xoves. 24.04.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: O Dumbría segue firme

Ruben no Bertamirans-Fisterra
Imaxe do Bertamiráns-Fisterra
1ª FUTGAL: O Dumbría segue firme

Segue moi forte o Dumbría e non fallou ante un equipo da zona media, endosándolle unha goleada ao Vea.

Volveu escapárselle puntos á Esteirana, desta ante o líder nun partido no que merecerin máis.

Pola súa parte, 5 partidos sen gañar levaba o Muxía (a súa 7ª praza demostra o temporadón que está facendo), e conseguíu romper a mala serie no campo do pechacancelas.
Bo empate, pero se cadra insuficiente, do San Lorenzo, en Calo, tendo en conta que o Bastavales tamén sacou un punto en Castriz.

Vista Alegre - Muxía (1-3)

  • Muxía: Ángel, Mateo, Anxo, Congui, Carlos Costa, Julián, Víctor Alcaina, Iago, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Alex, Fabián, Darío, Javi Vilela e Kevin.
  • Goles: 0-1, m.33: Víctor Alcaina tras unha boa xogada colectiva; 1-1, m.47. Jacobo; 1-2, m.67: Fran Moreira; 1-3, m.81: Víctor Alcaina de penalti sobre Fabián.

Vea-Muxia

Partido moi serio dos de Pataca, cunha primeira metade na que marcharon cun gol de vantaxe pero puideron ser 3 ou 4 debido ás claras ocasións xeradas.

Pero nada máis saír dos vestiarios, os visitantes saían con todo e empataban de contado. Foi un duro golpe, pero pouco a pouco os muxiáns se repuxeron e comzaron a controlar de novo, e facer ocasións. Apareceu Fran Moreira para facer o segundo e xa no treito final, Víctor non errou un penalti cometido sobre Fabián.

Esteirana - Club do Mar (2-3)

  • Esteirana: MJ, Godo, Tobío, Adrián, Code, Pablo Rama, Alex Rama, Antón, Elías, Oli e Róber Pladur. Tamén: Kevin, Sui, Bieito e Pachi.
  • Goles: 0-1, m.45: Godo remacha unha deixada de Róber; 1-1, m.47: Alberto Díaz; 1-2 m.49: Alberto Díaz; 1-3, m.57: David Dopico nun córner; 2-3, m.83: Tobío a centro de Sui.

Gran partido da Esteirana ante o poderoso líder, un dos poucos equipos que foi quen de levarlle o control do xogo, pero que levou o partido gracias ás carencias blaugranas na defensa do balón parado.

Comezaba o partido moi disputado, cun par de ocasións para cada lado na primeira metade. Primeiro comezaron mandando os visiantes con máis posesións e un par de chegadas, pero a partir da media hora os de Iván González foron chegando un remate de Pablo que pega no pau, e unha de Elías que mandou ao corpo do porteiro cando xa se cantaba gol. E xusto na última xogada da primeira metade Godo abre o marcador para os locais.

Pero nada máis saír á volta dos vestiarios, nun córner que non era, os visitantes empatan, e un par de minutos despois, segundo en contra. Tardou en reaccionar o cadro local, e pouco despois, noutro córner, os caioneses fan o terceiro. Pero non desistiu o equipo costeiro, e a 10 do final Tobío remata a gol un centro de Sui. Xa avisaran antes e aínda quedaban dúas ocasións para conseguir o que tería sido un xusto empate, sobre todo unha de Kevin na última xogada do partido que remata de exterior unha internada e o porteiro salva coa planta dos pés.

Calo - San Lorenzo (0-0)

11 do San Lorenzo

  • San Lorenzo: Javi Souto, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi, Alex Costa, Álx Vázquez, Baldo, Hugo Pereiro, Alex Taibo, Eloy e Riki. Tamén: Mario, Raúl, Pablo Rod., Iago, Ragusa, Rubén e Isma Pena.

Entraba moi ben no partido o equipo de Iván Rojo, dominando e xerando ocasións tan claras como unha internada de Eloy por banda que dá o pase atrás para que Baldo remate alto. Respondiu o Calo nun man a man que salva Souto. Reclamaron penalti os visitantes nunha xogada de Javi.

