1ª FUTGAL: O Dumbría escala a costa do Muxía e coa axuda do Fisterra
Escala unha posición e xa se coloca 2º na táboa o Dumbría tras sumar en Arliña a súa 6ª vitoria consecutiva, tras aproveitar a derrota do Carral en Ara Solis, nun partido marcado polo golpe que levou a colexiada, que provocou un parón de media hora.
Non puido o Castriz roubarlle algo ao Club do Mar, que segue sacando 5 puntos a un cadro dumbriés, que xa ten 8 puntos de marxe, a falta de 5 partidos, para asegurar a promoción.
Polo demais, vitoria importante que lle deixa respirar á Esteirana, máis ademais trala vitoria do San Lorenzo ao Bertamiráns, o equipo que marca a salvación, tras un partido agónico que remataban con 9 sobre o campo. Os carballeses seguen intentando aferrarse á épica, e están a 7 puntos agora do cadro amarelo.
A boa campaña dos nosos equipos visualízase ben na loita polo pichichi, co Estévez sumando 30 goles e Isaac 25. Borja Gándara e Riki aparecen tamén no TOP8 con 17 e 16 tantos respectivamente.
Club do Mar - Castriz (1-0)
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samuel Castro, Rodo, Anxo, Adrian García, Brais, Borja Gándara, Iván Pastoriza e Noli. Tamén: Gesto, Alberto Mata, Brais Canosa.
- Gol: 1-0, m.14: Alberto Díaz.
Comezaba mal o partido o Castriz, e tardou en adaptarse á mobilidade do líder. Tiveron varias chegadas nos primeiros 10 minutos e acabaron regalando un gol os xalleiros. Pero ese fol veulle ben ao cadro de Miguel Chouza, que acabou dominando ata o descanso, cun gran nivel, gran xogo, gran intensidade, roubando arriba e creando boas ocasións, mesmo pedindo un penalti a Pastoriza que o colexiado sinalou fóra da área. Ata que nunha protesta miúda, o colexiado sacou a sgeunda tarxeta a Brais deixando aos xalleiros con 10 con 50 minutos por diante.
Saía na segunda esperando atrás o Castriz, para buscar á contra, e aguantaron moi ben durante 35 minutos, ata que no treito final rompíase o partido, puidendo ter pasado de todo, pois se os xalleiros tiveron algunha chegada, tamén Coke tivo que facer varias intervencións de mérito para manter o equipo con vida ata o pitido final.
San Lorenzo - Bertamiráns (2-1)
- San Lorenzo: Javi Souto, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi, Alex Costa, Álex Pérez, Hugo Pereiro, Iago Torres, Alex Taibo, Baldo Riki. Tamén: Mario, Raúl, Pablo Rod., Eloy Arantón, Hugo Canedo, Ragusa e Isma Pena.
- Goles: 1-0, m.26: Hugo Pereiro; 2-0, m.72: Riki; 2-1, m.77: David.
Partido de alta tensión, intensidade e disputa con moito en xogo, nada menos que o descenso. Na primeira parte, o SanLo foi mellor que o rival e chegou con máis perigo á portería contraria. Adiantábanse os locais no ecuador do primeiro tempo nunha xogada ensaiada que remataba Pere.
Na segunda parte estivo Iago a piques de facer o segundo pero o man a man foise alto. Pouco despois o San Lorenzo quedaba con 10 tras a expulsión de Taibo, o que facía que o Bertamiráns tivera máis chegadas pero nunha contra Riki facía o 2-0. Pouco despois o Bertamiráns recortaba distancias e o SanLo quedaba con 9 por expulsión de Eloy. Os últimos 10 minutos foron de sofremento e resistencia dos de Verdillo para finalmente quedarse cos 3 puntos, e seguir soñando coa salvación.
Muxía - Dumbría (2-3)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Anxo, Congui, Mauro, Kevin, Carlos Costa, Iago, Víctor Alcaina, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Adrián, Alex, Fabián, Darío, Isma, Javi Vilela, Manu Martínez.
- Dumbría: Anxo, Kanario, Samuel Quintáns, Mataso, Breixo, Dani Chao, Alex Marcote, Toni, Lucas Toba, Diego Estévez e Xabi Castro. Tamén: Isma, Juanjo, Breixo Castro, Iago, Pablo Costa e Baba.
- Goles: 0-1, m.37: en propia; 1-1, m.57: Fran Moreira; 1-2, m.60: Estévez; 2-2, m.75: Mauro Romaní marca un golazo; 2-2, 2-3, m.78: Dani Chao fai outro golazo.
Partido trepidante na Arliña, de ti a ti entre dous grandes equipos. O Muxía saia con gran intensidade e unha presió alta que propiciou que os dumbrieses tiveran moitos atrancos nun dos seus peores partidos con balón. Comezaron apretando os locais pero co paso dos minutos os visitantes ían igualando a contenda, e chegando á meta de Iván Bouzón, como un tiro de Estévez e un man a man de Xabi que salvaba o meta local. Adiantábanse os de Pablo Conde nunha xogada desafortunada dos locais, se ben antes do descanso Fran Moreira tivo o empate nun man a man.
