Sábado. 27.07.2024
El tiempo

FSF: O Fisober volveu quedar ás portas do título e dos ascenso

O Fisober quedou as portas do titulo da Preferente
FSF: O Fisober volveu quedar ás portas do título e dos ascenso

O tropezo na casa ante o Pontevedra na antepenúltima xornada foi clave para o devir do título. O Grupo Forma-T Vilalba FS aproveitou o erro e non cedeu nas últimas xornadas e conseguiu alzarse co título despois que o Fisober dominase boa parte do campionato.

Sensación moi agria nas filas do cadro dumbriés, que por segunda tempada consecutiva quedouse a porta do título co subcampionato, desta vez a puntos iguais co campión Vilalba no que o average particular decidiu o título.

As costeiras fixeron o seu récord de puntos na categoría con 81, con tan só 3 derrotas ó igual co ano do título no 2012, pero daquela a liga foi a 26 xornadas e desta vez tivo catro máis. As lesións tampouco axudaron perdendo a Barca durante todo o 2024 e para as últimas xornadas as de Adriana e Ana, pero con todo iso o Fisober pelexou ata o último minuto do último partido o título que caeu novamente cruz.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, xornada 30

  • Resultado: FISOBER FSF – CD COMPOSALA (7-1).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Myrella, Saray, Nai.
  • Goles: 1-0 min 1 Patri, 2-0 min 15 Paula Fandiño, 3-0 min 19 Patri, (descanso), 4-0 min 21 Paula Fandiño, 5-0 min 21 Andrea, 6-0 min 29 Sharay, 7-0 min 34 Andrea, 7-1 min 35 Eva.

Partido do Fisober FSF ante o Composala no Conco

As costeiras sabían que tiñan que gañar e esperar o resultado en Vilalba. Sabedoras disto comenzaron moi ben xa que Patri facía o un a cero no primeiro minuto. O Composala curiosamente chegaba cas baixas das dúas ex do Fisober que teñen nas súas filas, Andrea Mazas e Carla Couso. Pouco duraba a ledicia xa que pouco despois chegaban novas dende Vilalba de que as locais tamén se poñían por diante. Nunha xornada de unificación de horarios polo título. Pasaban os minutos e todo continuaba igual en ambas pistas. Ata que Paula Fandiño e novamente Patri poñían o tres cero costeiro para chegar o tempo de lecer.
As novas de Vilalba non eran boas xa que as locais chegaban con dous cero ó intermedio.

A volta de vetiarios o Fisober pechaba definitivamente o partido cos goles de Paula Fandiño e Andrea nada máis entrar na pista. Todo quedaba pendente de Vilalba onde nada se movía. As visitantes arriscaban co xogo de cinco o que permitiu a porteira Sharay facer o seis cero e logo Andrea o sétimo. As visitantes facían o gol da honra por medio de Eva.

Remataba o partido en Dumbría e pouco despois co tres a cero en Vilalba, as costeiras quedaban por segundo ano consecutivo as portas do título, despois do maior puntaxe da súa historia.

Patri Romani co Fisober
Patri Romaní

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

CLASIFICACIÓN DA PREFERENTE FEMININA

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios