sábado. 15.03.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Só o Fisterra salva unha xornada regular

Buno o coa SD Fisterra en Ara Solis
Buno foi o protagonista da xornada
1ª FUTGAL: Só o Fisterra salva unha xornada regular

Tres empates, dúas derrotas e unha derrota foi o balance dos nosos equipos nesta xornada 23 da 1ª FUTGAL. Só o Fisterra sumou 3 puntos ante todo un 6º clasificado, o que demostra que a 5ª posición dos de Diego Lobelos, cun equipo “fisterrán senporsen”, non é casual.

Polo demais, dolorosa derrota do Muxía ante o líder Club do Mar, despois de ir gañando moitos minutos e recibir un gol en propia meta no desconto. Tamén lle remontaron ao Castriz, un partido que tiña gañado ao descanso. A Esteirana non caía ante un rival directo da zona baixa, mentres o Dumbría non era quen de gañar a otro equipo que loita por evitar o descenso e queda xa a 8 do líder, cando hai 3 xornadas apenas estaba a 2 puntos.

Fisterra - Calo (3-1)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Piti, Rubén, Lobelos, Jano, Gabi, Juan, Maikel Mouzo, Bruno. Tamén: Mario, Romero, Dani, Ángel e Miguel.
  • Goles: 1-0, m.1: Bruno; 1-1, m.36: Jonathan; 2-1, m.42: Bruno; 3-1, m.95: Bruno.

Colombia coa SD Fisterra en Ara Solis

Faltaba Isaac, pola expulsión da semana paada, (ademais dos Makaay, Luisete ou Dani), e apareceu Bruno. O equipo de Diego Lobelos venceu a un equipo que na primeira volta fora moi superior. Xa dende o principio os fisterráns saíron moi ben, e nada máis comezar un balón longo de Gabi era aproveitado por Bruno que na carreira definiu cruzado para abrir o marcador. O Fisterra estaba cómodo en contra de vento, pero pouco a pouco os visitantes comezaron a entrar, e facer dano por medio sobre todo de Adrián, que compite con Isaac e Diego Estévez polo pichichi. E nunha desas Adrián deixa a Jonathan que empata.
Aínda antes do descanso, Lobelos avisaba cun par de chegadas boas, pero era Bruno o que aproveitaba un balón morto para colocar por diante aos seus.

Na segunda, os locais estiveron moi seguros atrás, e mesmo tendo algunha ocasión por medio de Lobelos, Maikel, Piti… Alongouse o partido, e co Calo envorcado, unha falta sobre Juan provocaba unha tangana, que acaba con 4 xogadores visitantes expulsados.

Vizoño - Castriz (2-2)

  • Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Brais, Marcos Mouro, Gesto, Josiño, Adrián García, Borja Gándara, Pastoriza, e Noli. Tamén: Samuel, Miller, Erre, Rodo.
  • Goles: 0-1, m.5: Borja Gándara de falta; 0-2, m.45+2: Borja Gándara; 1-2, m.70: Diatta; 2-2, m.74: Diatta.

Partido marcado polo vento, que comezaba de cara para os de Miguel Chouza, o que lles permitiu poñerse moi pronto por diante cunha falta de Borja Gándara e ter moitas ocasións. De feito, os xalleiros puideron sentenciar antes do descanso, pero fallaron un penali por medio de Adrián, un man a man de Josiño, ou un tiro de Iván Pastoriza que sacaron baixo paus os defensas. Só ao fío do descanso, e tras un saque de banda, Borja facía o segundo.

Malia que na segunda comezaban dominando, aínda que ao trantran, e tendo un man a man de Noli, no ecuador o cadro local metíase no partido cun gol de Diatta, case que nunha xogada illada. E de contado chegou o empate nun erro defensivo dos de Chouza. Afectou o golpe, pero así e todo acabaron dominando os xalleiros e tendo algunha ocasión para levar un partido que debría ter tido sentenciado na primeira.

Muxía - Club do Mar (2-3)

  • Muxía: Adrián, Mateo, Anxo, Congui, Carlos Costa, Víctor Alcaina, Julián, Iago Muíño, Mauro Romaní, Fran Moreira e Rober. Tamén: Alex, Fabián, Darío, Kevin e Manu Martínez.
  • Goles: 1-0, m.12: Róber; 1-1, m.43: Iriso; 2-1, m.47: Mauro; 2-2, m.73: Tiasgo; 2-3, m.85: en propia.

