1ª FUTGAL: O Castriz salva a categoría e o Camariñas e o Fisterra acompañan á Esteirana na volta á Liga da Costa

SD Castriz salvou a categoria

Todo sentenciado quedou nesta penúltima xornada da 1ª FUTGAL. O Castriz selaba a súa permanencia vencendo ao Praíña en San Pedro. Pero o Camariñas non sacaba adiante a finalísima en Brión, perdía ante o Bastavales a pesar de dalo todo, e confirmaba o seu descenso. Tampouco saía do pozo o Fisterra, que sumaba a súa 5ª derrota seguida, e ambos acompañarán á Esteirana no regreso á 2ª FUTGAL.

Bastavales - Camariñas (3-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, David, Pablo Suárez, Moriño, Javi. Joseba, Soule, Mario e Djibril. Tamén: Pablo Novo, Brais, Adam, Oliver.
  • Goles: 1-0, m.1: Julián Nieto; 1-1, m.35: Djibril a pase de Pablo; 2-1, m.38: en propia; 3-1, m.60: Chenel; 3-2, m.85: Djibril de penalti.

Marcha valente o Camariñas. Onte volveu demostrar que é un equipo aguerrido pero que nesta segunda volta non tivo ningunha sorte. Chegou a colocarse na 4ª posición o cadro de Juan Cabrejo tras gañar 6 dos primeiros 12 partidos. Pero dende aí, en 21 xornada, só sumou 2 vitorias.

Onte se puxo todo costa arriba demasiado pronto, cun erro nada máis comezar. O equipo respondeu, apretou e conseguir empatar, pero apenas 3 minutos despois, un balón sen perigo ningún acabana nun gol en propia meta. Moi duro para ir ao descanso por debaixo do marcador.

Noutro erro de marcaxe os locais amplíaban vantaxe por medio do eterno Chenel, pero así e todo os camariñáns non se renden, envorcan o campo, apretan, pero non conseguen recurtar ata o m.85. Quedaba pouco, e o doble cartón (protestado polos encaixeiros) sobre Brais mermaba o empuxe dun Camariñas ao que o empate lle valía só para alongar unha semana máis as posibilidades.

Castriz - Praíña (2-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Brais, Anxo, Saúl, Marcos Mouro, Adrián García, Alemán, Luís, Charly, Juanjo. Tamén: Iker, Samu Castro, Marcos García, Oscar Feal, Fabio Barbeira, Fabio Blanco, Rodo.
  • Goles: 1-0, m.18: Juanjo tras roubo e pase de Charly; 1-1, m.26: Borja Rey; 2-1, m.83: Fabio Blanco.

Saíron moi serio os de Barca, que foron arriba aproveitando o vento a favor. Asi roubaban preto da área e creaba perigo como no primeiro gol de Juanjo tras unha boa xogada dun Charly que facía moito dano por banda dereita. O equipo estivo moi ben na primeira, tendo varias ocasións como un gol anulado a Fabián por un fóra de xogo moi xusto. Si que conseguía empatar o Praíña nunha das poucas chegadas do rival no primeiro tempo, nunha xogada con varios rebotes. Acababa en empate pero con boas sensacións.

Na segunda, os visitantes tiraban algo en longo, pero a entrada de Fabio dou outro aire ao equipo coa súa velocidade por banda esquerda, tendo moitas ocasións asociándose moi ben co capitán, un Adrián García que está volvendo a ser o xogador que levou hai dous anos un dos premios ao mellor medio do curso. Del foi, de feito, o pase filtrado para que Fabio Blanco marcase o tanto dunha xusta vitoria, tras varas ocasións (un remate de Juanjo que para o porteiro, un tiro do propio Adrián ou un remate de Luís a centro de Fabiño), para selar a permanencia do cadro xalleiro.

Raci. San Lorenzo - Muxía (0-3)

  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Anxo, Javi, Carlos Costa, Iago, Adrián Alcaina, Julián, Víctor Alcaina e Fran Moreira. Tamén: Brais, Michael, Alex, Manu Martínez, Manu Nogueira, Fabián e Carlos.
  • Goles: 0-1, m.15: Fran Moreira; 0-2, m.25: Fran Moreira; 0-3, m.78: Fran Moreira.

Partido bonito nun bonito escenario como é o campo de Santa Isabel, ao que saían os 2 equipos intentando xogar, xerando ocasións en ambas porterías. Pero os muxiáns estiveron máis acertados e conseguían meter vantaxe ao descanso. Na segunda, os de Pataca pecharon algo mellor as liñas e non deixaron xerar nada ao rival, pechando o encontro.

O partido deixa, a falta dunha xornada, a Fran Moreira como máximo goleador da categoría (suma 22 goles, 2 por diante de Tiago Mendes (Club do Mar) e 3 sobre Brais Preira (Arzúa)), e como virtual gañador do Balón de Buño ao Pichichi da 1ª e Pref. na XI Gala do Fútbol da Costa - QPC (da que pronto daremos novidades), unha vez que o dumbriés Estévez, que onte lle daba media salvación ao Dumbría, leva 16. Aos seus 25 anos, o dianteiro de Arou está no seu mellor momento.

Fran Moreira no choque ante o Club do Mar-Foto-Marina Busto

Bertamiráns - Fisterra (6-0)

  • Fisterra: Joselu, Mateo, Lois, Piti, Noé, Dani, Rui, Luisete, Quintela, Eze, Isaac Fábregas. Tamén: Alberto.
  • Goles: 1-0, m.10: Roi; 2-0, m.17: Adrián Arnejo; 3-0, m.23: Adrián Arnejo; 4-0, m.54: Adrián Castro; 5-0, m.56: Adrián Castro; 6-0, m.74: Anxo de penalti.

Con 12, e un xuvenil, presentábase o equipo fisterrán en Bertamiráns, o que dá conta da esperanza que tiñan na última bala. O equipo de Fran Pequeño xa perdía por 3-0 no ecuador do primeiro tempo.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info