1ª FUTGAL: O San Lorenzo agárrase á categoría

Quedan 9 xornadas e trala vitoria de onte no derbi ante a Esteirana, a familia do San Lorenzo aínda cre na milagre. 10 puntos separan aos de Iván Rojo da salvación e “mentres dean os números” o e equipo non perde a fe.
Emocionante foi o outro derbi da xornada disputado en Ara Solis entre Fisterra e Castriz, dous equipos que están facendo un temporadón e que fican na 5ª e 7ª praza. Non tivo tanto acerto do Muxía, que se deixou 3 puntos ante un serio Calo.
Por arriba, o Dumbría superou ao Vizoño con solvencia, e se mantén firme na 3ª prza nunha xornada na que o 4º, o Boimorto, rompeu a imbatibilidade do Club do Mar, que por primeira vez no que vai de temporada ten que compartir o liderato co Carral.
San Lorenzo - Esteirana (4-2)
- San Lorenzo: Mario, Alberto Campos, Pablo Garrido, Alex Costa, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Baldo, Iago, Alex Taibo, Eloy Arantón e Riki. Tamén: Javi Souto, Hugo Rey, Pablo Rod., Javi, Ragusa, Isma e Rodri.
- Esteirana: MJ, Kevin, Code, Adrián, Godo, Antón, Pachi, Alex Rama, Pablo Rama, Elías, e Rober Pladur. Tamén: Damián, Bieito, Luaces e Oli.
- Goles: 0-1, m.1: Rober Pladur; 1-1, m.14: Riki no man a man; 2-1, m.30: Riki nun córner; 3-1, m.45+1: Eloy Arantón noutro córner; 3-2, m.65: Alex Rama marca un golazo; 4-2, m.68: Riki.

Non se adaptaron os esteiráns ao campo de Verdillo pero así e todo se colocaban por diante nada máis comezar. Sentoulle mellor, en todo caso, ese gol ao San Lorenzo, que comezaba a meter intensidade e gañar todos os duelos, nunha primeira metade na que lle deu a volta ao marcador, colocando mesmo o 3-1 no desconto do primeiro tempo tras dous erros de marca en sendos córners os visitantes.
Comezaba a segunda metade cunha Esteirana máis enriba, protestando unha posible expulsión por unha entrada por detrás cando Elías quedaba só diante do porteiro, e pouco despois recurtando.
Pero coa Esteriana envorcada, de novo Riki, o home da tarde, completaba o seu triplete tras un bo pase de Taibo. Non decaiu o equipo de Iván González que o intentou ata o final tendo ocasións por medio de Pablo, Elías, Rober… pero entre o acerto de Mario e a defensa non conseguiría recurtar.

Fisterra - Castriz (3-3)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Piti, Maikel Mouzo, Jano, Gabri, Juan, Isaac e Bruno. Tamén: Mario, Rubén, Adrián Makaay, Guille, Jose, Ángel e Miguel.
- Castriz: Coke, Rodo, Samu, Anxo, Brais, Gesto, Adrián García, Iván Pastoriza, Josiño, Borja Gándara e Noli. Tamén: Fabián e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, m.10: Isaac Fábregas; 1-1, m.15: Borja Gándara un golazo pola escuadra; 2-1, m.46: Jano remata unha falta lateral botado por Colombia; 3-1, m.69: Bruno tras unha fermosa xogada individual; 3-2, m.74: Noli de vaselina; 3-3, m.80: Josiño tras unha indecisión entre o central e porteiro.
Fermoso partido con máis goles e intensidade que fútbol por mor do vento. A primeira metade xogábase en campo xalleiro co Fisterra enviando balóns directos co vento a favor. Isaac aproveitaba un mal despexe para abrir o marcador, pero de contado Borja Gándara facía un golazo espectacular. Aparecían os porteiros antes do descanso para deixar o empate no marcador.
Nada máis saír Jano fai o segundo, deixando os mellores minutos dos locais, que facían o terceiro cun golazo de Bruno. Puido aí pechar o partido o cadro de Lobelos, pero co paso dos minutos foi aparecendo o Castriz. Noli recurtaba de vaselina e pouco despois Josiño aproveitaba un erro entre defensa e porteiro para empatar o choque.
Quedaba o mellor. 10 minutos co partido completamente roto, cos dous equipos con máis atacantes que defensas, e con ocasións nas dúas áreas. Isaac e Guille tiveron a mellores contras dos locais e Noli e Iván Pastoriza para os visitantes, pero finalmente o partido rematou en xusto empate.
Muxía - Calo (0-3)
- Muxía: Xabi, Mateo, Anxo, Carlos Costa, Iago, Julián, Mauro Romaní, Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Rober, Fran Moreira. Tamén: Ángel, Alex, Congui, Fabián, Darío, Kevin e Manu Martínez.
- Goles: 0-1, m.11: Brais Bures; 0-2, m.70: Adrián García; 0-3, m.80: Cristian Vieites.
Non superou o cadro muxián a lesión no quecemento do porteiro Adrián (que pinta mal o xeonllo…). Os muxiáns estiveron espesos co balón, e pronto recibían o primeiro tanto. Tiveron aí ata o descanso 3-4 boas ocasións para remontar, pero non estaban acertados os de Pataca onte.
Na segunda non conseguían crearlle ocasións a un Calo moi ben armado atrás, e que aproveitou os erros para en sentenciar en dúas contras rápidas.
Vizoño - Dumbría (0-3)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Brais, Dani Chao, Breixo, Antón, Lucas Toba, Toni, Marcote, Juanjo e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mataso, Xabi Castro, Goyes, Adrián Periscal e Baba.
- Goles: 0-1, m.34: Juanjo; 0-2, m.47: Estévez; 0-3, m.67: Estévez.
Partido ben resolto polos de Pablo Conde, un dos partidos máis cómodos dos últimos meses. Os de Pablo Conde dominaban sen demasiado perigo, e co paso dos minutos foron chegando un pouco máis, abrindo Juanjo o marcador. Pronto marcou Diego nada máis sacar de centro na segunda metade e o partido xa foi máis doado do esperado.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.24: Tres vitorias, un empate e unha crúa derrota para os equipos costeiros.
- X.23: Só o Fisterra salva unha xornada regular.
- x.22: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois.
- X.21: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.20: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.