Competiu cara a cara o Muxía ante o poderoso líder, e mesmo se adiantou en días ocasións, sufrindo unha crúa derrota cunha dura derrota no treito final. Foi un choque condicionado polo vento ao que os de Sergio Pataca saían moi enchufados, tendo varias chegadas marcando pronto cun tanto de Róber. Non sufriron na primeira os muxiáns ata que preto do descanso nun córner empatan os caioneses.

Mesmo guión na segunda, cos muxiáns enchufados e meténdose de novo por diante, con gol de Mauro. Pero pouco a pouco o líder ía inclinando o campo, gracias a un fondo de armario envexable. Conseguen empatar a 15 do dinal, e preto do final, un gol en propia daba a vitoria, sen tempo de reacción, aos visitantes, deixando así e todo un gran sentimento de satisfacción na parroquia dos Corviños.

Bastavales - Esteirana (1-1)

  • Esteirana: MJ, Code, Tobío, Godo, Kevin, Pachi, Pablo Rama, Antón, Oli, Adán e Elías. Tamén: Luaces, Alex Rama, Bieito, Sergio e Rober Pladur.
  • Goles: 1-0, m.83: Julián Nieto de cabeza; 1-1, m.95: Bieito de chilena.

Partido complicado en Brión, nun campo pequeno e cun céspede algo irregular. Así e todo, os de Iván Gonzaléz comezaron moi ben, tendo ocasións como unha internada de Oli que botou por arriba diante do porteiro, ou unha de Antón cruzou que parou o porteiro cos pés. Os locais tamén algo inquedaban a MJ con balóns longos, pero o marcador non se movería.

Mesmo guión na segunda, chegando moi ben por banda os blaugranas. Marraron un par de ocasións, e pediron un penalti claro por un agarrón sobre Elías. Pero na área contraria, despois dunha ocasión clara que salvou MJ cunha man, a 10 do final, marcaban os locais.

Un xerro de auga fría pola cantidade de ocasións feitas, pero o equipo non se veu abaixo, seguíu empurrando tendo unha ocasión de Antón que mandaba arriba, e xa no desconto aparecía o xuvenil Bieito que se sacaba unha chilena fantástica para facer o empate.

Con todo, a mellor nova, a volta de Alex Rama aos campos. O capi blaugrana levaba 3 meses no dique seco.

Agolada - Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Dani Chao, Antón, Baba, Toni, Lucas Toba, Alex Marcote, Xabi Castro, Juanjo e Diego Estévez. Tamén: Isma, Kanario, Breixo, Quique, Adrián Periscal.
  • Goles: 0-1, m.16: Diego Estévez; 1-1, m.30: Víctor Vilariño.

Punto que sabe a pouco en Dumbría ante un rival que loita por evitar o descenso.

Boimorto - San Lorenzo (5-1)

11 do SD San Lorenzo en Boimorto

  • San Lorenzo: Javi Douto, Isma Pena, Alberto Campos, Pablo Garrido, Rodri, Baldo, Alex Vázquez, Alex Costa, Ragusa, Iago e Arantón. Tamén: Mario, Hugo Rey, Pablo Rod., Hugo Canedo, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.1: Iván Calvo; 2-0, m.31: Diego Quintas; 2-1, m.38: Eloy Arantón nun córner; 3-1, m.60: Villaravid; 4-1, m.76: Brais Rendo; 5-1, m.85: Borja Casal.

Entraba fóra do partido o cadro carballés e xa encaixaba no primeiro minuto. Pouco a pouco foron entrando no partido, pero á media hora os locais ampliabana a renda. Non se rendían os de Iván Rojo, que recurtaban nun córner ante do descanso, tendo aí os mellores minutos, pisando área rival e puidendo ter conseguido o empate.

Comezaba ben tamén a segunda o cadro carballés, pero ao cuarto de hora os locais si que acertaban. Na seguinte xogada Rubén mandaba un balón á madeira, aínda tendo varias ocasións para volverse meter no partido, pero non entrou, e xa co equipo envorcado o Boimorto sentenciou á contra.

Máis info

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Comentarios