dumbrieses caen ante un rival directo, pero aínda así quedan no 3º posto, de promoción, con 3 puntos de vantaxe sobre o Boimorto.
Saíron moi enchufados os visitantes, que nada máis comezar mandaron un balón ao pau. Os visitantes estaban máis cómodos sen balón ante un Dumbría que tiña o dominio pero non estaba solvente.
Nada máis saír na segunda, o Carral adiántase nunha xogada que marca o partido, protestada polos locais por posible fóra de xogo. A partir de aí, o Carral pon o partido onde lle convén, moi brusco, con moitas interrupcións, e o Dumbría non acaba de atopar ocos e traspasar liñas e acaba caendo.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.20: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.19: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.