Na segunda, parte máis do mesmo, tendo de novo dúas claras o Sanlo nun balon de Javi ao longueiro e nunha cesión o porteiro dun xogador local que non entrou de milagre. Bo traballo e esforzo dos de Verdillo con porteria a cero e un punto que sabe a pouco, pero segunda xornada sen perder consecutiva.

Castriz - Bastavales (0-0)

  • Castriz: Coke, Rodo, Fabián, Elvis, Marcos Mouro, Josiño, Anxo, Brais, Gesto, Borja Gándara, Iván Pastoriza. Tamébn: Samu e Brais.

Xogouse pouco no San Pedro, cun cadro local con moitas baixas, e un cadro visitante que formulou un partido de ritmo baixo e moitas interrupcións. O equipo de Miguel Chouza dominou, circulando moito e ben, pero sen profundidade, tendo aínda así dous mans a mans en cada parte. Na primeira foron de Rodo e Pastoriza pero en ambas ocasións salvou o meta local.

Na segunda, co paso dos minutos comezaron as présas, e o equipo non circulaba con tanta paciencia. Aínda así, con xogo máis directo, tamén tiveron un par de mans a mans de Josiño e Borja Gándara, pero poderían terse xogado outros 90 minutos que seguramente o balón non tería entrado.

Bertamiráns - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Rubén, Lobelos, Juan, Jano, Maikel Mouzo, Guille, Bruno e Isaac. Tamén: Mario, Adrián Makaay, Pablo Velay, Jose, Ángel, Miguel.
  • Goles: 1-0, m.32: Adrián Castro tras un saque de banda á área; 2-0, m.87: Adrián Márquez nun córner.

Bertamirans-Fisterra

Non saía moi mal no partido o Fisterra ante un Berta que viña de gañar 3 partidos seguidos. Tiña algo máis o balón o equipo local pero só avisou nun par de perdas de balón dos fisterráns. Co paso dos minutos tivo algún estiramento o equipo de Lobelos, sobre todo con varias arrancadas de Bruno, pero sen claridade. Á media hora, un saque de banda longo e tras varios rexeites, os locais, máis intensos nesas accións, aproveitaban para meterse por diante.
Antes do descanso estirouse o equipo fisterrán cun par de chegadas de Isaac e outra Aarón Lobelos. Con todo, tamén os locais teñen un balón que peta no longueiro e bota, pero o liña non dá gol ante as protestas locais.

Saía ben na segunda o Fisterra, e vaise rompendo o partido, como lle gusta ao Fisterra, cun xogo máis directo e de campo a campo. Mentres os locais facían dano a balón parado, os fisterráns tiveron un par de chegadas por Guille, Isaac… O equipo fisterrán metía xente arriba, e nun córner chegaba o segundo. Aínda tiveron Makaay e compañía un par de ocasións pero sen sorte.

A semana que vén, fermoso derbi ante o Dumbría.

Makaay no Bertamirans Fisterra

Dumbría - Vea (6-1)

  • Dumbría: Isma, Kanario, Mataso, Breixo, Dani Chao, Brais, Marcote, Toni, Lucas, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Anxo, Juanjo, Breixo Castro, Antón, Adrián Periscal, Baba.
  • Goles: 1-0, m.5: Diego Estevez de penalti; 2-0, m.20: Diego Estévez; 2-1, m.23: Troitiño; 3-1, m.45: Diego Estévez; 4-1, m.54: Marcote; 5-1, m.65: Breixo; 6-1 m.87: Mataso.

11 do CF Dumbria

Partido solventado polo Dumbría ante un equipo da zona baixa, que se encarrilaba moi cedo, con dous goles de Diego, que culminou cun triplete.

Un Diego Estévez que se sitúa agora pichichi da categhoría con 27 goles, 2 por diante do tamén fisterrán Isaac Fábregas. Riki (San Lorenzo) e Borja Gándara (Castriz) está na 6ª posición con 15 tantos.Máis info

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Comentarios