Na segunda, os de Pataca seguirían aprentando e Mauro asina o empate. Eran momentos de chegadas e noutra os visitantes póñense de novo por diante. A entrada de Baba permitíalle aos de Pablo Conde controlar algo máis o medio campo, pero precisamente unha perda súa permite a Mauro facer un golazo para empatar de novo.
Pero aí os muxiáns regalaron o partido nunha mala saída de balón, que aproveitaba Dani Chao para facer outro golazo e darlle tres puntos fundamentais aos seus para afianzalos para a fase.
Fisterra - Carral (3-2)
- Fisterra: Joselu,, Aarón, Gabri, Piti, Maikel Mouzo, Rubén, Jano, Guille, Juan, Bruno e Isaac. Tamén: Isma, Adrián Makaay, Martín, Jose, Dani, Angel, e Miguel.
- Goles: 0-1, m.10: 1-1, m.25: Bruno tras asociarse con Maikel; 2-1, m.45: Isaac tras un saque de banda longo; 3-1, m.47: Aarón Lobelos de cabeza tras un centro de Bruno; 3-2, m.75.
Partidazo dos de Diego Lobelos ante o 3º da categoría. E iso que comezaban encaixando moi pronto, nunha xogada que pediron fóra de xogo do rival. Pero a partir de aí foron a por eles, facendo moito dano en cada xogada a balón parado. Os visitantes non querían o balón e era o cadro de Diego Lobelos, comandados por un imperial Rubén no medio campo, toma o mando. Tamén cómpre destacar nas filas locais a labor de Juan, un xuvenil que lle tocou bailar con Jonathan Fila, ao que secou.
Os fisterráns dominaban pero non se arriscaban, ata que ao fío do descanso rompe o partido cunha xogada de saque de banda longo e unha xogada pr banda de Bruno que remataba Aarón Lobelos. Dábase xustiza ao visto no terreo de xogo.
Na segunda comezaron apretando os visitantes, tendo que aparecer en varias ocasións Joselu, pero sen sufrir demasiado. Ata que xa no treito final, Isaac ten un man a man para sentenciar, pero se lle escapa o regate, e na seguinte xogada, nun córner a favor dos fisterráns, un tiro dun xogador local impacta na cara da colexiada Mayra Araujo, que cae desplomada. Ten que baixar unha sanitaria que estaba na bancada, afeccionada do Carral, tanto a fisio local e o visitante, atendérona, pero estivo un bo anaco desorientada, e marchou en ambulancia para o Hospital de Cee. A liña Natalia Pereyra ponse de árbitra principal, tendo que meterse de curto Luís Insua, que estaba vendo o partido, como asistente.
Tras media hora de parón, os visitantes métense de novo no partido, con aínda 12 minutos máis o desconto por diante. Tocaba sufrir, pero aínda así, os fisterráns souberon ler o partido, coller o balón, e acabar o partido sen sufrir demasiado.
Viñan de 1 puntos nos últimos 4 partidos, e os fisterráns tiran de Ara Solis para vencer a todo un 2º clasificado. No abano de boas novas foi tamén o debut de Martín Canosa, xuvenil que estivo este curso por Dumbría e que pode aportar moito a este Fisterra cheo de xente da casa.
Esteirana - Vista Alegre (5-1)
- Esteirana: Víctor Leis, Simón, Code, Godo, Tobío, Adrián, Pablo Rama, Alex Rama, Elías, Oli e Rober Pladur. Tamén: Damián, Jose, Piki, Pachi, Antó e Adán.
- Goles: 1-0, m.24: Elías; 2-0, m.26: Róber Pladur; 3-0, m.37: Elías; 4-0, m.42: Elías; 4-1, m.57: Carlo; 5-1, m.65: Róber Pladur.
Gran primeira metade dos de Iván González, nun partido no que saíron conscientes do que se xogaban, pois non podían perder ante o pechacancelas. Comezaban levando a iniciativa, coma sempre, os blaugranas, pero tardaron en impoñerse a pesar de ver que os visitantes chegaban con apenas 12 xogadores. Pero pouco a pouco dábanlle rendas ao balón, e comezaron a entrar por banda, marcando pronto Elías e Róber, abrindo o camiño para a vitoria, e permitindo que fose un partido cómodo. Con algunha que outra precipitación, pero con solvencia, deixaron o choque sentenciado antes do descanso.
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
Máis info
- X.28: O Castriz afunde o soño do San Lorenzo.
- x.27: O San Lorenzo segue soñando.
- X.26: O Dumbría segue firme.
- X.25: O San Lorenzo agárrase á categoría.
- X.24: Tres vitorias, un empate e unha crúa derrota para os equipos costeiros.
- X.23: Só o Fisterra salva unha xornada regular.
- x.22: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois.
- X.21: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.20: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.