1ª FUTGAL: Dumbría e Esteirana suman na xornada dos dous derbis

Imaxe do Dumbría-San Lorenzo no Conco-Fotos-Luís González

Doble derbi esta xornada 30 na 1ª FUTGAL. Por un lado, no Conco, o Dumbría gañaba apretadamente a un bo San Lorenzo, ao que non lle chegan xa as xornadas para asomarse á permanencia. Os de Iván Rojo, apesar do acelerón do último mes, están a 9 puntos da salvación a falta de 9 xornadas. Pola súa parte, o Dumbría afianza o seu posto de promoción e achégase a 2 puntos do liderato despois da derrota do Club do Mar en Bertamiráns.

No outro derbi, a Esteirana, que suma 3 vitorias seguidas, vencía en San Pedro e pode xa respirar bastante máis tranquilo, pois a pesar de estar a só 7 puntos do descenso, ten 4 equipos polo medio.

Pola sá parte, Fisterra e Muxía, sen nada en xogo neste treito final (ollo co Muxía que está a 8 do descenso), perderon os seus convites.

Mentres, a loita polo pichichi continúa vivísima, cos dous tantos de Isaac Fábregas que suma 28, a só dous de Diego Estévez.

Agolada - Fisterra (3-2)

  • Goles: 1-0, m.17: Víctor Vilariño; 1-1, m.20: Isaac Fábregas; 2-1, m.21: Daniel Gavieiro; 2-2, m.23: Isaac Fábregas; 3-2, m.72: Dieye.

Partido estrano no Hospitalillo, que se rompía aos 20 minutos con 4 goles. Os locais se adiantaban en dúas ocasións pero o cadro de Diego Lobelos respondía de maneira inmediata cos tantos de Isaac.

Calmábase o choque durante moitos minutos e non foi ata o treito final cando o Agolada sen metía por diante de novo. O Fisterra intentou empatar de novo pero non o conseguíu, notándose a necesidade que hai na táboa.

Castriz - Esteirana (0-2)

  • Goles: 0-1, m.78: Pablo Rama de penalti; 0-2, m.92: Elías.

As necesidades da Esteirana, que ademais está nun bo momento físico, víronse no campo nun choque ante un Castriz que xa non se xoga nada. Saía o cadro de Iván González decidido a xogar máis rapido habitualmente. Foi unha primeira metade igualada, con varias chegadas do Castriz ás costas da defensa e tamén un par de xogadas de Pablo, unha de Pachi, e unha de Alex Rama que sacou un defensa, do lado esteirán.

No segundo tempo parecía que os visitantes dero un puntiño máis, ten un par de chegadas por banda, e un bo remate de Adán. Os cambios aínda permitiron meter unha marcha máis aos blaugranas que se fixeron co control a base de intensidade e que conseguían o máis difícil, meterse por diante, cun penalti que transformou Pablo Rama. Tivo que salvar unha MJ neses minutos, pero tamén Elías probaba a Coke antes de facer o segundo xa no desconto.

Dumbría - San Lorenzo (3-2)

  • Goles: 1-0, m.30: Juanjo; 1-1, m.49: Riki tras unha xogada de Javi por banda; 1-2, m.73: Baldo de cabeza; 2-2, m.78: Baba; 3-2, m.93: Toni.

Partido tol ono Conco, que comezaba cun ritmo alto do Dumbría levando o peso do partido e metendo balóns ás costas da defensa, ante un Sanlo replegado defendíase como podía. Tivo dúas ocasións o cadro de Iván Rojo, nun tiro de Javi e nun balón colgado a área que a piques estivo de entrar tras tocar nun defensor. Tamén tivo algunha o Dumbría, que dominaba pero non conseguía facer moito dano ata que nunha xogada desarfotunada Mario erra no despexa e Juanjo pon o 1-0 no marcador.

Na segunda parte o Sanlo foi mellor que un Dumbría que se desconectaba. Os visitantes empurraban e conseguían darlle a volta ao marcador merecidamente.
Quedaban 25 minutos e os de Pablo Conde reaccionaron e con máis corazón de cabeza empataban o partido. O choque estaba roto, era un ida e volta, e cando parecía que remataría en empate, un despexe quédalle a Toni que fai unha carreira e marca o terceiro, para sumar unha vitoria se cadra non tan merecida, e afundir a un San Lorenzo ao que este ano non lle sae nada; e ademais achegarse ao liderato.

Praíña - Muxía (3-1)

  • Goles: 1-0, m.18: Manuel Soto nun córner; 2-0, m.59: Héctor nun córner; 2-1, m.78: Isma Márquez; 3-1, m.78: Alberto.

Non sacou nada positivo os de Pataca da súa visita ao Juan Amado de Pontevea. Os muxiáns estiveron incómodos en todo momento, aínda así non só sufrían a balón parado, e de feito, dous goles foron dende o curruncho. 

Recurtaron os vermellos na sgeunda, e tiveron algún achegamento máis pero non dou para achegarse no marcador.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info